miércoles, 27 de marzo de 2019


Xornada de Competencias Profesionais organizada polo Colexio de Economistas de A Coruña

Hoxe, mercores 27 de marzo na aula C da Facultade, o alumnado dos últimos cursos dos graos en ADE e Economía tivo a oportunidade de coñecer na Xornada de Competencias Profesionais organizada polo Colexio de Economistas de A Coruña, as diferentes carreiras profesionais que poden desenvolver ó rematar os estudos. Participaron na xornada presentada por Xoán Ramón Doldán García: Jorge Borrajo Dios, Alfonso Lopez Pena, Pedro Veiga Fernández e Miguel A. Vázquez Taín.


miércoles, 13 de marzo de 2019


Conferencia do Máster en Economía: "A economía do Blockchain e as Cryptomoedas"


Nunha semana chea de interesantes seminarios e conferencias na Facultade, o Máster en Economía organizou unha conferencia de gran actualidade "A economía do Blockchain e as Cryptomoedas", impartida por Alejandro Regojo.



Presentación do informe: "Competencias profesionais dos economistas: realidade actual e tendencias de futuro"


A profesora María Bastida presentou hoxe mércores 13 de marzo na Facultade o informe titulado "Competencias profesionais dos economistas: realidade actual e tendencias de futuro". No acto tamén participarán José Diez de Castro, Director Xeral de Universidades da Xunta de Galicia; Xoán Doldán García, Decano da Facultade de C.C. Económicas e Empresariais da USC e o profesor e presidente do Consello Galego de Economistas Miguel Vázquez Taín.



martes, 12 de marzo de 2019

Seminarios do Master en Desenvolvemento Económico e Innovación

O Master DEIN organiza hoxe martes 12 de marzo e mañá mércores dous seminarios de gran interese en materia de innovación ós que pode asistir todo o alumnado da Facultade xa que a entrada é libre.



O grupo GEM Galicia presentou o pasado luns 11 de marzo un informe sobre o emprendemento en Galicia na última década desde unha perspectiva de xénero.

O proxecto GEM, observatorio da actividade emprendedora en Galicia, presentou na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais o informe monográfico 10 anos de emprendemento en Galicia: un enfoque de xénero, no que se analiza o perfil da persoa emprendedora durante a última década. O acto contou cunha mesa redonda na que participaron o director xeral de Universidades, José Díez de Castro; a directora de Executivas de Galicia, Carla Reyes; a coordinadora de Woman Emprende, Eva López, e a coordinadora de GEM-Galicia, Isabel Neira, que remarcaron a importancia do emprendemento no tecido empresarial e animaron aos asistentes a pór en marcha novas iniciativas de negocio. 

viernes, 8 de marzo de 2019


Coloquio:
“A CARREIRA PROFESIONAL DAS EX ALUMNAS DA FACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS DA USC”

Destacadas ex alumnas da nosa Facultade participaron este xoves 7 de marzo nun coloquio sobre a súa carreira profesional que se celebrou  ás 12.30 horas na Aula B do Centro. 

No coloquio moderado pola catedrática de Historia e Institucións Económicas da USC María Xosé Rodríguez Galdo participaron como entrevistadores/as un grupo do alumnado de 3º e 4º curso dos Graos en Economía e ADE.

As participantes foron Pilar Alves Moreno, coordinadora xeral de RSC e Institucional de Afundación/Abanca; Lourdes Baliñas Antelo, responsable financeira e Control de Xestión en Denso Sistemas Térmicos España;  Elena Espinosa Mangana, adxunta á Presidencia do Grupo Rodman e que foi Ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Yolanda Pena Boquete, directora do departamento de investigación da spin-off da USC AYeconomics Research Centre e Belén Solla Medina, que recentemente comenzou a traballar no departamento financeiro de Abanca Vida y Pensiones de Seguros y Reaseguros, S.A.U. tras desempeñar diferentes cargos nas grandes firmas de auditoría.





CHARLA "ECONOMÍA E XÉNERO"

O pasado mércores 6 de marzo tivo lugar ás 12h no Salón de Grados da Facultade de CC. Económicas e Empresariais a charla: “ECONOMÍA E XÉNERO”, organizada pola asociación estudiantil ANEGA. 

A charla estivo moderada pola profesora do Departamento de Economía Aplicada, Pilar Murias Fernández, Vicedecana de Estudantes e Relacións Internacionais e nela interviñeron:

Eva Aguayo Lorenzoprofesora do Departamento de Economía Cuantitativa
Rosa María Reguiero FerreiraProfesora do Departamento de Economía Aplicada e 
Mª Xosé Rodríguez Galdo, Catedrática de Historia e Institucións Económicas.