viernes, 25 de mayo de 2012

Currículo e entrevistas: o maratón de acceso ao mercado laboral

O xoves, 12 de abril, tiven a ocasión de asistir a conferencia que impartiu Álvaro Cela del Rio, Director Xerente de Recursos Humanos de Corporación Caixa Galicia, baixo o título “A área de recursos humanos”, no marco do ciclo de conferencias que a Facultade de CC. Económicas e Empresariais organiza co Colexio de Economistas  sobre traxectorias profesionais “O exercicio da profesión na empresa”. Foi unha conferencia tremendamente útil, sobre todo para aqueles que, como eu, estamos a chamar as portas do mercado laboral. Estas son algunhas das leccións máis interesantes que extraín da conferencia.

Facer o currículo é unha tarefa á que hai que enfrontarse nunha época na que as empresas non van buscar á casa a case ninguén. A cuestión é que hoxe, cando a oferta de traballo é desbordante –e máis entre a mocidade—, isto non é suficiente e ao historial académico e profesional hai que lle engadir valor para convertelo nun documento interesante e atractivo. Atrás quedou a época na que chegaba cun resumo dos méritos, pois a uniformidade dos perfís e dos contidos fai necesario empregar a imaxinación. Facer un bo currículo é a clave para que a nosa candidatura non caia en saco roto por erros de transmisión da información. É importante diferenciar o currículo, sexa en formato físico como virtual, é imprescindible engadir unha fotografía e sempre salientar aquelo que pode ser máis relevante de cara ao posto solicitado. Tamén é importante incluír pequenas descricións sobre a experiencia laboral, puntualizando as responsabilidades e o conxunto de actividades que implicou o traballo. Do que se trata sempre é de facer a información interesante e atraente.

Chegado o momento da entrevista, unha cuestión clave é a linguaxe corporal. Con ela as persoas transmiten milleiros de datos sen se decatar, de feito só coa información que emiten os ollos un bo entrevistador decatarase de cousas que o entrevistado nin sequera ten conciencia de estar expresando. Neste sentido, a recomendación é clara: a mellor forma de tratar de controlar a linguaxe corporal é non querer facelo. É aconsellable, sen embargo, evitar cruzar os brazos ou pernas, as posturas tanto distendidas como tensas e, en calquera caso, convén usar a técnica do espello, que consiste en tratar de imitar o que fai o interlocutor.

O apartado das preguntas trampa ten tamén o seu propio manual e a mellor recomendación pasa sempre por tratar de ser político. Un exemplo deste tipo de cuestións para poñer a proba o compromiso do candidato é interrogar sobre os plans que se teñen para as próximas vacacións. “É moi diferente dicir ‘teño pensado facer unha viaxe’ a dicir ‘tiña pensado facer unha viaxe”, explicou Álvaro Cela. Son pequenos trucos dos que é difícil decatarse cos nervios pero que se poden ensaiar e tratar de limar. Hai que ter en conta que as entrevistas moitas veces collen camiños inesperados para o aspirante, que pode verse na situación de ter que falar dunha faceta súa que nada ten que ver co posto. Pasa de cotío cos deportes e nestes casos o importante é destacar o positivo. O atletismo adoita parecer unha práctica individualista e as artes marciais agresiva, por exemplo; pero na man do entrevistado está falar de superación persoal no primeiro caso, e de respecto polo rival e interese por outras culturas no segundo.

Malia que non existen unhas regras universais que sexan a panacea para o acceso ao mundo laboral, quizais interiorizar algunhas destas técnicas e seguir os consellos de quen ten unha carreira dedicada a este eido pode ser de axuda en momentos de tensión, pois ter o maior control posible para evitar sorpresas desagradables require preparación e rodaxe.

María Xosé Aira Martín
Alumna do Master en Dirección e Xestión de Comercio Exterior da USC

sábado, 5 de mayo de 2012

Conferencia de clausura curso 2011-12

O próximo mércores dia 9 de maio, ás 12:00 horas na aula B da facultade, terá lugar a conferencia de clausura do curso académico 2011-12. Nesta ocasión teremos a oportunidade de escoitar a un dos mellores oradores no ámbito das finanzas éticas no noso país: Joan Antoni Melé Cartañá, Subdirector da entidade Triodos Bank en España.

Con máis de 30 anos de experiencia profesional no sector da banca, Joan Melé convírtese nun dos principais artífices da banca ética no noso país, ao liderar un dos proxectos de máis amplo calado en Europa dentro deste sector, asumiendo a subdirección xeral do banco Triodos. Tamén colabora como voluntario en diversas entidades non lucrativas dedicadas á promoción da banca ética a á cooperación ao desenvolvemento en proxectos de Latinoamérica. Ao mesmo tempo, ten unha intensa actividade como conferenciante en foros e charlas sobre temas de economía social, finanzas éticas e humanidades.

É autor do libro "Dinero y Conciencia. ¿A quién sirve mi dinero?", que conta xa cunha 6ª edición, no que promove unha economía con valores e trata de concienciar sobre o uso responsable do diñeiro. Na súa ponencia, que leva o título: "El dinero como camino de autoconocimiento", Joan Melé falará da necesidade dunha toma de conciencia por parte da sociedade dos fundamentos necesarios para implantar unha nova economía.

Xornadas sobre Administración Electrónica

Os días 8, 9 e 10 de maio terán lugar na Facultade as Xormanas sobre Administración Electrónica. Sede, goberno e contratación electrónica.
Organizadas polo Centro de Estudos Cooperativos da USC, o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia e a Xunta de Galicia, as xornadas ofrecen a oportunidade de coñecer os cambios que están propiciando as novas tecnoloxías ao noso redor, nos procesos de modernización asumidos polas administracións nos últimos anos. O plazo de inscrición remata o 7 demaio. Mais información e inscricións nos enderezos electrónicos: cecoop@usc.es ou eventos@cpeig.org

Curso de protocolo

La Asociación de Estudiantes de Economicas y Empresariales organiza un Curso de Protocolo con el objetivo de dar a conocer a los alumnos de la USC las diferentes técnicas empleadas para poder estar a la altura de cualquier circunstancia en todo tipo de entornos.
El curso se impartirá en 4 sesiones de cuatro horas (de 10:00 a 14:00 horas) del 7 al 10 de mayo de 2012 y se organizará en un único grupo de mañana. El plazo de inscripción terminará el día 3 de mayo de 2012. Toda la información se encuentra en la web de la A.E.E.