miércoles, 30 de noviembre de 2011

Conferencia sobre o panorama económico internacional e español

No marco do programa de colaboración que vimos desenvolvendo desde a Facultade con diversas entidades, o Club Financiero de Santiago invitou as nosas aulas ao profesor Javier Díaz Jiménez, que impartiu unha conferencia sobre O panorama económico internacional e español, o mércores, 30 de novembro, ás 18:30 h na aula Andrés Suárez.

O profesor Díaz Jiménez é licenciado en Ciencias Económicas por a Universidad Autónoma de Madrid e doctor en Economía por a Universidad de Minessota. Actualmente desenvolve a súa labor docente no IESE Business School, en Madrid.

martes, 29 de noviembre de 2011

Profesores/as da Facultade premiados/as nos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación

O reitor da Universidade de Santiago presidiu hoxe o acto de entrega da segunda edición dos Premios á Introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación na USC. No acto celebrado no Salón de Graos da Reitoría, varios profesores/as do noso centro foron premiados.
Co traballo titulado "Introdución á perspectiva de xénero no ensino da econometría na USC" as profesoras Eva Aguayo, Ana Iglesias e Carmen López, do Departamento de Economía Cuantitativa, obtiveron o primeiro premio na modalidade de Docencia. Asimesmo, na modalidade de Investigación, os profesores Adolfo Carballo, Mª Dolores Álvarez e María Bastida, do Departamento de Organización de Empresas, obtiveron o terceiro premio polo traballo "Desenvolvemento dunha cultura amigable coa familia". Noraboa a todos/as!

Amplíase o prazo de presentación de obras ao I Concurso de Pintura "CreArte na Universidade"

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais amplía ata o 12 de decembro o prazo para presentar obras ao I Concurso de Pintura ‘CreArte na Universidade’. No certame pode participar toda a comunidade Universitaria da USC. As bases establecen que só se pode presentar unha obra por artista, de temática libre, que deberá ser inédita e non estar premiada noutro certame. A dimensión da obra non poderá ser inferior a 70x70 centímetros nin superior a 120x120.

lunes, 28 de noviembre de 2011

XXV Aniversario de la Promoción de CC. Empresariales 1981-86

La promoción 1981-1986 de la licenciatura en Ciencias Empresariais de la Universidad de Santiago celebró ayer su veinticinco aniversario en un acto que presidió el rector Juan Casares en el Salón de Grados donde estudiaron. Acompañaron al rector en la mesa la decana del centro, Emilia Vázquez, y la profesora Loreto Fernández, en representación de la promoción. Además, intervinieron en el acto los exalumnos Rafael Silva, gerente de La Rosaleda, y Javier Insua, de Jealsa, y el profesor José Antonio Redondo, docente de la promoción (La Voz de Galicia)

XORNADAS SOBRE INNOVACIÓN E EMPRENDEMENTO

A RedICIS (Rede de Investigación en Ciencias Sociais) celebra unha nova xornada sobre Innovación e Emprendemento na Facultade. A cita será o 1 de decembro de 2011 ás 17:00 h, e terá o seguinte programa:
Mesa Redonda: “Emprendemento universitario. As Spin-off na sociedade actual: perspectivas actuais e futuras”.
Coordinación: D. José Díez de Castro. Secretario Xeral de Universidades e Innovación. Xunta de Galicia.
Casos de éxitos empresariais
Tatiana López del Rio. Nanogap sub-nm-powder.
“Spin-off da Universidade de Santiago de Compostela, a transferencia da investigación e o coñecemento á empresa”
Luz Castro Pena. Imaxin Software.
“Os equipos multidisciplinares, empresas formadas por enxeñeiros, licenciados en humanidades,  sectores TIC, a industria da cultura”
Fernando Souto. Naffta
O éxito e a constante innovación no sector da roupa deportiva”
Eva López Barrio. Directora de Woman Emprende.
Programa Uniemprende da USC”.

Seminarios do IGE na Facultade

Seguindo coa serie de seminarios que están a impartir os técnicos da escala de Estatísticos do Instituto Galego de Estatística no Máster en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica, o vindeiro luns, 28 de novembro, celebrarase unha nova sesión de 16:00 a 19:00 horas, na aula 12, co seguinte programa:
1. Contas económicas anuais e Marco Input-Output (1,5 horas). Poñente: Raúl Jácome Rodríguez
2. Contas económicas trimestrais (1,5 horas). Poñente: Esteban Andión Hermida

viernes, 18 de noviembre de 2011

CreArte na Universidade. I Concurso de Pintura

Na Facultade de CC.EE estamos a celebrar a Quincena Cultural, tendo presenza diversas manifestacións artísticas: cine, teatro, exposición, música, e pintura. neste último caso, xa está en marcha o I Concurso de Pintura "CreArte na Universidade". No certame, cuxo prazo de presentación remata o 25 de novembro, pode participar todos os membros da comunidade Universitaria da USC. As bases poden descargarse da web do centro. As obras seleccionadas expoñeranse temporalmente na Facultade nunha mostra que se inaugurará o mércores 14 de decembro ás 13.00 h, e permanecerá aberta ata o 10 de febreiro do vindeiro ano. De entre as seleccionadas, o xurado poderá outorgar un premio de 500 euros a unha das obras, que pasará a formar parte do patrimonio da Facultade e permanecerá durante un ano no ‘Espazo de Arte’ reservado no centro para este fin. (Noticia no Xornal)

Pelos na Lingua: ROTUNDO ÉXITO

O mércores 16 de novembro, no marco da Quincena Cultura da Facultade, a compañía Talía Teatro puxo en escena na aula A a obra "Pelos na Lingua", unha actividade organizada pola Comisión de Normalización Lingüística do centro en colaboración coa de Actividades Complementarias á Docencia. Trátase dunha comedia estruturada en sketches cheos de humor e retranca que ao mesmo tempo intentan convidar á reflexión sobre o uso da lingua galega. A asistencia foi masiva e todos puidemos disfrutar dunha posta en escea fantástica e pasar un rato de humor que tan ben nos ven a todos nestes tempos. Enhoraboa aos membros da compañía e a Comisión de Normalización Lingüistica pola iniciativa.

viernes, 4 de noviembre de 2011

Quincena Cultural na Facultade

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais desenvolverá entre os días 7 e 18 de novembro a ‘Quincena Cultural’ con numerosas actividades entre as que se atopan teatro, concertos, un videoforum, a exposición ‘Con nome de muller’ ou o premio de pintura ‘Crearte na Universidade’.

jueves, 20 de octubre de 2011

Debate final del Curso de Oratoria celebrado en la Facultad

La Asociación de Estudiantes de Economía y Empresa (AEE) ha organizado un Curso de Oratoria impartido por Santiago Martínez, Presidente de la Sociedad de Debate de Competición de la USC, que se ha celebrado a lo largo de esta semana. Este curso se cerrará con un debate final entre los distintos equipos formados por los estudiantes que están realizando el curso y que se celebrará este lunes 24 de octubre,  en el local social del Colegio Mayor Rodríguez Cadarso a las 16:00 h. Dicho debate versará sobre la pertenencia de Grecia a la Unión Europea.

lunes, 17 de octubre de 2011

Seminarios do Máster en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica

Dentro da serie de seminarios que o Máster en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica está a organizar neste curso académico 2011-2012, o vindeiro venres, 21 de outubro teremos a sorte de contar coa presencia de Tamara Guirao Espiñeira, da Conferencia de Ciudades del Arco Atlántico, que impartirá o Seminario: Ciudades del Arco Atlantico: Cooperacion Territorial a escala local. O seminario celebrarase na aula 12 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, ás 12:30 horas.

jueves, 13 de octubre de 2011

El MAB como alternativa de financiación para las pymes

O próximo luns, 17 de outubro, Eugenia Escudero Prado, Consejera de Novamab (Asesor rexistrado de Novacaixagalicia) vai impartir unha conferencia sobre a situación financeira das pymes, en particular, das galegas, e as posibilidades de obter financieamento a través do Mercado Alternativo Bursátil. A Dra Escudero expoñerá tamén o caso da empresa galega Lumar, que recentemente comenzou a cotizar neste mercado, creado para ofrecer unha vía de canalización de recursos hacia empresas en expansión. A cita é as 19:00 h na Aula B e a entrada é libre.

Seminario sobre Contabilidade nas Sociedades Cooperativas

O Centro de Estudos Cooperativos (CECOOP) da USC vai celebrar este Seminario no Salón de Graos da Facultade os dias 15 e 16 de novembro. A inscrición é gratuita e poderá formalizarse a través de: cecoop@usc.es.
Máis información: www.usc.es/cecoop

martes, 11 de octubre de 2011

Premiado un proxecto docente de tres profesoras da Facultade de CCEE

As profesoras Eva Aguayo Lorenzo, Ana Iglesias Casal e Carmen López Andión, do departamento de  Economía Cuantitativa, obtiveron o primeiro premio na modalidade de Docencia dos Premios á Introducción da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación convocados pola USC, polo seu proxecto: “Introdución da perspectiva de xénero no ensino da econometría na USC”.

jueves, 6 de octubre de 2011

Seminario sobre o Sistema Estatístico Público de Galicia

No marco do convenio de colaboración que o Máster en Desenolvemento Rexional e Integración Económica ten co Instituto Galego de Estatística (IGE), vaise celebrar un seminario de tres d, na aula 12 en horario de 16 ás 19 h, un Seminario sobre o Sistema Estatístico Público de Galicia, impartido por diversos técnicos do IGE. O programa é o seguinte:
Primeira xornada: 10 de outubro
1. Enquisas aos fogares realizadas polo IGE (1,5 horas). Poñente: Mª Dolores Martínez Fernández
2. Enquisas ás empresas realizadas polo IGE e outras estatísticas relacionadas (1,5 horas).  Poñente: Jorge Antonio Santiso Blanco
Segunda xornada: 28 de novembro
1. Contas económicas anuais e Marco Input-Output (1,5 horas). Poñente: Raúl Jácome Rodríguez
2. Contas económicas trimestrais (1,5 horas). Poñente: Esteban Andión Hermida
Terceira xornada: 12 de decembro
1. Organización e planificación no sistema estatístico público de Galicia (1,5 horas).      Poñente: Rosa Elvira Fernández González
2. Difusión de información estatística sobre Galicia na web do IGE (1,5 horas). Poñente: Mª Pilar Romero Martínez
Máis información: Roberto Bande, Coordinador do Máster en DRIE

miércoles, 28 de septiembre de 2011

A USC celebrou o Día Mundial do Turismo cunha xornada na facultade

O Centro de Estudos e Investigación Turísticas (Cetur) e o Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas da Universidade de Santiago celebraron este martes o Día Mundial do Turismo cunha xornada de debate na que se analizou o futuro do sector turístico en clave mundial e local. 
O evento inaugurouse nun acto presidido polo reitor Juan Casares Long e no que participaron tamén a decana da Facultade anfitrioa, Emilia Vázquez; a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo; o director do Cetur, Xosé Santos Solla; a coordinadora do Máster en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas da USC, Concepción Varela Neira; a concelleira de Turismo de Santiago, Reyes Leis; e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Restauración e Hospedaxe de Santiago de Compostela, José Antonio Liñares. (Xornal da USC 27/09/2011)

jueves, 22 de septiembre de 2011

Xornada de Celebración do Día Mundial do Turismo

O Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas e o Centro de Estudos e Investigación Turísticas (CETUR) da Universidade de Santiago, organizan a “Xornada de Celebración do Día Mundial do Turismo”. A xornada está aberta ao mundo académico, as empresas e aos entes xestores no ámbito do turismo, e terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais o día 27 de setembro de 2011 en horario de 09:45 a 14:00 horas, segun o programa seguinte:

09:45 horas: Inauguración da Xornada
- Sr. D. Juan Casares Long. Reitor da USC
- Sr.ªD.ª Emilia Vázquez Rozas. Decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
- Sr.ª D.ª Mª Carmen Pardo López. Secretaria Xeral para o Turismo. Xunta de Galicia
- Sr.ª D.ª Reyes Leis Rodríguez. Concelleira de Turismo. Concello de Santiago de Compostela
- Sr. D. José Antonio Liñares Bar. Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Restauración e Hospedaxe de Santiago de Compostela
- Sr. Xosé Santos Solla. Director do Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (CETUR)
- Sr.ª Concepción Varela Neira. Coordinadora do Máster en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas
10:00 – 11:00 horas:
1ª. Conferencia: “Tiempos de incertidumbre y esperanza: Una mirada optimista sobre el futuro del sector turístico mundial”
Sr. Javier Blanco Herranz. Director Miembros Afiliados de la Organización Mundial del Turismo (OMT)
11:15 – 12:15 horas:
2ª. Conferencia: La Política Turística ante los Nuevos Retos”
Sr. Vicente M. Monfort Mir. Director del Instituto de Estudios Turísticos de España (I.E.T.)
12:15  – 12:45 horas: Descanso café
12:45 – 13:45 horas:
3ª. Conferencia: “Personas. Orizonia”
Sr. Álvaro Vázquez . Director General de Recursos Humanos. Grupo ORIZONIA
13:50-14:00 horas:
Conclusións da Mesa Redonda sobre “Novos cambios do Sector Turístico en Galicia”
Sr. Aser Álvarez. Director de Comunicación da Asociación Provincial de Empresarios de Restauración e Hospedaxe de Santiago de Compostela.
Información: mariadulce.costas@usc.es

jueves, 15 de septiembre de 2011

Actividades de interés fora do centro

Neste blog deixáremosvos periódicamente información de cursos, seminarios e conferencias que aínda que teñan lugar fora da facultade, poden ser de interés para estudantes ou docentes. Para os próximos días as actividades para as que a entidade organizadora pideunos facer difusión son:

Xornada       Marcas, Comunicación y Emociones
Organiza      Asociación Para el Progreso de la Dirección (APD)
Lugar            Centro Social Novacaixagalicia
Datas            20 de septiembre de 2011
(no caso de estar interesado/a nesta xornada, envíe un email co seu nome a catedrabancaja@usc.es

Xornada       Workshop Investment Readiness: Búsqueda de financiamento para empresas de base tecnológica
Organiza      Programa Uniemprende a través de Inberso e Woman Emprende (USC)
Lugar            Centro de Estudios Avanzados (CEA)
Datas            22 de setembro de 2011

Curso            La Defensa de la Competencia como Instrumento de Modernización de las estructuras Económicas
Organiza      Universidad Internacional Menéndez Pelayo
Lugar            Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
Datas            5, 6 y 7 de octubre de 2011
Enlace web: http://www.uimp.es/uimp/home/homeUIMPdina.php?jcj=ACTIVIDADES_ACADEMICAS&juj=3002&lan=es&jpj=plan=616W&any=2011-12&verasi=N&lan=es&tipo=ACA

miércoles, 14 de septiembre de 2011

BENVIDA AOS NOVOS ESTUDIANTES

Volta ás aulas! Hoxe as 12:00 h na Aula B o equipo decanal recibiu aos novos alumnos e alumnas que se incorporan aos graos de Economía e ADE. Neste acto de benvida informouselles dos servicios básicos do centro e das distintas áreas de traballo postas a sua disposición. Todos os membros do equipo de goberno do centro queren darvos a benvida a esta que vai ser a VOSA FACULTADE.

lunes, 11 de julio de 2011

La profesora mexicana Mariana Gudiño Paredes del Instituto Tecnológico de Monterrey realiza su trabajo de tesis Doctoral en la USC

 La profesora Gudiño ha visitado nuestro centro durante el mes de junio de 2011, para trabajar en su proyecto de tesis doctoral, que lleva el título “El Turismo en Michoacán y su impacto económico”, y que realiza bajo la dirección de los Profesores Doctores Fidel  Martínez Roger y Eva Aguayo. Mariana Gudiño ha publicado en la Revista Galega de Economía,  el artículo El turismo cultural. análisis de la oferta y de la demanda en Michoacán (México)”, estado que obtuvo, entre otros reconocimientos, el Premio Absoluto de la Feria Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) en la categoría de Turismo Activo, gracias a la Ruta Don Vasco, y propuesto por el líder de la Organización Mundial de Turismo (OMT), Taleb Rifai, para obtener el registro oficial como miembro activo del organismo internacional.

viernes, 17 de junio de 2011

Conferencia: A inserción profesional dos estudantes en Europa

O próximo luns 20 de xuño, ás 18:30 h, na Sala de Xuntas da Facultade, o Dr. Jean-Michel Uhaldeborde, ex -Reitor da Universidade de Pau (Francia), Conseiller d’établissement auprès du Ministère de l’enseigment supérieur et de la recherche e responsable do Rapport Uhaldeborde sur l’insertion professionnelle dans les universités, pronunciará a conferencia “A inserción profesional dos estudantes en Europa”. O acto está organizado pola Asociación Galega de Estudos de Economía do Sector Público, e conta coa colaboración doRotary Club de Santiago de Compostela.

viernes, 10 de junio de 2011

Curso Innovación Docente

O 8 e 9 de xuño tivo lugar o curso XESTIÓN E IMPLEMENTACIÓN DA INNOVACIÓN DOCENTE EN ECONOMÍA E ADE, impartido pola profesora Eva Gallardo da Universidad de Barcelona. Esta actividade de formación foi proposta desde a nosa Facultade dentro do Plan de Formación a Demanda do Programa de Formación e Innovación Docente da Universidade de Santiago de Compostela
 

lunes, 30 de mayo de 2011

O investigador Alfredo Macías recibiu o primeiro Premio de Economía Mundial

O investigador Alfredo Macías Vázquez, do Departamento de Historia e Institucións Económicas, recibiu o 1º Premio de Economía Mundial ‘José Luis Sampedro’ que anualmente convoca a Sociedade de Economía Mundial e que este ano chegaba á súa cuarta edición. O premio ao investigador da USC foille concedido en San Sebastián no marco da XII Reunión de Economía Mundial, pola comunicación titulada "Replanteamiento de la cooperación financiera multilateral en los países de bajos ingresos en el contexto de la crisis global". A comunicación premiada, que agora se publicará na Revista de Economía Mundial, pretende abrir unha reflexión sobre a necesidade dunha reconsideración da cooperación financeira cara aos países de baixos ingresos que promova unha nova xeración de políticas económicas. O investigador estima que esta medida permitiría estimular o desenvolvemento económico ao tempo que reducir a vulnerabilidade no contexto da actual crise internacional (Información: Xornal USC)

martes, 24 de mayo de 2011

Seminarios do Master en Desenvolvemento Económico e Innovación

O Máster DEIN organiza unha serie de seminarios a cargo de JORDI MOLAS GALLART, Profesor investigador de Ingenio, CSIC-Universidade Politécnica de Valencia. O programa dos seminarios é o seguinte:
  • Luns 23 de maio: “Evaluación ex-post de políticas y programas de I+D+i”
  • Mércores 25 maio: “La Tercera Misión de la Universidad: definiciones e indicadores”
  • Xoves 26 maio: “Innovación en las industrias de Defensa y Seguridad”
Todas as sesións terán lugar de 16:00 a 19:00 h, no Salón de Graos da Facultade

lunes, 16 de mayo de 2011

SEMINARIOS DO MÁSTER EN DESENVOLVEMENTO REXIONAL E INTEGRACIÓN ECONÓMICA

Os próximos seminarios organizados polo Master van ter lugar nas seguintes datas:
* Lunes 16 de mayo: Luis Miguel Varela, Universidade de Santiago. "Termodinámica y Economía". Na aula 4, ás 16:00 horas.
* Jueves 19 de mayo: Blanca Miedes, Universidad de Huelva. "Inteligencia Territorial para el tránsito socio-ecológico". Na aula 4, ás 16:00 horas.

miércoles, 11 de mayo de 2011

Conferencia de clausura de curso

Organizada polo Club Financiero de Santiago e o Decanato da Facultade, o pasado xoves 12 de maio celebrouse no centro unha xornada de clausura do curso académico 2010-2011. Baixo o título: “A EMPRESA FAMILIAR: OUTRA FORMA DE CREAR EMPREGO”, interviron como poñentes D. Raúl López, presidente de Monbús, y D. Juan Luis Castro Rodríguez, Consejero Delegado de Carrocería Castrosúa, dous empresarios de dilatada traxectoria profesional, que aportaron a súa visión sobre a difícil situación do sector desde a súa experiencia ao frente destas prestixiosas empresas galegas. Na mesa estiveron acompañados polo Dircetor Xeral do IGAPE, D. Joaquín Varela de Limia, o Presidente do Club Financiero de Santiago e Decano do Colexio de Economistas da Coruña, D. Roberto Pereira Costa, e a Decana da Facultade, Dna. Emilia Vázquez.

viernes, 6 de mayo de 2011

Clausura del Aula de Emprendedores

El pasado miércoles 27 de Abril, los estudiantes del Aula Emprendedores 2011 participamos en la que sería la última actividad correspondiente al cronograma.

En esta ocasión visitamos la empresa UROVESA, ubicada en el Polígono Industrial del Tambre. Esta empresa es fabricante de vehículos especializados para usos en todo terrero y es líder en su sector dentro del mercado español y además tiene presencia en 20 países de Europa, América, África y Asia. Tras una presentación de la empresa y muchos otros datos, nos llevaron a la planta de ensamblaje y a continuación presenciamos una demostración de porqué sus vehículos son “todo terreno”. Esta parte de la visita fue muy emocionante, más aún cuando tres de nuestros compañeros vivieron esta experiencia desde dentro del vehículo.
Posteriormente nos dirigimos al centro conferencias del Polígono Industrial del Tambre, donde Ana Peón, Directora de Recursos Humanos en Serviguide, nos ofreció una interesante conferencia sobre las competencias demandadas hoy en día por las empresas en los procesos de selección de personal. También nos dio una serie de pautas, que muchas veces creemos obvias, para afrontar ante una entrevista de trabajo y, en general, el proceso de búsqueda de empleo.

Finalmente, se procedió a la clausura del Aula Emprendedores 2011, con representantes de BIC Galicia, la Decana de la Facultad de Económicas y la Directora de la Cátedra Bancaja Jóvenes Emprendedores. Entre fotos y aplausos se entregaron los diplomas de participación a través de una dinámica creada por las representantes de ARQUETIPOS, María Eugenia y Carmen. Y en medio del tapeo de cierre nos tomamos las respectivas fotos de grupo dando así finalizada una de las mejores actividades realizadas por la USC gracias a Bancaja, no sin antes recordar que el camino del Emprendedor no acaba con el remate del Aula de Emprendedores, es más, el camino acaba de empezar.
Y finalizo compartiendo una frase que me gustó mucho aquel día: "El éxito no se logra con cualidades especiales. Es sobre todo trabajo, constancia, esfuerzo y superación personal". ¡Hasta siempre Emprendedores!
Erika Lucía Núñez Ocampo

martes, 3 de mayo de 2011

As relacións da empresa coa administración electrónica

O reitor da USC, Juan Casares Long, inaugurou hoxe as xornadas "As relacións da empresa coa administración electrónica", que se están a celebrar no Salón de Graos ata o xoves 5 de maio. 
O encontro, co organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), o Centro de Estudos Cooperativos da USC e a Xunta de Galicia, reúne a expertos que abordarán a Administración electrónica desde o punto de vista do acceso da cidadanía aos servizos públicos, a contratación, a facturación, a protección de datos ou a informatización das cooperativas, entre outros aspectos.
No acto de apertura participaron, ademais do reitor, a secretaria xeral de Modernización e Innovación, Tecnolóxica, Mar Pereira; o director do Centro de Estudos Cooperativos da USC, Manuel Botana; o director xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Odilo Martiñá; o presidente do CPEIG, Fernando Suárez; e a decana da Facultade anfitrioa, Emilia Vázquez Rozas.
A continuación interveu o avogado especialista en TIC Miguel Ángel Davara co relatorio ‘Acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos’. Xa pola tarde tivo lugar unha mesa redonda sobre empresa e administración electrónica na que interviron o presidente do Consello Galego de Colexios de Economistas, Roberto Pereira Costa; o presidente de Blusens, José Ramón García González; o conselleiro delegado de PLEXUS, Antonio Agrasar Cascarllar; e o presidente da FEGAMP, Carlos Fernández Castro. (Tomado do Xornal electrónico da USC)

"The Web of Life: As persoas como clave da sostenibilidade económica"

No marco dos actos de clausura da Catedra Bancaja Novos Emprendedores, vaise celebrar o xoves, 5 de amio, ás 17:00 h, no Salón de Graos do centro, unha sesión de videoforum, na cal proxectarase o documental "The Web of Life: As persoas como clave da sostenibilidade económica". A sesión está aberta a todos os/as interesados/as na temática da economía sostenible.
O autor do documental é o canadiense David Suzuki, experto en economía sostible e científico medioambentalista de renome internacional. Ten colaborado con diversas instituciones científicas e universitarias en todo o mundo, cunha traxectoria internacionalmente recoñecida, da que cabe destacar o premio otorgado pola UNESCO en 2007, pola súa labor no campo da sostenibilidade.
"The Web of Life", parte dunha perspectiva totalmente innovadora, firmemente avalada por fundamentos científicos, desde donde o doctor Suzuki móstranos a delicada ecuación entre o ser humano e os recursos do seu entorno, base de calquer actividade humana e fundamento de todo sistema económico.
Trala proxección abrirase un debate, no que exploraremos, coa axuda das aportacións dos asistentes, cuestións como:
* ¿Cal é a relación entre persoas, medioambiente e economía?
* ¿E viable reconducir o paradigma socioeconómico cara un modelo de sostenibilidade plena?
* ¿Cómo encaixamos os humáns nun ecosistema sostible? ¿podemos ser á vez consumidores, productores e nutridores do sistema?
* ¿Existe a sostenibilidade sin responsabilidade?

domingo, 1 de mayo de 2011

Avisos por email

Se queres suscribirte ao sistema de alertas do blog, introduce o teu enderezo de correo electrónico na barra que aparece ao final desta páxina e pincha "submit". Unha vez confirmada a suscripción, o sistema te chegará un email cada vez que haxa unha nova entrada no blog.

O desenvolvemento profesional na área financeira da empresa

Alejandro Amoedo Martínez, Director Económico-Financeiro do Grupo Puentes, compartiu cun concurrido auditorio a súa experiencia como responsable financeiro do grupo galego Puentes, a empresa líder no noso país na construccción de viaductos e vías do AVE.
O poñente comenzou a súa exposición facendo unha descripción das distintas funcións que asume o responsable financeiro en función do tamaño da empresa, así como da estructura do seu departamento e funcións que asumen os distintos postos de traballo. Posteriormente referiuse á como evoluciona a carreira profesional máis frecuente dentro deste departamento e respostou as diversas cuestions que foron surdindo entre os estudiantes asistentes a esta conferencia, que se enmarca no Curso de Competencias Profesionais do Economistas que se está a desenvolver os venres as 12:00 h, no Salón de Graos da nosa facultade.
A próxima cita é o venres 6 de maio, e contaremos con Francisco Botas Ratera, Director General do Banco Etchevarria, e Juan Luis Vargas Zúñiga, Director de Banca Privada e Mercados do Banco Etchevarría. A sesión está aberta a todos os interesados.

sábado, 23 de abril de 2011

III Xornadas de Economía Crítica

Organizadas pola Liga Estudantil Galega, as xornadas sobre economía, comunicación, cultura e lingua, terán lugar nas Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais, Comunicación e Filoloxía os vindeiros dias 26, 27 e 28 de abril e o 3 e o 7 de maio.
A asistencia poderá ser convalidada até por dous créditos de libre configuración para todas as licenciaturas da USC. Para mais información sobre o programa e matrícula, podedes acceder a web das Xornadas: http://xornadascampusnorte.wordpress.com/

jueves, 21 de abril de 2011

El emprendedor y los valores éticos

La tarde del jueves, 14 de abril, ha sido muy entretenida a la par que instructiva. “La red social” y otras 30 personas nos acompañaron en el Videoforum. Tratamos temas de liderazgo, de éxito y de la facilidad del fracaso. Aunque no sepa como destacar lo que he aprendido, si que puedo decir que esta técnica de aprendizaje ayuda a que nos pongamos en situación de una forma muy práctica y personal. Surgieron preguntas tales como: ¿podré tener mi propósito siempre presente? ¿que sucedería si alcanzase el éxito de una forma tan repentina como el protagonista del filme? ¿sabría mantener la cabeza fría ante tal shock?
Aunque nunca sepamos como responderemos ante tales situaciones, sí sabremos que pautas tendríamos que seguir. El mantener claro cuál es nuestro propósito es la primera y más importante; debemos ser conscientes de por qué hacemos lo que hacemos. También debemos tener presente la dimensión ética de nuestras acciones; el saber hacer no tiene ningún sentido si no lo hacemos por el bien común. Por último, no buscar el éxito por el éxito dejando atrás nuestro entorno; debemos  intentar que todos ganemos y no pisar a quien nos pueda hacer frente o a quien, sin darnos cuenta, nos esté ayudando.
Todos estos temas se han visto reflejados en la película de formas y con matices diferentes. Cada uno sacó sus conclusiones y se ha llevado una impresión propia de lo que allí comentamos. Unos dictaminaban que ese tipo de éxito es el soñado y otros refutarán que si no funciona la teoría win-win, el éxito no tiene sentido. Todas estas cuestiones y conclusiones han surgido de un debate fluido, en el que cada uno de nosotros aportamos nuestra visión desde la propia experiencia.
Román Iglesias Lorenzo (3º ADE)

martes, 12 de abril de 2011

Videoforum con "La red social"

El próximo jueves 14 de abril tendrá lugar en el Salón de Grados a las 18:00 h una nueva sesión videoforum, dentro del programa de actividades de la Cátedra Bancaja Jóvenes Emprendedores.
Tomando como base el argumento de la La red social, que narra el origen de Facebook y los primeros pasos de su fundador, Mark Zuckerberg, abriremos un espacio de coloquio con el objetivo de construir entre todos los participantes una visión conjunta de algunos de los principales elementos presentes a la hora de poner en marcha un proyecto empresarial. A través de clips de vídeo seleccionados especialmente para este fin, durante la actividad nos centraremos en momentos clave de la película que propician el debate acerca de la importancia de la ética y los valores en la consecución del propósito organizativo.
La entrada es libre

domingo, 10 de abril de 2011

López Isla apadrina a los alumnos de ADE

La promoción 2006-2011 de Administración e Dirección de Empresas celebró el final de la carrera universitaria con un acto en el Palacio de Congresos, teniendo como protagonista a Honorato López Isla, ex-consejero delegado de Unión Fenosa y actual Presidente de R, que apadrinó a la promoción.
También estuvieron presentes el rector de la Universidad, Juan Casares, que presidió la sesión; el presidente del Consello Galego de Colexios de Economistas, Roberto Pereira; la decana de la facultad, E­milia Vázquez, y el profesor Juan Luis Castromán, que intervinieron en el acto, al igual que dos alumno, que hablaron en nombre de sus compañeros, recordando algunos de los momentos y anécdotas más significativas de su etapa universitaria. (Nota en El Correo Gallego)

Obradoiro de Orientación Laboral

Organizada pola Facultade e o Servicio de Apoio ao Emprendemento e o Emprego, vaise celebrar o mércores 4 de maio, na aula 8, una xornada de orientación laboral, especialmente dirixida aos alumnos/as de último ano de carreira. O seu obxectivo principal é facilitar a transición dos alumnos ao mercado laboral, ofrecéndolles información sobre as diferentes alternativas para elaborar o seu proxecto profesional e achegándolles os instrumentos e procesos máis utilizados para o acceso ao emprego. O obradorio está organizado en tres módulos de unha hora de duración aproximada cada un deles, e cos seguintes contidos:
10:00 h MÓDULO I
ü      Información sobre os servizos que ofrece a Área de Orientación Laboral
ü      Definición do proxecto profesional
ü      Alternativas unha vez finalizados os estudos: Continuación de estudos, programas de prácticas profesionais, emprego público, emprego en investigación, busca de emprego por conta allea e por conta propia
11:00 h MÓDULO II
ü      A elaboración do currículo e da carta de presentación: Importancia da presentación dun bo CV, tipos de CVs, estrutura, modelos, a carta de presentación.
12:00 h MÓDULO III
ü      Os procesos de selección: Cómo organiza un proceso de selección unha empresa, tipos de probas: Test psicotécnicos, Dinámicas de grupos e probas profesionais, Entrevista de traballo (Tipos, Características, Preguntas que poden formular).
Recomendase facer previamente unha inscrición no Decanato da Fac. de CC. Económicas, en horario de mañá.

Xornadas "As relacións da empresa coa administración electrónica"

 O Centro de Estudos Cooperativos (CECOOP) da USC e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia organizan, do 3 ao 5 de maio unhas Xornadas nas que se debatirá sobre os distintos aspectos da relación entre as empresas e a Administración electrónica. As sesións terán lugar no Salón de Graos. Podes descargar o programa completo das Xornadas na web do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia: http://www.cpeig.com/

Desarrollo de competencias a través del juego

Una de las actividades que recientemente organizó el Aula Jóvenes Emprendedores tuvo lugar en un entorno de turismo rural, concretamente la Casa de Amancio, en Lavacolla. Tuvimos ocasión de disfrutar de una jornada outdoor en la que potenciar el trabajo en equipo y desarrollar el rol del líder. A lo largo de toda la mañana realizamos una serie de actividades de carácter lúdico, cada una de las cuales nos permitía darnos cuenta de cómo debemos movernos en un entorno en el que lo importante es la labor del equipo.
Comprendimos que todos contamos, de que cada tarea por insignificante que nos parezca es tan importante como todas las demás, de que la comunicación y la confianza son imprescindibles para nuestro rendimiento, y de que siempre debe existir un líder para coordinarnos y motivarnos.
Ahora que todos hemos vuelto a nuestras rutinas sólo nos queda aplicar los conocimientos aprendidos y mantener vivo el recuerdo de una jornada tan divertida y satisfactoria.

Noela Mera García

Alumnos da Facultade visitan a Casa Grande de Xanceda

O pasado mércores, un grupo de alumnos da Aula de Emprendedores visitamos a Casa Grande de Xanceda, unha empresa dedicada á elaboración de productos lácteos ecolóxicos de alta calidade. Contan con máis de 30 prados (170 hectáreas) donde pastan libremente as vacas. Non utilizan herbicidas nin pesticidas, para que a súa alimentación sexa totalmente natural. Tamén puidemos catar os seus productos, iogures e queixo elaborados con leite ecolóxica. Vos aseguro que conquistaron os nosos paladares.
A empresa ten unha filosofía e un compromiso co desenvolvemento sostible, o benestar animal, o compromiso social e a credibilidade, todo elo co desexo de ofrecer o mellor produto ecolóxico ao consumidor, sempre en armonía e respetando o seu contorno.
Nesta visita poidemos comprobar que se pode innovar en calquer sector e en calquer momento (hasta nos momentos de crise como o actual), sólo temos que fixarnos unha meta e ir pasiño a pasiño ata conseguila. ¡Innovar non é fácil, pero é posible!
Vanessa Alfonsín Figueroa

sábado, 9 de abril de 2011

Actividade profesional dos economistas na área da Dirección de Persoas


O Decano do Colexio de Economistas de A Coruña,
Roberto Pereira, e  Rubén Martínez Nieto, Director de
Persoas de Novacaixagalicia

O pasado venres 8 de abril, o Director de Personas de Novacaixagalicia, Rubén Martínez Nieto, participuo no Curso de Competencias Profesionais dos Economistas que se ven desenvolvendo na Facultade. O poñente dedicou a súa intervención ao papel dos futuros titulados na área de recursos humáns, dentro das organizacións empresariais.

jueves, 7 de abril de 2011

Tres alumnos da Facultade gañan a final española do Global Management Challenge

Carlos Estévez, Estefany Cuadros e Laura González
Compoñentes do equipo StrategosUSC, gañador
da final nacional do GMC

O Global Management Challenge constitúe a maior competición sobre estratexia e xestión no mundo. Está dirixido a estudantes universitarios interesados en completar a súa formación mediante un xogo de simulación empresarial on line. Trátase dunha iniciativa, creada en 1980, enfocada a fomentar o espírito emprendedor, o desenvolvemento persoal e profesional dos participantes, potenciando a súas habilidades, capacidades, aptitudes, actitudes, coñecementos e experiencia no ámbito da xestión empresarial. Presente en 30 países do mundo, ten unha fase nacional e outra internacional, na que compiten os gañadores dos distintos países. Na presente edición nacional un equipo formado por estudantes da USC, tres deles alumnos de ADE, resultou gañador e tres dos seus integrantes parten cara a Macau (China) o próximo venres 8 de abril, para participar na final internacional. Dende aqui queremos desexarlles moita sorte.


A Facultade entregou os Premios Extraordinarios de Doutoramento e Licenciatura, á Calidade Lingüística e o Fulget 2010

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais entregou este martes 5 de abril os Premios Extraordinarios de Doutoramento e Licenciatura, á Calidade Lingüística e o Fulget 2010. Foi no transcurso dos actos celebrados co gallo do seu patrón, San Vicente Ferrer.
A empresa Blusens Global Corporation recibiu o premio Fulget 2010, que concede a Facultade de CCEE, a unha empresa ou colectivo empresarial de carácter galego, en recoñecemento a súa colaboración en accións encamiñadas a mellorar as relacións entre a actividade académica da facultade e a súa contorna profesional.
No mesmo acto tivo lugar unha homenaxe aos profesores falecidos recentemente: José Vilas Nogueira, Camilo Prado e Carlos Insúa. Así mesmo, entregáronse diplomas e bandas aos alumnos que foron merecedores dos Premios Extraordinarios de Licenciatura e Doutoramento, así como a o gañador do Premio á Calidade Lingüística da Comisión de Normalización Lingüística da facultade.
A vicerreitora de Economía e Infraestruturas, Sara Cantorna, abriu a xornada conmemorativa, que pechou o profesor José Antonio López Taboada, que se atopa no seu último ano na facultade ante a súa próxima xubilación. (Ler a noticia no Xornal)

lunes, 28 de marzo de 2011

Actos Dia do Patrón do Centro


O próximo 5 de abril imos celebrar o acto académico organizado con motivo da festividade de San Vicente Ferrer, patrón da Facultade, ás 12:00 h, no salón de graos da Facultade. O desenvolvemento previsto do acto é o seguinte:


I. Apertura a cargo da vicerreitora de Economía e Infraestruturas, Dona Sara Cantorna Agra.
II. Intervención da Sra. decana da Facultade.
III. Recordo dos profesores recentemente falecidos.
IV. Entrega de diplomas dos Premios Extraordinarios de Doutoramento e de Licenciatura.
V. Entrega dos Premios á Calidade Lingüística da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
VI. Entrega do Premio Fulget 2010.
VII. Conferencia a cargo do prof. José Antonio López Taboada.
VIII. Clausura do acto.
Ao remate do acto, poderemos disfrutar dunha pequena actuación da cantante Lucía da Fonte no hall da Facultade, e posteriormente do tradicional viño galego na cafetería. Esperamos contar con todos vos.