viernes, 17 de junio de 2011

Conferencia: A inserción profesional dos estudantes en Europa

O próximo luns 20 de xuño, ás 18:30 h, na Sala de Xuntas da Facultade, o Dr. Jean-Michel Uhaldeborde, ex -Reitor da Universidade de Pau (Francia), Conseiller d’établissement auprès du Ministère de l’enseigment supérieur et de la recherche e responsable do Rapport Uhaldeborde sur l’insertion professionnelle dans les universités, pronunciará a conferencia “A inserción profesional dos estudantes en Europa”. O acto está organizado pola Asociación Galega de Estudos de Economía do Sector Público, e conta coa colaboración doRotary Club de Santiago de Compostela.

viernes, 10 de junio de 2011

Curso Innovación Docente

O 8 e 9 de xuño tivo lugar o curso XESTIÓN E IMPLEMENTACIÓN DA INNOVACIÓN DOCENTE EN ECONOMÍA E ADE, impartido pola profesora Eva Gallardo da Universidad de Barcelona. Esta actividade de formación foi proposta desde a nosa Facultade dentro do Plan de Formación a Demanda do Programa de Formación e Innovación Docente da Universidade de Santiago de Compostela