Google+ Followers

viernes, 21 de julio de 2017

Edelmiro López formará parte da comisión de expertos que avaliará os incendios de Portugal


O profesor Edelmiro López, profesor do departamento de Economía Aplicada e Director do memo na actualidade, é o único investigador europeo de fóra de Portugal que traballará, por mandato da Asemblea da República, na comisión técnica independente de doce expertos que avaliará a orixe e circunstancias dos incendios acontecidos o pasado mes de xuño na zona de Pedrógão Grande.
 
 
Esta comisión estará formada por seis membros designados polo Consello de Reitores das Universidades Portuguesas –outros seis foron propostos polos grupos parlamentarios- en calidade de especialista en políticas agrarias e desenvolvemento rural, toda vez que o resto destaca polo seu labor nos ámbitos forestais, biolóxicos ou tecnolóxicos.
 

Ver noticia no Xornal da USC (21/07/2017)




No hay comentarios:

Publicar un comentario