CURSO DE VERANO FINTECH


 

Datas: 4 e 5 de xullo de 2018
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresarialles (USC)
Entidades co-organizadoras: Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC, Delegación de Galicia do Instituto Español de Analistas Financeiros (IEAF),  Fundación Abanca, e Grupo de Investigación VALFINAP do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da USC.
Dirixido a: Estudantes universitarios de calquera titulación, docentes, profesionais da industria financeira e público en xeral. Nº Máximo asistentes: 80 (aforo da sala)
Dirección: LORETO FERNANDEZ FERNANDEZ, Profesora titular do Dep. de Economía Financeira e Contabilidade; membro do G.I. VALFINAP, membro da Xunta Directiva de IEAF Galicia (loreto.fernandez@usc.es)
Secretaría: EUGENIA ESCUDEIRO PRADO (Secretaria IEAF Galicia – USC)

Programa descargable: AQUI

NOVO! INVITACIÓN Á XORNADA "La nueva regulación de los mercados financieros y su impacto en la empresa". Centro Obra Social Abanca, Plaza de Cervantes, Santiago. 12 de Julio de 2018. Se queredes asistir a esta xornada só tedes que enviar un correo a: loreto.fernandez@usc.es

NOVO! CUESTIONARIO DE OPINIÓN DO CURSO
Por favor, cubre o seguinte CUESTIONARIO antes do 20 de xullo. Moitas gracias!!

Presentación e obxectivos do curso:


Os acontecementos acaecidos no mundo financeiro na última década probablemente foron máis significativos que nos corenta anos anteriores.  Todas as crises van acompañadas dun cambio social. Un dos principais cambios que sufrimos desde a última crise económica e financeira é o da dixitalización global e a interacción derivada da proliferación do uso das redes sociais. Este desenvolvemento tecnolóxico-dixital, que afectou inicialmente ao sector das telecomunicacións, deu rapidamente o salto cara a un dos sectores económicos máis competitivos: o das finanzas. Desde o punto de vista tecnolóxico a banca sempre estivo á cabeza con potentes programas e sistemas informáticos. Agora, debe porse á altura do novo “cliente dixital”, por iso, non só está a realizar grandes investimentos en tecnoloxía, senón que iniciou un cambio de paradigma tanto da propia organización como dos empregados que a forman, entendendo os novos procesos e comunicándose cos clientes a través das canles que estes utilicen.

Na era dixital na que nos atopamos, o cliente ten maior capacidade de decisión, máis información e posibilidades de elixir. O cliente converteuse, máis que nunca, no centro da estratexia bancaria e as súas preferencias marcan a política das entidades financeiras. A innovación  é máis que necesaria nunha contorna moi competitiva, na que se uniron novos competidores (Fintech, Bigtech e Neobanks) e o incremento de clientes dixitais é exponencial. 

O futuro parece incerto por mor do desenvolvemento tecnolóxico exponencial e as novas normativas creadas polos distintos organismos públicos, españois e europeos. Do que non cabe dúbida é de que o cliente dixital converteuse nunha peza fundamental do modelo de negocio das empresas relacionadas coas finanzas.  A tecnoloxía financeira-dixital leva anos desenvolvéndose en beneficio do cliente e o movemento Fintech non fixo máis que empezar.

O curso pretende dar a coñecer e afondar nos retos aos que se está enfrontando o mundo financeiro tras a dixitalización global: a transformación á que se está enfrontando a banca tradicional, a normativa na que se amparan todos estes cambios, as novas oportunidades de negocio que xurdiron, etc. Amosaranse todas as medidas que as entidades financeiras están a levar a cabo para situarse axeitadamente e satisfacer a un novo cliente dixital, cada vez máis esixente, con capacidade de tomar decisións cualificadas e que valora a inmediatez e as cousas ben feitas.

PROGRAMA:


Mércores, 4 de Xullo:


9:00 h  Inauguración do curso. Vicente Pérez Muñuzurri, vicerreitor de Investigación e    
               Innovación, Emilia Vázquez Rozas, decana da Fac. de CC. Económicas e Empresariais, e
               Loreto Fernández, Directora do curso.

9:30 h  Sesión 1. Fintech na Economía Colaborativa
          Javier Méndez Llera, Secretario Xeral e Director Xeral de IEAF-FEF.

10:30 Sesión 2Impacto Fintech no negocio da Banca. PRESENTACION
          José Luís Cayuela Zayas, Consejero Delegado de Kaydel Partners.

11:30 Descanso

12:00 h Sesión 3. Perspectivas xerais da tecnoloxía financeira nos mercados. PRESENTACION 
          Miguel Jaureguizar, Director de Desarrollo Digital de Renta4 Banco.

13:00 h Sesión 4. A Banca no século XXI. Novos retos e respostas aos cambios 
           tecnolóxicos.  PRESENTACION
          José Luis Cayuela, Consejero Delegado de Kaydel Partners.

14:00 Descanso

16:00 h Sesión 5. Ciberseguridade na operativa financeira e a fraude. PRESENTACION

          Rubén Frieiro Barros, Socio de DELOITTE.
          Nesta sesión inclúese o visionado do filme "Desconexión"
          (2012) e posteriormente a charla e debate co ponente.
          ARTICULO "Ciberseguridad y mercados financieros" 
          (Observatorio para la reforma de los mercados financieros
           europeos, Papeles de la FEF, 57, 2017)

19:00 h Remate da xornada.

Xoves, 5 de Xullo:


9:30 h Sesión 6. Novas claves estratéxicas no sector financeiro. 
          Manuel Ferro Novoa, Gerente de Planificación y Estudios de 
          Abanca.

10:15 h Sesión 7. Os retos do proceso de innovación tecnolóxica nunha entidade 
           financeira. 
           Eduardo Aldao Castillo, Director de Innovación  de Abanca.

11:15 h Sesión 8. Os novos requisitos na arquitectura tecnolóxica. PRESENTACION
          Rebeca Cores Carreira, Directora de Arquitectura TI de Abanca.

12:00 h Descanso

12:30 h Sesión 9. A Banca móbil como principal canle de vinculación. PRESENTACION
           Francisco Javier Díaz López, Xerente de Banca Dixital de Abanca.

13:15 h Sesión 10. Requirimentos xurídicos no marco da dixitalización. 
           PRESENTACION
           Paula Iun Pampin,  Asesora Xurídica de Abanca.

14:00 h Descanso

16:00 h Mesa redonda: “O poder disruptivo das start-ups no sector Fintech”. 
            Luis Taboada, CEO e fundador de Qbitia
            David Conde, CEO e fundador de Sensei Trade e Coinscrap
            Xoan González Díaz, Microservices Architect UST Global
           
            LEE Las 'fintech' crearán 4.500 empleos en España en el próximo año, artículo de
            Expansión, 5 de julio de 2018.


19:00 h Clausura do curso e entrega de diplomas.


OUTRO MATERIAL PARA DESCARGA:


Could the Big Technology Companies of Today Be the Financial Advisers of Tomorrow? Artículo de MIT Sloan Management Review

Everythingyou need to know about what amazon is doing in financial services. CB-Insights 

Las diez tendencias 'fintech' globales. Articulo de BBVA Newsletter.

Libros recomendados por José Luis Cayuela (enlaces a Amazon):

 "Sapiens. De animales a Dioses. Breve historia de la humanidad". Yuval Noah Harari.

"Homo Deus: Breve Historia del Mañana / Homo Deus. a History of Tomorrow: Breve Historia del Mañana". Yuval Noah Harari

"Originales: Cómo los inconformistas mueven el mundo". Adam Grant.

Ciberseguridad: Un par de recomendaciones más de películas en las que se trata esta temática:

Firewall (Richard Loncraine, 2006)
El poder del dinero (Robert Luketic, 2013)



OUTRA INFORMACIÓN DE INTERÉS:


CRÉDITOS E DIPLOMA DE ASISTENCIA


A USC recoñece académicamente este curso con 1 crédito ECTS (para todas as titulacións de Grao) 

HORAS RECERTIFICACIÓN

O IEAF recoñece ata 12 horas de recertificación pola participación neste curso (6 horas por cada xornada)

IMPORTE DA MATRÍCULA:


Taxa xeral: 70 €
Taxa reducida: 40 €  (aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregados, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC)

Todas as persoas, nacionais ou estranxeiras, que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, deben subscribir o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe que terá un custe adicional de 16€.
UNHA VEZ REALIZADA A MATRÍCULA, NON SE EFECTUARÁN DEVOLUCIÓNS AGÁS NO CASO DE SUSPENSIÓN DO CURSO. 

PRAZO DE MATRÍCULA:


Do 9 de maio ao 23 de xuño. 

MATRICULACIÓN E INFORMACIÓN:


Matrícula on line: Na propia web da Universidade de verán da USC. Preme AQUI (curso nº 9)

Presencial: nos centros seguintes:

Campus de Compostela: Área de Cultura – Casa da Balconada
Rúa Nova, 6, Santiago
Teléfonos 881811018 e 881811103
Campus de Lugo: Área de Cultura - Pazo de Montenegro
Praciña da Universidade
Teléfono 98221513



ORGANIZA:




COLABORA:





No hay comentarios:

Publicar un comentario