domingo, 17 de febrero de 2019


Presentación de Deloitte
O venres 15 de febreiro a responsable de Recursos Humanos e máis o responsable da área de Asesoramento Fiscal de Deloitte en Galicia fixeron unha presentación na Facultade dos servicios que ofrece a firma, da carreira profesional na súa empresa e o proceso de selección que van desenvolver durante estes próximos meses animando a participar no mesmo ó alumnado.





viernes, 15 de febrero de 2019

Os profesores da Facultade: Xosé A. Rodríguez, Fidel Martínez Roget e Pilar González-Murias reciben o premio "Valentín Paz Andrade"
 
 
 
O Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC (IDEGA) entregou o xoves 14 de febrero o Premio ‘Valentín Paz Andrade’ de investigación en Economía de Galicia, convocado conxuntamente polo IDEGA e o Consello Económico e Social.
Na modalidade de traballos en revistas ou editoriais, recoñeceuse o traballo de Xosé A. Rodríguez, Fidel Martínez Roget e Pilar González-Murias, co artigo ‘Length of stay: evidence from Santiago de Compostela’ publicado na revista Annals of Tourism Research. Na concesión, o xurado destacou “o carácter novidoso do traballo e a súa exhaustividade, cunha rigorosa análise estatística que permite tirar conclusións relevantes para o deseño da política turística na área de Santiago de Compostela”.
Na entrega de premios, presidida polo reitor Antonio López, participaron a presidenta do Consello Económico e Social de Galicia, Corina Porro Martínez; o presidente da Fundación Feiraco, José Montes Pérez; e o director do IDEGA, Alberto Meixide Vecino.
Con anterioridade á entrega protocolaria de premios, o profesor Edelmiro López Iglesias presentou o relatorio ‘As transformacións socioeconómicas de Galicia no último medio século: un proceso histórico á espera dun relato’.

miércoles, 6 de febrero de 2019

Acto de entrega do I Premio Internacional de Investigación en Innovación e Economía Circular

O Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolle este xoves 7 de febreiro a entrega do I Premio Internacional dInvestigación en Innovación e Economía Circular organizado polo Master en Desenvolvemento Económico e Innovación, concedido este ano a Leandro Javier Llorente González (1ºPremio) e a Edurne Suárez Lejardi (Mención especial).
O vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica, Gumersindo Feijoo Costa, presidirá o acto a partir das 10:45 horas. No acto intervirán tamén o coordinador do MásteDEIN e presidente do Xurado, Xavier Vence e o Presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.