martes, 31 de marzo de 2015

FINSA: Premio FULGET 2014


A Xunta da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC aprobou en marzo de 2007 a creación dun premio, denominado FULGET, de periodicidade anual, para unha empresa ou colectivo empresarial de carácter galego, en recoñecemento a súa colaboración en accións encamiñadas a mellorar as relacións entre a actividade académica da Facultade e a súa contorna profesional. Entre os criterios de valoracións inclúese a experiencia da empresa na colaboración coas actividades desenvolvidas na facultade e na formación dos nosos estudantes, a súa contribución no ámbito social da USC e a súa aposta polo desenvolvemento sostible. Nesta VII edición o Premio recaeu na empresa Financiera Maderera S.A. (FINSA).
 
Pioneira na fabricación de taboleiros aglomerado na Península Ibérica, a empresa, fundada en 1931, mantivo un crecemento sostido, ata converterse no líder español do sector de produtos elaborados da madeira, situándose entre as 10 primeiras empresas a nivel europeo. O Premio entregarase o dia 8 de abril no acto de celebración do Patrón da Facultade.
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario