martes, 30 de septiembre de 2014

Xornada sobre Iniciativa Empresarial


O Xoves, 2 de outubro, ás 11:00 h, na aula B da Facultade tivemos ocasión de coñecer a inicitiava posta en marcha por un grupo de empresarios de Monforte e de fora desta localidade, para fomentar a iniciativa empresarial e axudar ao desenvolvemento económico da cidade e a súa contorna.

A Asociación Semente de Monforte naceu nos comezos do ano 2014, a raíz do premio da lotería de Reis que o 6 de Xaneiro deixou unha choiva de cartos na cidade. Varios agrazados contactaron co alcalde da localidade e outras personalidades relevantes da cidade e crearon esta Asociación para dalgún xeito facer revertir na sociedade una parte da sorte que recibiron.
Na xornada interviron o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez Díaz, e o empresario Angel Jove Gonzáles, do grupo empresarial Anjoca. Nela os poñentes presentaron o I CONCURSO DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS “SEMENTE DE MONFORTE”, e invitaron a toda a comunidade universitaria a participar ata o 30 de outubro, data na que remata o prazo de presentación de ideas innovadoras. As bases do concurso poden consultarse aquí.

Severino Rodríguez, Alcalde de Monforte, e o empresario Angel Jove (ANJOCA)
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario