martes, 31 de marzo de 2015

FINSA: Premio FULGET 2014


A Xunta da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC aprobou en marzo de 2007 a creación dun premio, denominado FULGET, de periodicidade anual, para unha empresa ou colectivo empresarial de carácter galego, en recoñecemento a súa colaboración en accións encamiñadas a mellorar as relacións entre a actividade académica da Facultade e a súa contorna profesional. Entre os criterios de valoracións inclúese a experiencia da empresa na colaboración coas actividades desenvolvidas na facultade e na formación dos nosos estudantes, a súa contribución no ámbito social da USC e a súa aposta polo desenvolvemento sostible. Nesta VII edición o Premio recaeu na empresa Financiera Maderera S.A. (FINSA).
 
Pioneira na fabricación de taboleiros aglomerado na Península Ibérica, a empresa, fundada en 1931, mantivo un crecemento sostido, ata converterse no líder español do sector de produtos elaborados da madeira, situándose entre as 10 primeiras empresas a nivel europeo. O Premio entregarase o dia 8 de abril no acto de celebración do Patrón da Facultade.
 
 
 

martes, 24 de marzo de 2015

Premio de pintura CreArte na Universidade

O plazo para presentar obras ao Premio de pintura CreArte na Universidade, organizado pola Facultade de CC. Económicas e Empresariais, rematou o pasado xoves, 20 de marzo. Nos próximos días reunirase o xurado que fallará o premio, presidido pola Decana do centro, e composto por membros da comunidade universitaria e da comunidade artística do noso contorno. O premio entregarase no acto de celebración do Patron do centro que terá lugar o próximo dia 8 de abril.

Pinchando na imaxe pode accederse a unha reportaxe da TVG sobre este concurso e o patrimonio artístico da nosa Facultade.
 
http://www.crtvg.es/informativos/a-facultade-de-economicas-e-empresariais-de-santiago-convoca-o-concurso-de-pintura-crearte-na-universidade-1035650

 

viernes, 6 de marzo de 2015

FINANCIACIÓN DE LA PRIMERA ETAPA EN EMPRESAS DE NUEVA CREACIÓN: CRITERIOS DE SELECCIÓN DE LOS BUSINESS ANGEL

El lunes 16 de marzo, a las 12:00 h, en el Salón de Grados de la Facultad, la Directora del Instituto de Emprendimiento de ESADE Business School y profesora de finanzas en dicha institución, Luisa Alemany, nos presentará los resultados de su trabajo de investigación sobre los criterios que actualmente imperan entre los inversores más tempranos en proyectos de emprendimiento de alto potencial.
 
La asistencia es libre previa inscripción en el formulario al que se puede acceder aquí.