jueves, 6 de octubre de 2011

Seminario sobre o Sistema Estatístico Público de Galicia

No marco do convenio de colaboración que o Máster en Desenolvemento Rexional e Integración Económica ten co Instituto Galego de Estatística (IGE), vaise celebrar un seminario de tres d, na aula 12 en horario de 16 ás 19 h, un Seminario sobre o Sistema Estatístico Público de Galicia, impartido por diversos técnicos do IGE. O programa é o seguinte:
Primeira xornada: 10 de outubro
1. Enquisas aos fogares realizadas polo IGE (1,5 horas). Poñente: Mª Dolores Martínez Fernández
2. Enquisas ás empresas realizadas polo IGE e outras estatísticas relacionadas (1,5 horas).  Poñente: Jorge Antonio Santiso Blanco
Segunda xornada: 28 de novembro
1. Contas económicas anuais e Marco Input-Output (1,5 horas). Poñente: Raúl Jácome Rodríguez
2. Contas económicas trimestrais (1,5 horas). Poñente: Esteban Andión Hermida
Terceira xornada: 12 de decembro
1. Organización e planificación no sistema estatístico público de Galicia (1,5 horas).      Poñente: Rosa Elvira Fernández González
2. Difusión de información estatística sobre Galicia na web do IGE (1,5 horas). Poñente: Mª Pilar Romero Martínez
Máis información: Roberto Bande, Coordinador do Máster en DRIE

No hay comentarios:

Publicar un comentario