martes, 28 de marzo de 2017

Economía Circular: un novo modelo produtivo para sair da crise

Este é o título das Xornadas que organiza o Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación na Facultade o próximo xoves 30 e venres 31 de marzo de 2017. A Economía Circular é unha das principais estratexias actuais europeas para xerar crecemento e emprego.
Os responsables do Master queren cinvidar a todas as persoas interesadas a participar nas Xornadas, cuxo programa pode descargarse neste enlace.


jueves, 23 de marzo de 2017

Conferencia abierta del Club de Bolsa

 
Para los interesados en el mundo bursátil, el grupo de estudiantes del Club de Bolsa de la Facultad quieren invitaros a la conferencia que tendrá lugar el próximo martes, 28 de marzo en el Salón de Grados. Los ponentes son:
 
  • Javier Caro, Manager Director de GPM Professional Broker de Barcelona, que hablará, desde su experiencia de más de 30 años en el sector, sobre el riesgo a la hora de invertir: “El riesgo en la operativa del trading”.
  • Martin Huete, cofundador de Finizens, una de las primeras start up tecnológicas en España en lo que se conoce como el “mundo Fintech”. En su charla abordará los mitos de la banca tradicional y nos propondrá una nueva forma de invertir diferente a las que conocemos hasta ahora: “La inversión no es como nos la han contado”
 
 
<
 

lunes, 20 de marzo de 2017

Firma dun convenio co Consello de Contas


O reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, e o conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, José Antonio Redondo, asinaron este luns un convenio de colaboración para regular as prácticas académicas externas do alumnado do máster universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira da USC.

Os estudantes dese posgrao, que coordina a profesora Sara Cantorna, poderán realizar así no Consello de Contas as súas prácticas curriculares, as extracurriculares ou ben as que conducen á elaboración dos traballos de fin de grao ou mestrado. Co convenio acórdase tamén que o Consello de Contas achegue os seus especialistas para a parte da docencia teórico-práctica especializada que fose precisa.

Noticia no Xornal da USC (20/03/2017)

lunes, 13 de marzo de 2017

Remata o plazo do Premio CreArte na USC


Esta semana remata o plazo (xa ampliado) para presentar obras ao concurso de pintura CreArte na USC. É esta a sexta edición dun premio que xa se está a consolidar como referente no ámbito universitario, xa que o noso centro é pioneiro na promoción da cultura artística e posúe un patrimonio de obras de autores galegos amplamente recoñecido.
 
As bases do premio poden descargarse da web da Facultade.