miércoles, 28 de septiembre de 2011

A USC celebrou o Día Mundial do Turismo cunha xornada na facultade

O Centro de Estudos e Investigación Turísticas (Cetur) e o Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas da Universidade de Santiago celebraron este martes o Día Mundial do Turismo cunha xornada de debate na que se analizou o futuro do sector turístico en clave mundial e local. 
O evento inaugurouse nun acto presidido polo reitor Juan Casares Long e no que participaron tamén a decana da Facultade anfitrioa, Emilia Vázquez; a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo; o director do Cetur, Xosé Santos Solla; a coordinadora do Máster en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas da USC, Concepción Varela Neira; a concelleira de Turismo de Santiago, Reyes Leis; e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Restauración e Hospedaxe de Santiago de Compostela, José Antonio Liñares. (Xornal da USC 27/09/2011)

jueves, 22 de septiembre de 2011

Xornada de Celebración do Día Mundial do Turismo

O Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas e o Centro de Estudos e Investigación Turísticas (CETUR) da Universidade de Santiago, organizan a “Xornada de Celebración do Día Mundial do Turismo”. A xornada está aberta ao mundo académico, as empresas e aos entes xestores no ámbito do turismo, e terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais o día 27 de setembro de 2011 en horario de 09:45 a 14:00 horas, segun o programa seguinte:

09:45 horas: Inauguración da Xornada
- Sr. D. Juan Casares Long. Reitor da USC
- Sr.ªD.ª Emilia Vázquez Rozas. Decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
- Sr.ª D.ª Mª Carmen Pardo López. Secretaria Xeral para o Turismo. Xunta de Galicia
- Sr.ª D.ª Reyes Leis Rodríguez. Concelleira de Turismo. Concello de Santiago de Compostela
- Sr. D. José Antonio Liñares Bar. Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Restauración e Hospedaxe de Santiago de Compostela
- Sr. Xosé Santos Solla. Director do Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (CETUR)
- Sr.ª Concepción Varela Neira. Coordinadora do Máster en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas
10:00 – 11:00 horas:
1ª. Conferencia: “Tiempos de incertidumbre y esperanza: Una mirada optimista sobre el futuro del sector turístico mundial”
Sr. Javier Blanco Herranz. Director Miembros Afiliados de la Organización Mundial del Turismo (OMT)
11:15 – 12:15 horas:
2ª. Conferencia: La Política Turística ante los Nuevos Retos”
Sr. Vicente M. Monfort Mir. Director del Instituto de Estudios Turísticos de España (I.E.T.)
12:15  – 12:45 horas: Descanso café
12:45 – 13:45 horas:
3ª. Conferencia: “Personas. Orizonia”
Sr. Álvaro Vázquez . Director General de Recursos Humanos. Grupo ORIZONIA
13:50-14:00 horas:
Conclusións da Mesa Redonda sobre “Novos cambios do Sector Turístico en Galicia”
Sr. Aser Álvarez. Director de Comunicación da Asociación Provincial de Empresarios de Restauración e Hospedaxe de Santiago de Compostela.
Información: mariadulce.costas@usc.es

jueves, 15 de septiembre de 2011

Actividades de interés fora do centro

Neste blog deixáremosvos periódicamente información de cursos, seminarios e conferencias que aínda que teñan lugar fora da facultade, poden ser de interés para estudantes ou docentes. Para os próximos días as actividades para as que a entidade organizadora pideunos facer difusión son:

Xornada       Marcas, Comunicación y Emociones
Organiza      Asociación Para el Progreso de la Dirección (APD)
Lugar            Centro Social Novacaixagalicia
Datas            20 de septiembre de 2011
(no caso de estar interesado/a nesta xornada, envíe un email co seu nome a catedrabancaja@usc.es

Xornada       Workshop Investment Readiness: Búsqueda de financiamento para empresas de base tecnológica
Organiza      Programa Uniemprende a través de Inberso e Woman Emprende (USC)
Lugar            Centro de Estudios Avanzados (CEA)
Datas            22 de setembro de 2011

Curso            La Defensa de la Competencia como Instrumento de Modernización de las estructuras Económicas
Organiza      Universidad Internacional Menéndez Pelayo
Lugar            Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
Datas            5, 6 y 7 de octubre de 2011
Enlace web: http://www.uimp.es/uimp/home/homeUIMPdina.php?jcj=ACTIVIDADES_ACADEMICAS&juj=3002&lan=es&jpj=plan=616W&any=2011-12&verasi=N&lan=es&tipo=ACA

miércoles, 14 de septiembre de 2011

BENVIDA AOS NOVOS ESTUDIANTES

Volta ás aulas! Hoxe as 12:00 h na Aula B o equipo decanal recibiu aos novos alumnos e alumnas que se incorporan aos graos de Economía e ADE. Neste acto de benvida informouselles dos servicios básicos do centro e das distintas áreas de traballo postas a sua disposición. Todos os membros do equipo de goberno do centro queren darvos a benvida a esta que vai ser a VOSA FACULTADE.