O pasado mércores tivo lugar
o acto conmemorativo do Patrón da facultade, San Vicente Ferrer,
festividade que se celebra o 5 de abril. A primeira intervención foi a de Jaime Barreiro
Gil (Chuspe) que fixo unha lembranza do profesor Ceferino Díaz Díaz, recentemente falecido. A
continuación, interviu o profesor Miguel Cancio, un dos que se xubilan no presente curso académico. De seguido, no acto se fixo entrega dos premios creados
pola Facultade: por una banda, o premio Fulget 2012
ao Hostal
dos
Reis Católicos, e
por outra banda, aos outorgados na II edición do concurso de pintura CreArte na Universidade 2013. O xurado, formado por Francisco Durán, Emilia Vázquez, Juan Monterroso, Cristina Carballedo e Xurxo Martiño, outorgaron o premio (único) a
Javier Sande Iglesias, pola súa obra
Paisaxe na néboa. Ao tempo outorgouse unha mención especial a
Yonatan Castro Cambre
polo seu Collage.
![]() |
Paixase na néboa. Premio CreArte 2013 |
![]() |
Collage. Mención especial |
Na categoría
de premios académicos, foron entregados diplomas aos seguintes estudantes:
- Premios extraordinarios de doutoramento 2009-2010: María Milagros Vivel Búa e José Lebrancón Nieto.
- Premios fin de máster 2011-2012: Fernando Corbelle Cacabelos (M. Desenvolvemento Rexional e Integración Económica); Raúl Clemente del Pozo (M. Dirección de Empresas); Flavia Sá Barreto Cruz (M. Dirección e Planificación do Turismo); Óscar Rico Pereiro (M. Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros); Daniel Gesto Suárez (M. Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas); e Susana Fernández López (M. Desenvolvemento Rexional e Innovación).
- Premios extraordinarios de licenciatura 2011-2012: Economía: Gemma Iglesias Breijo. D. Jorge Javier Lojo Santiago. ADE: Celestino Coello Espasandín e María Isabel Moscoso Ramos.
- Premios á Calidade Lingüística dos Traballos Académicos 2011-2012: Na modalidade traballos académicos: 1º premio: deserto; 2º premio: Hugo Baltasar del Valle-Inclán Cruces co traballo Economía tabú. Na modalidade traballos fin de grao: Inés Freire Lista co traballo Os efectos das privatizacións.
O acto foi
pechado polo Vicerreitor de Estudantes e Cultura, Francisco Durán, que deu
paso a Bieito Barreira,
que interpretou, para rematar, unha fermosa peza musical á guitarra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario