viernes, 8 de julio de 2016

Presentación de libro


O próximo martes, 12 de xullo, ás 12:00 h., no Salón de Graos da Facultade vaise presentar o libro Avances en el Patrón de Comercio Intra-industrial entre la Unión Europea y América Latina: los casos de Brasil y México.  O reitor da USC e a Decana da Facultade acompañarán aos autores Óscar Rodil Marzábal,  Director do estudo, Mª del Carmen Sánchez Carreira, ambos profesores da USC,  Jorge A. López Arévalo, da Universidad Autónoma de Chiapas (México) e Emmanuel Arrazola Ovando, da Universidad del Mar (México).
No estudo abórdase a análise das relacións comerciais e produtivas entre a Unión Europea e América Latina, xunto a un exame máis detallado das relacións de Brasil e México cos seus principais socios europeos (Alemaña, España, Francia, Italia, Reino Unido, os Países Baixos). O obxectivo central xira en torno á análise dos cambios ocorridos no patrón de comercio intra-industrial entre a Unión Europea e os países de América Latina e o Caribe ao longo das dúas últimas décadas. Neste sentido, incorpora unha nova dimensión Norte-Sur ao estudo deste fenómeno.