lunes, 30 de mayo de 2011

O investigador Alfredo Macías recibiu o primeiro Premio de Economía Mundial

O investigador Alfredo Macías Vázquez, do Departamento de Historia e Institucións Económicas, recibiu o 1º Premio de Economía Mundial ‘José Luis Sampedro’ que anualmente convoca a Sociedade de Economía Mundial e que este ano chegaba á súa cuarta edición. O premio ao investigador da USC foille concedido en San Sebastián no marco da XII Reunión de Economía Mundial, pola comunicación titulada "Replanteamiento de la cooperación financiera multilateral en los países de bajos ingresos en el contexto de la crisis global". A comunicación premiada, que agora se publicará na Revista de Economía Mundial, pretende abrir unha reflexión sobre a necesidade dunha reconsideración da cooperación financeira cara aos países de baixos ingresos que promova unha nova xeración de políticas económicas. O investigador estima que esta medida permitiría estimular o desenvolvemento económico ao tempo que reducir a vulnerabilidade no contexto da actual crise internacional (Información: Xornal USC)

martes, 24 de mayo de 2011

Seminarios do Master en Desenvolvemento Económico e Innovación

O Máster DEIN organiza unha serie de seminarios a cargo de JORDI MOLAS GALLART, Profesor investigador de Ingenio, CSIC-Universidade Politécnica de Valencia. O programa dos seminarios é o seguinte:
  • Luns 23 de maio: “Evaluación ex-post de políticas y programas de I+D+i”
  • Mércores 25 maio: “La Tercera Misión de la Universidad: definiciones e indicadores”
  • Xoves 26 maio: “Innovación en las industrias de Defensa y Seguridad”
Todas as sesións terán lugar de 16:00 a 19:00 h, no Salón de Graos da Facultade

lunes, 16 de mayo de 2011

SEMINARIOS DO MÁSTER EN DESENVOLVEMENTO REXIONAL E INTEGRACIÓN ECONÓMICA

Os próximos seminarios organizados polo Master van ter lugar nas seguintes datas:
* Lunes 16 de mayo: Luis Miguel Varela, Universidade de Santiago. "Termodinámica y Economía". Na aula 4, ás 16:00 horas.
* Jueves 19 de mayo: Blanca Miedes, Universidad de Huelva. "Inteligencia Territorial para el tránsito socio-ecológico". Na aula 4, ás 16:00 horas.

miércoles, 11 de mayo de 2011

Conferencia de clausura de curso

Organizada polo Club Financiero de Santiago e o Decanato da Facultade, o pasado xoves 12 de maio celebrouse no centro unha xornada de clausura do curso académico 2010-2011. Baixo o título: “A EMPRESA FAMILIAR: OUTRA FORMA DE CREAR EMPREGO”, interviron como poñentes D. Raúl López, presidente de Monbús, y D. Juan Luis Castro Rodríguez, Consejero Delegado de Carrocería Castrosúa, dous empresarios de dilatada traxectoria profesional, que aportaron a súa visión sobre a difícil situación do sector desde a súa experiencia ao frente destas prestixiosas empresas galegas. Na mesa estiveron acompañados polo Dircetor Xeral do IGAPE, D. Joaquín Varela de Limia, o Presidente do Club Financiero de Santiago e Decano do Colexio de Economistas da Coruña, D. Roberto Pereira Costa, e a Decana da Facultade, Dna. Emilia Vázquez.

viernes, 6 de mayo de 2011

Clausura del Aula de Emprendedores

El pasado miércoles 27 de Abril, los estudiantes del Aula Emprendedores 2011 participamos en la que sería la última actividad correspondiente al cronograma.

En esta ocasión visitamos la empresa UROVESA, ubicada en el Polígono Industrial del Tambre. Esta empresa es fabricante de vehículos especializados para usos en todo terrero y es líder en su sector dentro del mercado español y además tiene presencia en 20 países de Europa, América, África y Asia. Tras una presentación de la empresa y muchos otros datos, nos llevaron a la planta de ensamblaje y a continuación presenciamos una demostración de porqué sus vehículos son “todo terreno”. Esta parte de la visita fue muy emocionante, más aún cuando tres de nuestros compañeros vivieron esta experiencia desde dentro del vehículo.
Posteriormente nos dirigimos al centro conferencias del Polígono Industrial del Tambre, donde Ana Peón, Directora de Recursos Humanos en Serviguide, nos ofreció una interesante conferencia sobre las competencias demandadas hoy en día por las empresas en los procesos de selección de personal. También nos dio una serie de pautas, que muchas veces creemos obvias, para afrontar ante una entrevista de trabajo y, en general, el proceso de búsqueda de empleo.

Finalmente, se procedió a la clausura del Aula Emprendedores 2011, con representantes de BIC Galicia, la Decana de la Facultad de Económicas y la Directora de la Cátedra Bancaja Jóvenes Emprendedores. Entre fotos y aplausos se entregaron los diplomas de participación a través de una dinámica creada por las representantes de ARQUETIPOS, María Eugenia y Carmen. Y en medio del tapeo de cierre nos tomamos las respectivas fotos de grupo dando así finalizada una de las mejores actividades realizadas por la USC gracias a Bancaja, no sin antes recordar que el camino del Emprendedor no acaba con el remate del Aula de Emprendedores, es más, el camino acaba de empezar.
Y finalizo compartiendo una frase que me gustó mucho aquel día: "El éxito no se logra con cualidades especiales. Es sobre todo trabajo, constancia, esfuerzo y superación personal". ¡Hasta siempre Emprendedores!
Erika Lucía Núñez Ocampo

martes, 3 de mayo de 2011

As relacións da empresa coa administración electrónica

O reitor da USC, Juan Casares Long, inaugurou hoxe as xornadas "As relacións da empresa coa administración electrónica", que se están a celebrar no Salón de Graos ata o xoves 5 de maio. 
O encontro, co organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), o Centro de Estudos Cooperativos da USC e a Xunta de Galicia, reúne a expertos que abordarán a Administración electrónica desde o punto de vista do acceso da cidadanía aos servizos públicos, a contratación, a facturación, a protección de datos ou a informatización das cooperativas, entre outros aspectos.
No acto de apertura participaron, ademais do reitor, a secretaria xeral de Modernización e Innovación, Tecnolóxica, Mar Pereira; o director do Centro de Estudos Cooperativos da USC, Manuel Botana; o director xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Odilo Martiñá; o presidente do CPEIG, Fernando Suárez; e a decana da Facultade anfitrioa, Emilia Vázquez Rozas.
A continuación interveu o avogado especialista en TIC Miguel Ángel Davara co relatorio ‘Acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos’. Xa pola tarde tivo lugar unha mesa redonda sobre empresa e administración electrónica na que interviron o presidente do Consello Galego de Colexios de Economistas, Roberto Pereira Costa; o presidente de Blusens, José Ramón García González; o conselleiro delegado de PLEXUS, Antonio Agrasar Cascarllar; e o presidente da FEGAMP, Carlos Fernández Castro. (Tomado do Xornal electrónico da USC)

"The Web of Life: As persoas como clave da sostenibilidade económica"

No marco dos actos de clausura da Catedra Bancaja Novos Emprendedores, vaise celebrar o xoves, 5 de amio, ás 17:00 h, no Salón de Graos do centro, unha sesión de videoforum, na cal proxectarase o documental "The Web of Life: As persoas como clave da sostenibilidade económica". A sesión está aberta a todos os/as interesados/as na temática da economía sostenible.
O autor do documental é o canadiense David Suzuki, experto en economía sostible e científico medioambentalista de renome internacional. Ten colaborado con diversas instituciones científicas e universitarias en todo o mundo, cunha traxectoria internacionalmente recoñecida, da que cabe destacar o premio otorgado pola UNESCO en 2007, pola súa labor no campo da sostenibilidade.
"The Web of Life", parte dunha perspectiva totalmente innovadora, firmemente avalada por fundamentos científicos, desde donde o doctor Suzuki móstranos a delicada ecuación entre o ser humano e os recursos do seu entorno, base de calquer actividade humana e fundamento de todo sistema económico.
Trala proxección abrirase un debate, no que exploraremos, coa axuda das aportacións dos asistentes, cuestións como:
* ¿Cal é a relación entre persoas, medioambiente e economía?
* ¿E viable reconducir o paradigma socioeconómico cara un modelo de sostenibilidade plena?
* ¿Cómo encaixamos os humáns nun ecosistema sostible? ¿podemos ser á vez consumidores, productores e nutridores do sistema?
* ¿Existe a sostenibilidade sin responsabilidade?

domingo, 1 de mayo de 2011

Avisos por email

Se queres suscribirte ao sistema de alertas do blog, introduce o teu enderezo de correo electrónico na barra que aparece ao final desta páxina e pincha "submit". Unha vez confirmada a suscripción, o sistema te chegará un email cada vez que haxa unha nova entrada no blog.

O desenvolvemento profesional na área financeira da empresa

Alejandro Amoedo Martínez, Director Económico-Financeiro do Grupo Puentes, compartiu cun concurrido auditorio a súa experiencia como responsable financeiro do grupo galego Puentes, a empresa líder no noso país na construccción de viaductos e vías do AVE.
O poñente comenzou a súa exposición facendo unha descripción das distintas funcións que asume o responsable financeiro en función do tamaño da empresa, así como da estructura do seu departamento e funcións que asumen os distintos postos de traballo. Posteriormente referiuse á como evoluciona a carreira profesional máis frecuente dentro deste departamento e respostou as diversas cuestions que foron surdindo entre os estudiantes asistentes a esta conferencia, que se enmarca no Curso de Competencias Profesionais do Economistas que se está a desenvolver os venres as 12:00 h, no Salón de Graos da nosa facultade.
A próxima cita é o venres 6 de maio, e contaremos con Francisco Botas Ratera, Director General do Banco Etchevarria, e Juan Luis Vargas Zúñiga, Director de Banca Privada e Mercados do Banco Etchevarría. A sesión está aberta a todos os interesados.