viernes, 28 de septiembre de 2012

Congreso Internacional de Diversidad Social

Los dias 4 y 5 de diciembre tendrá lugar en la Facultad el Congreso Internacional de Diversidad Social, que está organizado por el Grupo de Investigación “Estudios Socio-Económicos sobre Diversidad” (GESED), vinculado a la Cátedra Institucional Pastora Campos Goldner para la Atención a la Diversidad de la Universidad de Santiago de Compostela. El principal objetivo de este Congreso es establecer un lugar de encuentro de investigadores nacionales e internacionales en materia de la diversidad social, siendo un foro de debate y discusión del trabajo realizado por los especialistas en este campo.
Más información en la web de Congreso (pincha aqui)

martes, 18 de septiembre de 2012

Seminario de Formación en Fondos Estruturais

O pasado venres, 21 de setembro, tivo lugar na Facultade un Seminario sobre Fondos Estructurais, organizado pola Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia). Trátase dunha entidade non lucrativa e de acción social que agrupa a entidades autonómicas do terceiro sector implicadas na loita contra la pobreza e a exclusión a través da defensa dos dereitos dos colectivos en risco e da súa participación comunitaria plena.
Mais información: www.eapn-galicia.com

miércoles, 12 de septiembre de 2012

BENVIDA AOS ESTUDANTES DE PRIMEIRO

Hoxe tivo lugar na Aula B da Facultade unha xornada de benvida aos estudantes que se incorporan por primeira vez como membros do noso, nos grados de Economía e ADE.  A asistencia foi masiva, o que queremos agradecer a todos e todas polo interese demostrado.
No acto interveu a Decana da Facultade, Dna. Emilia Vázquez, e os membros da equipa decanal, así como os representantes das asociacións estudiantís con representación no centro: a Liga Estudiantil Galega, Asociación de Estudantes de Economía e Empresa (AEE), JEMSA Junior Empresa e o Club Emprende M.A.S., que explicaron aos novos estudiantes os seus obxectivos e lles animaron a participar de xeito activo na vida universitaria.
Como remate do acto, o Decano do Colexio de Economistas de A Coruña, D. Roberto Pereira, dedicou unhas palabras aos estudantes, animándolles a complementar a formación que agora comenzan con calquera tipo de actividades que lles permita desenvolver as competencias profesionais que lles vai demandar o seu futuro laboral.

lunes, 10 de septiembre de 2012

COMEZA O NOVO CURSO

En primeiro lugar, quero darvos a benvida ao novo curso académico 2012-2013.
O vindeiro mércores 12 de setembro, ás 12 horas, terá lugar na aula A un acto de benvida para todos os estudantes de primeiro curso dos graos de Economía e de ADE, onde se presentarán os distintos servizos da facultade. Quero animarvos a todos os novos alumnos e alumnas a asistir a esta cita que será de grande interese para vos como primeira toma de contacto co centro.
Así mesmo, quero aproveitar para lembrar a todo o profesorado que temos este blog a vosa disposición. Nel informamos das actividades que se levan a cabo na nosa Facultade así como daquelas noticias relacionadas co centro, polo que esperamos as vosas aportacións para que poida convertirnse nunha via informativa axeitada.
Un saúdo a todos e todas e moito ánimo e ilusión para este comezo de curso.
Mila Vázquez
Decana