Os profesores da Facultade: Xosé A. Rodríguez, Fidel Martínez Roget e Pilar González-Murias reciben o premio "Valentín Paz Andrade"

O Instituto de Estudos e
Desenvolvemento de Galicia da USC (IDEGA) entregou o xoves 14 de febrero o Premio
‘Valentín Paz Andrade’ de investigación en Economía de Galicia, convocado
conxuntamente polo IDEGA e o Consello Económico e Social.
Na modalidade de traballos en revistas
ou editoriais, recoñeceuse o traballo de Xosé A. Rodríguez, Fidel Martínez
Roget e Pilar González-Murias, co artigo ‘Length of stay: evidence from
Santiago de Compostela’ publicado na revista Annals
of Tourism Research. Na concesión, o xurado destacou “o carácter
novidoso do traballo e a súa exhaustividade, cunha rigorosa análise estatística
que permite tirar conclusións relevantes para o deseño da política turística na
área de Santiago de Compostela”.
Na entrega de premios, presidida polo
reitor Antonio López, participaron a presidenta do Consello Económico e Social
de Galicia, Corina Porro Martínez; o presidente da Fundación Feiraco, José
Montes Pérez; e o director do IDEGA, Alberto Meixide Vecino.
Con anterioridade á entrega
protocolaria de premios, o profesor Edelmiro López Iglesias presentou o
relatorio ‘As transformacións socioeconómicas de Galicia no último medio
século: un proceso histórico á espera dun relato’.
No hay comentarios:
Publicar un comentario