martes, 1 de marzo de 2016

Conferencias-debate no marco do Master DEIN

O Master en Desenvolvemento Económico e Innovación, xunto co Grupo de investigación ICEDE, organizan dúas conferencias coa Subdirectora do Centro de Investigaciones de la Economía Mundial (Cuba), Jourdy James Heredia.

As conferencias e datas de celebración son as seguintes:

- “La situación económica de Cuba y el nuevo escenario de las relaciones con los Estados Unidos”, o 2 de marzo, ás 12:00, e

 - “Acuerdo Transatlántico de Comercio e Inversiones entre la Unión Europea y EE UU: posibles implicaciones para América Latina y el Caribe”, o 3 de marzo, ás 16:30 h.

Ambas conferencias, que contarán coa presentación do Director do Master, Xavier Vence Deza, celebraránse na aula 9 da Facultade.

Asimesmo, o mércores 9 de marzo, ás 16:30 horas na aula 20, e tamén no marco deste Máster celebrarase unha conferencia sobre “Políticas de I+D+i  en Galicia”, que será impartida por Pilar Morgade Saavedra, Directora da Área Programas de Innovación da Axencia Galega de Innovación. Falará das políticas de I+D+i da Xunta de Galicia a través dos distintos programas (como RIS3).

Todas estas conferencias están abertas a calquera persoa interesada.