miércoles, 25 de abril de 2012

Xornada de Presentación dos P.A.E. na USC

Os próximos días 3 e 4 de maio terá lugar na Facultade as xornadas de presentación dos Puntos de Atención a Emprendedores (P.A.E.) da USC e o II Programa Impulso Bancaja.
Esta iniciativa é fruto da estreita colaboración que ven desenvolvendo a USC a través da Cátedra Bancaja Mocidade Emprendedora, coa entidade Bancaja, a Fundación Incyde e a Cámara de Comercio de Santiago, no fomento do espírito emprendedor e o apoio aos universitarios na posta en marcha de proxectos emprendedores e creación de novas empresas.
Nestas xornadas preténdese reforzar a interacción e o intercambio de ideas, proxectos e experiencias, o que queda reflectido nun programa que inclúe a presentación de recursos para o emprendemento dentro da USC, experiencias emprendedoras de éxito e talleres para os/as estudantes que quieran iniciarse e coñecer máis de cerca as posibilidades de desenvolver os seus proxectos. Coa creación dos P.A.E. nos campus Vida, Norte e de Lugo, a USC ven a centralizar a información e recursos a disposición dos estudantes emprendedores nunha "ventanilla única".

Para máis información pincha aqui.
Descargar o PROGRAMA
Facer INSCRICIÓN on line.



Presentación de oportunidades de financiamento a nivel europeo

O próximo mércores, 2 de maio, as 12:30 h no Salón de Graos, terá lugar unha presentación das oportunidades de financiamento en proxectos europeos, a cargo de Susana Fernandez, tácnico da Oficina de Proxectos Europeos dependente da Vicerreitoría de Investigación da USC.

lunes, 16 de abril de 2012

"A propiedade do vento galego"

O martes 24 de abril, ás sete e media da tarde no Salón de Actos da Facultade de CC Económicas e Empresariais de Santiago, terá lugar a presentación do libro “A propiedade do vento galego” da economista e profesora universitaria Rosa Mª Regueiro Ferreira, e editado pola Editorial Laiovento.
Este libro é resultado dunha investigación realizada na USC, na que se analiza en profundidade a xénese e do desenvolvemento do sector eólico en Galicia, dende 1995 ata a actualidade. Neste novo libro, a autora analiza e contrasta as políticas de fomento da enerxía eólica nos principais países produtores do mundo (China, Alemaña, Estados Unidos e España), en países pioneiros (Dinamarca, Reino Unido, Francia e Holanda) e en áreas potencialmente significativas (Xapón, Lituania e América Latina), tanto en enerxía eólica terrestre como en enerxía eólica offshore. Centra o estudo na caracterización do marco normativo desenvolvido en Galicia, analizando as diferentes etapas en función da normativa en vigor e determinando a potencia eólica instalada en cada unha desas etapas. Estuda de xeito pormenorizado o concurso eólico do goberno bipartito da Xunta de Galicia, así como o primeiro concurso eólico do actual goberno, definindo as principais fortalezas e debilidades de cada un. Ademais, presenta a titularidade da potencia eólica instalada en Galicia, chegando a configurar o actual atlas empresarial eólico de Galicia.
O acto estará presentado pola Decana da Facultade de CC Económicas, dona Emilia Vázquez, e participarán don José Antonio Redondo, catedrático de Economía Financeira, don Xosé Manuel Beiras, catedrático de Estrutura Económica, e a autora.

martes, 10 de abril de 2012

Arranca o ciclo de conferencias e actividades sobre Traxectorias Profesionais na Empresa

Co obxecto de coñecer as diversa traxectorias profesionais que poden desenvolverse dentro do ámbito da empresa, o mércores 11 de abril comenza un ciclo de conferencias organizado polo Decanato da Facultade en colaboración co Colexio de Economistas de A Coruña e a Fundación Una Galicia Moderna. Nas distintas sesións programadas empresarios e directivos de empresas galegas compartirán a súa experiencias como profesionais do mundo empresarial, desde os comenzos da sua carreira ao día a día da sua función. O programa inclúe tamén diversas actividades complementarias que permitirán unha visión mais completa dos contidos propostos. Todas as sesións e actividades complementarias (no calendario, en azul) son gratuitas e de entrada libre. Os interesados poden inscribirse  no ciclo completo, que poderase convalidar por un crédito de libre configuración, ou asistir a calquera das sesións sin previa inscrición, agás na saída do venres 13, para a que se precisa previa inscrición: catedrabancaja@usc.es. O ciclo remata o 9 de maio, coa conferencia de clausura do curso académico 2011-12, a cargo de Joan Melé, Subdirector Xeral da banca ética Triodos Bank.

CALENDARIO ABRIL 2012

LUNES
MARTES
MIERCOLES
JUEVES
VIERNES
9
10
11
12:00 - 14:30, Aula 8
Cómo manejar tu carrera profesional dentro del ámbito empresarial. Carlos Martínez Rubinos. Director General de IPASA- San Brandán
12
12:00 – 14:30, Aula 14
El área de recursos humanos
Alvaro Cela del Río. Director Gerente de Recursos Humanos Corporación Caixa Galicia
13
11:00 h Salida de la Facultad
Visita al vivero de empresas de la Cámara de Comercio de Santiago
Mesa con emprendedores:
Galicatessen y Grupo Affines
Regreso aprox. a las 13:30 h
16
17
17:00 – 19:00 h Aula 8
El área de dirección. Alfonso López Pena. Director General Grupo Losán

18
12:00 - 14:30, Aula B
El área de marketing y comercial. El área logística. José Ramón García González. Presidente y Consejero Delegado Blusens
17:00 h Salón de Grados
Liderazgo y dirección de equipos. Videoforum: El líder inspirador y motivador: Invictus
19
16:30 – 19:00 h Salón de Grados
El área financiera. Alejandro Amoedo Martínez. Director General Económico-Financiero Grupo Puentes
20

23
24
16:30 – 19:00 h Salón de Grados
El área de planificación y control de gestión. Ana Varela, Directora de la Oficina de Gestión Estratégica Banco Pastor
25
12:00 - 14:30, Salón de Grados
El autoempleo: crear tu propia empresa. Enrique Vila Sánchez. Director Área Emprendedores BIC GALICIA
17:00 h. Aula 12v. Emprendiendo de forma sostenible y ética
26
16:30 – 19:00 h Salón de Grados
La incorporación al mercado de trabajo: técnicas de búsqueda de empleo por cuenta ajena
Roberto Pereira Costa. Economista Decano Colegio Economistas A Coruña
27

Miércoles, 9 de MAYO: 12:00 – 14:00. Aula B. Conferencia de clausura: Joan Antoni Melé, Subdirector General de Triodos Bank

Acto de conmemoración do patrón do centro


Ciencias Económicas e Empresariais conmemorou este mércores 11 de abril, a festividade de San Vicente Ferrer, patrono do centro, cun acto académico que presidiu a Vicerreitora de Economía e Infraestruturas, Sara Cantorna, no Salón de Graos da Facultade. Logo da intervención da decana, Emilia Vázquez Rozas, entregararonse os seguintes premios:


- Premios Extraordinarios do curso 2010-11 na Licenciatura de Economía aos alumnos:
Dna. MONTSERRAT BUSTO BEADE
D. GUILLERMO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
- Premios á Calidade Lingüística dos Traballos Académicos (Comisión de Normalización Ligüística):
a)       Modalidade de traballos académicos
·         1º premio para o traballo titulado A reestruturación do sistema financeiro galego e o seu impacto no financiamento das PEMES, de Isabel Moscoso Ramos.
b)       Modalidade de traballos de fin de grao
·         Premio único, para o traballo Modelos econométricos do emprego en España: análise comparada con países da Unión Europea, de Silvia Chaves Freire.

- Premio Fulget 2011: Galchimia. Fundada a finais do ano 2001 por dous doutores en química orgánica, que a día de hoxe forman parte do equipo directivo da mesma, e dous doutores do departamento, a empresa nace como unha spin-off da Universidade de Santiago, e actualmente é líder en España no sector de química orgánica sintética, ofrecendo servizos de alto valor engadido en proxectos de investigación, desenvolvemento e síntese de produtos químicos a medida para fundamentalmente a industria farmacéutica.
Como colofón, o profesor do Departamento de Economía Aplicada Ceferino Díaz, pronunciou unha conferencia na que comezou facendo un percorrido pola súa vida no centro, ao que accede como integrante da primeira promoción dos estudos da Licenciatura en Economía e no que logo se incorpora ao claustro docente como profesor axudante. O profesor Díaz fixo un percorrido pola súa visión sobre os máis recentes acontecementos económicos, achegando a súa propia experiencia ao respecto pola súa condición de deputado nas Cortes Xerais nos últimos doce anos. (Xornal USC 08/04/2012) (Xornal 09/04/2012)
 

martes, 3 de abril de 2012

I Xornada de Emprendemento da MOGA

A ASOCIACIÓN ESTUDIANTIL MOCIDADE GALEGA ABERTA ORGANIZA UNHA XORNADA DE EMPRENDEMENTO. TERÁ LUGAR O MÉRCORES 11 DE ABRIL A PARTIR DAS 10:00 NESTA FACULTADE. Toda a información na web da MOGA

Nuevas actividades del Aula Jóvenes Emprendedores

El Aula Jóvenes Emprendedores que organiza la Cátedra Bancaja de la USC pone en marcha nuevas actividades en abril. Dirigidas a complementar la formación en competencias emprendedoras, estas actividades son gratuitas para todos los estudiantes de la USC. Estas actividades incluyen talleres, visitas a emprendedores y conferencias con directivos de empresas consolidadas de nuestro entorno. Las fechas de celebración son:

* Taller de "Generación de ideas a través de la música", 11 de abril.

* Visita al vivero de empresas de la Cámara de Comercio de Santiago, Polígono Costa Vella, y mesa experiencias emprendedoras, con las empresas Galicatessen y Grupo Affines. 13 de abril.

* Taller de "Liderazgo y dirección de equipos", 18 y 20 de abril.

* Taller de "Integridad de la marca: la imagen del proyecto empresarial", 25 y 27 de abril.

* Ciclo de conferencias: “Trayectorias Profesionales en la Empresa” (solicitado 1 crédito de libre configuración), del 11 de abril al 9 de mayo.

Para consultar los programas y realizar la inscripción: www.catedrabancajausc.es
Los/as interesados/as también pueden enviar un email a: catedrabancaja@usc.es