miércoles, 25 de septiembre de 2013

CONFERENCIA DE APERTURA DO CURSO

No acto de apertura do curso académico 2013-2014 na nosa Facultade, que se celebrou o 2 de outubro na aula B, contamos este ano con Philippe Alluard, presidente de TAG Heuer Iberia, África e Mediterráneo, quen falou sobre : ¿Por qué algunas marcas perduran más de 150 años y otras desaparecen en 5 años?”.
Philippe Alluard apadriñou á primeira promoción de graduados en ADE, que remataron no curso 2012-2013. Así mesmo, TAG Heuer en colaboración coa xoiería Jael de Santiago crearon os “Premios TAG Heuer-Jael”, que se concederon aos estudantes desta promoción en tres categorías: ao mellor expediente académico, ao estudante máis proactivo e ao mellor compañeiro/a da promoción. Este último foi entregado no acto de graduación o pasado mes de xuño, e correspondeulle (por goleada) a Diego Silva Piñeiro. Os dous primeiros foron entregados no transcurso do mencionado acto de apertura, e corresponderon a: Mellor expediente: Helena Figueiras Vázquez; Estudante mais proactivo: Ruben Suárez Lareo. Cada un deles foron premiados cun reloxo da marca TAG Heuer, modelo Carrera, que cumple xa 50 anos.
 


DEBATE PARLAMENTARIO (CDC)

O Club Debate Compostela (CDC) comeza as súas actividades do curso 2013/2014 con debates de exhibición nas Facultades de Matemáticas e de Ciencias Económicas e EmpresariaisConcretamente neste centro terá lugar un debate de tipo parlamentario británico co tema "A independencia de Catalunya".

O CDC e a Facultade de CCEE queren invitar a todos os estudantes a presenciar este debate e coñecer máis de cerca o mundo do debate e a oratoria.

A cita é o vindeiro martes día 1 de outubro as 17:00 h na aula A.

 

 

 

jueves, 12 de septiembre de 2013

BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2013-14


Xa estamos de volta! Con enerxías renovadas e moito optimismo de cara a o novo curso. No acto de benvida que organiza todolos anos a facultade para os alumnos e alumnas de primeiro curso, interviron a Decana da Facultade, Emilia Vázquez e o Vicedecano de Estudantes, Alejandro Ballesteros, así como representantes dalgunhas das asociacións de estudantes presentes no centro. Na presentación, nunha abarrotada aula B, os intervintes falaron de diversos aspectos das titulacións, da organización interna da facultade, das infraestructuras, dos servizos  e recursos específicos para o estudantado, e animaron aos novos alumnos a participar de xeito activo na vida universitaria, facendo uso das distintas propostas culturales, deportivas, voluntariado e actividades complementarias que oferta a USC.

Guia do estudantado da Facultad