miércoles, 30 de octubre de 2013

Semana do Cooperativismo na USC

Na próxima semana, do luns 4 ao venres 8 de novembro vai ter lugar a Semana do Cooperativismo da USC, unha oportunidade para achegarse á economía social como fórmula para a xeración de riqueza e emprego. Durante a semana vanse levar a cabo tres tipos de actividades:
  • A Xornada Universocoop: o mércores 6 de novembro, a partir das 9:00 h na Facultade. Presentaranse cuestións técnicas sobre o cooperativismo e experiencias de cooperativas reais formadas por universitarios e universitarias.
  • A exposición "Descubre as cooperativas", tamén na Facultade. A través dun formato visual e interactivo permite coñecer as cooperativas e os pasos precisos para acceder ao autoemprego baixo esta fórmula.
  • A Escola Cooperativa móbil, situada no Campus Vida (sur), cunha programación de obradoiros durante toda a semana.
Todo o estudantado está convidado a participar en calquera destas actividades de xeito gratuíto.
Para calquera información adicional, tedes o enderezo: info@eusumo.coop ou no teléfono: 678 759 079.
Para descargar os programas das distintas actividades ir a web da Facultade (aquí)
 
 

martes, 29 de octubre de 2013

Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero da USC

Os profesores Adolfo Carballo Penela e María Dolores Álvarez Pérez, do departamento de Organización de Empresas e Comercialización, acadaron o segundo posto na categoría investigadora dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero que convoca a USC, co traballo “Conciliación da vida persoal e familiar: unha análise das percepcións das persoas responsables dos centros da USC”.
 
 

 

miércoles, 9 de octubre de 2013

COMPETENCIAS PROFESIONALESY FUTURO LABORAL

Las competencias transversales relacionadas con el desempeño profesional se han convertido en aspectos clave en el curriculum de los titulados universitarios. Capacidad de comunicación (oral y escrita), motivación, trabajo en equipo, liderazgo, interculturalidad, negociación…, son elementos que refuerzan los planes de estudios, y que cada vez son más valorados como medida de desempeño en el mundo empresarial.

Por todo ello, la USC y la Fundación Barrié ponen en marcha un programa de formación en competencias que va a desarrollarse en la Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales del 16 de octubre al 19 de noviembre. El programa denominado Compete x Galicia, destinado a todos los estudiantes y titulados universitarios de cualquier área de conocimiento, pretende mejorar su preparación de cara a integrarse en el mercado laboral, esto es, mejorar su empleabilidad de cara a una futura contratación, promoción a puestos directivos o puesta en marcha de su propio proyecto.

Las competencias transversales son especialmente necesarias para potenciar la carrera profesional en el entorno internacionales. El "graduado global" es aquella persona que no sólo está preparada técnicamente sino que maneja competencias profesionales de carácter transversal. Por ello, el Compete x Galicia se ha concebido también como un programa abierto a la colaboración empresarial y contará en breve con la colaboración de instituciones y empresas comprometidas con  la labor de identificar, desarrollar y retener el mejor talento para Galicia.

Los seminarios y talleres que se celebran en el marco del Programa Compete x Galicia cuenta con expertos de primera línea en cada una de las competencias en las que se trabaja, como Daniel Porot (Diseño de carrera), Manuel Campo Vidal (Comunicación), Belen Varela (Inteligencia social), Roberto Luna y Alejandra Mosteiro (Inteligencia emocional, talento y liderazgo), y Santiago Vázquez (Motivación y bienestar en el trabajo).

En definitiva, el programa pretende incrementar el potencial de desarrollo profesional y ampliar el abanico de opciones de trabajo que nuestros titulados universitarios puedan tener en el futuro.

Toda la información, calendario de seminarios y contenidos, así como inscripción on line (gratuita), en la web de la facultad, y web del programa.

viernes, 4 de octubre de 2013

"A problemática financeira do sector productivo galego: o caso Pescanova"

 
O próximo mércores, 9 de outubro, ás 12:00 h na aula 7, José Beiras Escudero, analista financeiro e socio en Didendum Asesor Registrado, nos falará sobre a actualidade financeira do sector productivo en Galicia, centrándose no impacto que a crise económica e financeira está a ter nas empresas e, en particular, no caso de Pescanova.

A conferencia está organizada para os alumnos e alumnas da materia Dirección Financeira pero a asistencia é libre para todos os interesados. Terá una duración aproximada de unha hora ao término da cal abrirase o debate.

jueves, 3 de octubre de 2013

Monográfico "Economía da desigualdade" da RGE

Os profesores da Facultade Angela Troitiño e Sebastian Villasante coordinan o monográfico "Economía da desigualdade" da Revista Galega de Economía.
No traballo preséntanse estudos teóricos e empíricos que poñen de releve que o tipo de modelo económico en Europa xerou unha maior desigualdade e pobreza. A austeridade, “diseminada como un dogma de fe entre os responsables económicos e políticos, deriva no recorte dos programas sociais, “esenciais para o mantemento do benestar da poboación, reducíndose así o papel compensador do sector público sobre as cada vez máis crecentes desigualdades do mercado”, afirman os coordinadores.

Máis información no Xornal da USC.

miércoles, 2 de octubre de 2013

PRESENTACION DO LIBRO

O profesor Ignacio Vidal Portabales, do departamento de Dereito Mercantil na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, foi o gañador da XXX edición do Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor, por su obra Dióxenes en Dolorida.
O xurado destacou «a súa estructura e estilo áxil e directo, o emprego de diferentes voces narrativas, o humor como elemento conductor, e a recreación dun ambiente a medio camiño entre o real e o paródico».
O profesor Vidal vai presentar a súa obra nun acto organizado pola editorial Xerais de Galicia que se vai celebrar no Salón de Graos da Facultade o martes 8 de outubro.
Noticia en La Voz de Galicia.