Ninguén cuestiona hoxe en dia a necesidade dun marco
axeitado para facilitar o intercambio de recursos entre os axentes económicos.
O papel do sistema financeiro é parte fundamental do sistema económico. O que
si se ten cuestionado, á luz dos acontecementos que levaron a actual crise
económica, é o actual modelo predominante e tradicional de facer banca. Tras os
numerosos -e parece que interminables- escándalos aos que asistimos neste sector empresarial, queda demostrado que o principio financeiro
do “interese propio”
segue a cumprirse na súa peor interpretación. Partindo do suposto de que nas transaccións
financeiras as persoas actúan racionalmente buscando o máximo beneficio
posible, este principio non nega a importancia das consideracións humanas
implicadas nesas operacións, nin suxire que o diñeiro sexa o máis importante na
vida das persoas. Sen embargo, calquera cuestión relacionada con aspectos non
directamente valorables economicamente parece non ter tido lugar no funcionamento da banca. É evidente que na situación actual xa non podemos recorrer ao
clásico “é o sistema o que non funciona”. Está demostrado que a maior parte da
responsabilidade da actual crise financeira ten que ver cunha falta de valores
éticos nas actuacións de individuos que deixan en entredito a dimensión moral do
seu comportamento no exercicio da súa actividade profesional.

Na reportaxe emitida pola TVG o pasado 19 de xaneiro, no que participou a profesora do departamento de Economía Financeira e Contabilidade, Loreto Fernández, afondase algo máis nesta forma de facer banca como alternativa ao modelo convencional. Así mesmo, preséntase o modelo de Triodos Bank e Fiare, e algúns proxectos financiados a través destas entidades que rixen a súa forma de facer actividade financeira por uns criterios éticos e de máxima transparencia.
Suxiro aos redactores do blogue que vixíen a redacción das publicacións, para evitar absurdos ortográficos ou o "castrapo".
ResponderEliminar