O evento inaugurouse nun acto presidido polo reitor Juan Casares Long e no que participaron tamén a decana da Facultade anfitrioa, Emilia Vázquez; a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo; o director do Cetur, Xosé Santos Solla; a coordinadora do Máster en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas da USC, Concepción Varela Neira; a concelleira de Turismo de Santiago, Reyes Leis; e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Restauración e Hospedaxe de Santiago de Compostela, José Antonio Liñares. (Xornal da USC 27/09/2011)
Benvidos ao blog da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, no que iremos recollendo as novas que suceden na nosa facultade e as actividades que teñen lugar no centro ou teñen que ver cos membros da nosa comunidade.
miércoles, 28 de septiembre de 2011
A USC celebrou o Día Mundial do Turismo cunha xornada na facultade
O Centro de Estudos e Investigación Turísticas (Cetur) e o Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas da Universidade de Santiago celebraron este martes o Día Mundial do Turismo cunha xornada de debate na que se analizou o futuro do sector turístico en clave mundial e local.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario