miércoles, 30 de noviembre de 2011

Conferencia sobre o panorama económico internacional e español

No marco do programa de colaboración que vimos desenvolvendo desde a Facultade con diversas entidades, o Club Financiero de Santiago invitou as nosas aulas ao profesor Javier Díaz Jiménez, que impartiu unha conferencia sobre O panorama económico internacional e español, o mércores, 30 de novembro, ás 18:30 h na aula Andrés Suárez.

O profesor Díaz Jiménez é licenciado en Ciencias Económicas por a Universidad Autónoma de Madrid e doctor en Economía por a Universidad de Minessota. Actualmente desenvolve a súa labor docente no IESE Business School, en Madrid.

martes, 29 de noviembre de 2011

Profesores/as da Facultade premiados/as nos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación

O reitor da Universidade de Santiago presidiu hoxe o acto de entrega da segunda edición dos Premios á Introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación na USC. No acto celebrado no Salón de Graos da Reitoría, varios profesores/as do noso centro foron premiados.
Co traballo titulado "Introdución á perspectiva de xénero no ensino da econometría na USC" as profesoras Eva Aguayo, Ana Iglesias e Carmen López, do Departamento de Economía Cuantitativa, obtiveron o primeiro premio na modalidade de Docencia. Asimesmo, na modalidade de Investigación, os profesores Adolfo Carballo, Mª Dolores Álvarez e María Bastida, do Departamento de Organización de Empresas, obtiveron o terceiro premio polo traballo "Desenvolvemento dunha cultura amigable coa familia". Noraboa a todos/as!

Amplíase o prazo de presentación de obras ao I Concurso de Pintura "CreArte na Universidade"

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais amplía ata o 12 de decembro o prazo para presentar obras ao I Concurso de Pintura ‘CreArte na Universidade’. No certame pode participar toda a comunidade Universitaria da USC. As bases establecen que só se pode presentar unha obra por artista, de temática libre, que deberá ser inédita e non estar premiada noutro certame. A dimensión da obra non poderá ser inferior a 70x70 centímetros nin superior a 120x120.

lunes, 28 de noviembre de 2011

XXV Aniversario de la Promoción de CC. Empresariales 1981-86

La promoción 1981-1986 de la licenciatura en Ciencias Empresariais de la Universidad de Santiago celebró ayer su veinticinco aniversario en un acto que presidió el rector Juan Casares en el Salón de Grados donde estudiaron. Acompañaron al rector en la mesa la decana del centro, Emilia Vázquez, y la profesora Loreto Fernández, en representación de la promoción. Además, intervinieron en el acto los exalumnos Rafael Silva, gerente de La Rosaleda, y Javier Insua, de Jealsa, y el profesor José Antonio Redondo, docente de la promoción (La Voz de Galicia)

XORNADAS SOBRE INNOVACIÓN E EMPRENDEMENTO

A RedICIS (Rede de Investigación en Ciencias Sociais) celebra unha nova xornada sobre Innovación e Emprendemento na Facultade. A cita será o 1 de decembro de 2011 ás 17:00 h, e terá o seguinte programa:
Mesa Redonda: “Emprendemento universitario. As Spin-off na sociedade actual: perspectivas actuais e futuras”.
Coordinación: D. José Díez de Castro. Secretario Xeral de Universidades e Innovación. Xunta de Galicia.
Casos de éxitos empresariais
Tatiana López del Rio. Nanogap sub-nm-powder.
“Spin-off da Universidade de Santiago de Compostela, a transferencia da investigación e o coñecemento á empresa”
Luz Castro Pena. Imaxin Software.
“Os equipos multidisciplinares, empresas formadas por enxeñeiros, licenciados en humanidades,  sectores TIC, a industria da cultura”
Fernando Souto. Naffta
O éxito e a constante innovación no sector da roupa deportiva”
Eva López Barrio. Directora de Woman Emprende.
Programa Uniemprende da USC”.

Seminarios do IGE na Facultade

Seguindo coa serie de seminarios que están a impartir os técnicos da escala de Estatísticos do Instituto Galego de Estatística no Máster en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica, o vindeiro luns, 28 de novembro, celebrarase unha nova sesión de 16:00 a 19:00 horas, na aula 12, co seguinte programa:
1. Contas económicas anuais e Marco Input-Output (1,5 horas). Poñente: Raúl Jácome Rodríguez
2. Contas económicas trimestrais (1,5 horas). Poñente: Esteban Andión Hermida

viernes, 18 de noviembre de 2011

CreArte na Universidade. I Concurso de Pintura

Na Facultade de CC.EE estamos a celebrar a Quincena Cultural, tendo presenza diversas manifestacións artísticas: cine, teatro, exposición, música, e pintura. neste último caso, xa está en marcha o I Concurso de Pintura "CreArte na Universidade". No certame, cuxo prazo de presentación remata o 25 de novembro, pode participar todos os membros da comunidade Universitaria da USC. As bases poden descargarse da web do centro. As obras seleccionadas expoñeranse temporalmente na Facultade nunha mostra que se inaugurará o mércores 14 de decembro ás 13.00 h, e permanecerá aberta ata o 10 de febreiro do vindeiro ano. De entre as seleccionadas, o xurado poderá outorgar un premio de 500 euros a unha das obras, que pasará a formar parte do patrimonio da Facultade e permanecerá durante un ano no ‘Espazo de Arte’ reservado no centro para este fin. (Noticia no Xornal)

Pelos na Lingua: ROTUNDO ÉXITO

O mércores 16 de novembro, no marco da Quincena Cultura da Facultade, a compañía Talía Teatro puxo en escena na aula A a obra "Pelos na Lingua", unha actividade organizada pola Comisión de Normalización Lingüística do centro en colaboración coa de Actividades Complementarias á Docencia. Trátase dunha comedia estruturada en sketches cheos de humor e retranca que ao mesmo tempo intentan convidar á reflexión sobre o uso da lingua galega. A asistencia foi masiva e todos puidemos disfrutar dunha posta en escea fantástica e pasar un rato de humor que tan ben nos ven a todos nestes tempos. Enhoraboa aos membros da compañía e a Comisión de Normalización Lingüistica pola iniciativa.

viernes, 4 de noviembre de 2011

Quincena Cultural na Facultade

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais desenvolverá entre os días 7 e 18 de novembro a ‘Quincena Cultural’ con numerosas actividades entre as que se atopan teatro, concertos, un videoforum, a exposición ‘Con nome de muller’ ou o premio de pintura ‘Crearte na Universidade’.