O venres 15 de febreiro a responsable de Recursos Humanos e máis o responsable da área de Asesoramento Fiscal de Deloitte en Galicia fixeron unha presentación na Facultade dos servicios que ofrece a firma, da carreira profesional na súa empresa e o proceso de selección que van desenvolver durante estes próximos meses animando a participar no mesmo ó alumnado.
Benvidos ao blog da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, no que iremos recollendo as novas que suceden na nosa facultade e as actividades que teñen lugar no centro ou teñen que ver cos membros da nosa comunidade.
domingo, 17 de febrero de 2019
viernes, 15 de febrero de 2019
Os profesores da Facultade: Xosé A. Rodríguez, Fidel Martínez Roget e Pilar González-Murias reciben o premio "Valentín Paz Andrade"

O Instituto de Estudos e
Desenvolvemento de Galicia da USC (IDEGA) entregou o xoves 14 de febrero o Premio
‘Valentín Paz Andrade’ de investigación en Economía de Galicia, convocado
conxuntamente polo IDEGA e o Consello Económico e Social.
Na modalidade de traballos en revistas
ou editoriais, recoñeceuse o traballo de Xosé A. Rodríguez, Fidel Martínez
Roget e Pilar González-Murias, co artigo ‘Length of stay: evidence from
Santiago de Compostela’ publicado na revista Annals
of Tourism Research. Na concesión, o xurado destacou “o carácter
novidoso do traballo e a súa exhaustividade, cunha rigorosa análise estatística
que permite tirar conclusións relevantes para o deseño da política turística na
área de Santiago de Compostela”.
Na entrega de premios, presidida polo
reitor Antonio López, participaron a presidenta do Consello Económico e Social
de Galicia, Corina Porro Martínez; o presidente da Fundación Feiraco, José
Montes Pérez; e o director do IDEGA, Alberto Meixide Vecino.
Con anterioridade á entrega
protocolaria de premios, o profesor Edelmiro López Iglesias presentou o
relatorio ‘As transformacións socioeconómicas de Galicia no último medio
século: un proceso histórico á espera dun relato’.
jueves, 7 de febrero de 2019
miércoles, 6 de febrero de 2019
Acto de entrega do I Premio Internacional de Investigación en Innovación e Economía Circular
O Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acollerá este xoves 7 de febreiro a entrega do I Premio Internacional de Investigación en Innovación e Economía Circular organizado polo Master en Desenvolvemento Económico e Innovación, concedido este ano a Leandro Javier Llorente González (1ºPremio) e a Edurne Suárez Lejardi (Mención especial).
O vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica, Gumersindo Feijoo Costa, presidirá o acto a partir das 10:45 horas. No acto intervirán tamén o coordinador do Máster DEIN e presidente do Xurado, Xavier Vence e o Presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)