Mostrando entradas con la etiqueta Noticias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Noticias. Mostrar todas las entradas

domingo, 2 de diciembre de 2018

CLAUSURA DO 50 ANIVERSARIO DOS ESTUDOS DE ECONOMÍA EN GALICIA



A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago acolleu o peche do 50 aniversario dos seus estudos en Galicia, cunha serie de eventos previos a un acto de clausura no que participaron Mar Lorenzo, vicereitora de Comunicación, Cultura e Servizos da Universidade de Santiago; Carmen Pomar Tojo, conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional; e María Emilia Vázquez Rozas, decana en funcións da Facultade.

Emilia Vázquez fixo un percorrido pola andaina de oito anos no decanato e das distintas celebracións co gallo do 50 aniversario; agradecendo o traballo e maila colaboración de numerosas personalidades e institucións.

“Foi para min unha honra estar ao fronte dunha Facultade que tivo un relevante papel no desenvolvemento de Galicia, na nosa economía e cultura, unha facultade de prestixio que procurei incrementa e cando menos manter”, sinalou Vázquez.


Máis dun ano cheo de actividades

Concluía deste xeito máis dun ano de celebracións vertebradas nun programa de actos conmemorativo que xuntou figuras galegas e internacionais da materia.

Pódense salientar nese abano o congreso “50 anos de economía galega”; a celebración da fase final da X Olimpíada Española de Economía; a reunión da Conferencia Española de Decanas e Decanos de Economía e Empresa (CONFEDE); o “Encontro de profesorado de Economía e Empresa de ensino medio e superior”; ou o “Encontro Universidade – Empresa APD”, entre outras propostas.

Actos desenvolvidos na xornada de clausura

Antes do peche, a xornada de clausura comezou cunha reunión do Comité Consultivo da Facultade compostelá.

A continuación presentouse o Catálogo de obras de arte do centro, nunha sesión coa participación do catedrático e ex decano José Carlos de Miguel e máis de José Manuel García Iglesias, catedrático de Historia de Arte Moderna e Contemporánea.

 
 
 
 
María del Carmen Guisán, directora da Revista Galega de Economía, e a decana en funcións Emilia Vázquez mostraron o número extraordinario da Revista, que recolle as participacións e conclusións do Congreso “50 anos de economía galega”, celebrado o mes de abril dentro do calendario de actividades do aniversario.

 
 
 
Pola súa banda, a mesa redonda “Os 50 anos de Economía Galega na prensa” abordou a vinculación entre estes dous campos, coa presenza de Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación; os profesores Xaime Barreiro e José Antonio Varela; e mailos xornalistas Sofía Vázquez (La Voz de Galicia) e Xavier Cea (El Correo Gallego).

Precisamente o tratamento da economía pola prensa é o eixo da exposición que xa se exhibe no centro e que conta coa colaboración de La Región, El Progreso, Faro de Vigo, El Correo Gallego e La Voz de Galicia.

Achega un total de 45 capas e de páxinas destacadas desde 1968, ano de inicio dos estudos de economía en Galicia e da inauguración da Facultade compostelá, e supón unha viaxe ao longo do tempo.
 

domingo, 21 de octubre de 2018

Inauguración dos II Coloquios de Economía Aplicada

 
Tras un primeiro ciclo de coloquios celebrados o curso pasado, o departamento de Economía Aplicada quere invitar ao estudantado e profesorado da Facultade a participar nos II Coloquios de Economía Aplicada.
O primero vai ter lugar o mércores, 24 de ouctubre, ás 5 da tarde na aula B, e nel intervirán Mª Xosé Rodriguez Galdo e Mª del Carmen Guisán Seijas, catedráticas de Historia Económica e Econometría, respectivamente, para debatir sobre "O fin das mulleres coidadoras?: implicacións económicas e significados".
 



sábado, 20 de octubre de 2018

Alumnado de ADE en el Congreso Nacional de CFOs

Los alumnos/as de 4º curso del Grado en ADE fueron invitados por la "Asociación para el Progreso de la Dirección (APD), organización que viene colaborando con la Facultad en diversas actividades, a participar en el Congreso Nacional de Directivos Financieros (CFOs), que se celebró en Santiago, el pasado 27 de noviembre. Más de 100 estudiantes pudieron disfrutar de esta experiencia, una jornada completa de aprendizaje, fuera de las aulas, y de la mano de directiv@s de grandes empresas y expert@s del ámbito financiero.

miércoles, 4 de abril de 2018

Premio para o profesor óscar Rodil

Hoxe, 4 de abril, tivo lugar no Salón de Graos do Colexio de San Xerome o acto de entrega do I PREMIO Á PROMOCIÓN DA USC NOS DESTINOS INTERNACIONAIS, cuxo 1º premio na área de Ciencias Sociais e Xurídicas recaeu en Óscar Rodil Marzábal, profesor da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Este premio foi convocado en convocatoria aberta e competitiva pola Vicerreitoría de Internacionalización da USC co obxectivo de promocionar e visibilizar a USC nos destino da mobilidade internacional, en liña coa acción 4.1. do Plan Estratéxico de Internacionalización da Universidade de Santiago de Compostela.

Mais información no Xornal da USC.

lunes, 19 de febrero de 2018

Xornada sobre o estado actual do emprendemento entre os universitarios

No marco da celebración dos 50 anos dos estudos de economía de Galicia, o equipo GEM Galicia organizou o pasado venres 16 de febrero, en colaboración coa Secretaría Xeral de Universidades, unha xornada na que se analizou o estado actual do emprendemento entre os universitarios españois e, en particular, galegos.
 
Na sesión abordouse ademais esta temática desde a perspectiva de xénero, dados os resultados do último informe do Global Entrepreneuship Monitor (GEM) realizado por un equipo de investigadores da USC.
 
A xornada foi inaugurada ás 12.00 horas polo secretario xeral de Universidades, José Díez de Castro, acompañado do adxunto ao reitor para Transferencia, Innovación e Emprendemento, José M. Cotos, e a decana do centro, Emilia Vázquez.
 
Na mesa redonda, moderada pola profesora da USC e directora de GEM Galicia, Loreto Fernández, participaron catro especialistas que explicaron a realidade da cuestión no momento actual. A doutora Maribel Guerrero, actualmente na Universidade de Newcastle (UK) deu a coñecer os resultados do Observatorio de Emprendemento Universitario en España CISE-CRUE-RedEmprendia, do que é autora. A profesora da USC e directora técnica do Informe GEM Galicia, Isabel Neira, fixo unha análise da situación no sistema universitario galego.
 
O emprendemento universitario desde unha perspectiva de xénero foi o tema tratado pola técnica de transferencia de coñecemento no Programa Woman Emprende da USC, Eva López, e a promotora da empresa Situm, Cristina Gamallo.
 
 
Tendencia ao emprendemento
 
Segundo datos do Observatorio de Emprendemento Universitario CRUE-CISE-RedEmprendia no que participou o equipo GEM da USC, un terzo dos universitarios españois que cursan últimos cursos manifesta a intención de emprender en poucos anos. Os resultados do Informe GEM-Galicia 2016 corroboran esta tendencia maior a emprender entre a comunidade universitaria fronte á poboación xeral en Galicia (37% fronte a 13% entre 25-44 anos).
 
O proxecto GEM
 
O Global Entrepreneuship Monitor (GEM) é un observatorio internacional para analizar e avaliar o impacto da actividade emprendedora no crecemento económico. En España o proxecto lidérao o Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE).
 
Galicia sumouse a esta iniciativa en 2005 cun equipo configurado na actualidade pola USC, o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Asociación de Novos Empresarios (FEGAXE), coa colaboración da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia.

jueves, 28 de septiembre de 2017

Mª del Carmen Guisán, una de las investigadoras más destacadas a nivel mundial

La profesora Mª del Carmen Guisán Seijas, Catedrática de econometría de la USC, es una de las mejores economistas del mundo por numero de referencias en publicaciones académicas. Según el ranking que elabora el portal Ideas desde hace 20 años, la profesora Guisán aparece en un destacado sexto lugar entre las escasas investigadoras españolas del ranking mundial.

En el ranking total por autor se encuentra en un destacado puesto 19. Entre los 100 primeros autores de este ranking se encuentran también los profesores María Loureiro (en el puesto 62) y Juan Carlos Reboredo (en el 79), ambos del departamento de Fundamentos de Análisis Económico. La Facultad de CC. Económicas y Empresariales, como centro de investigación, figura al nivel 15º en el 25% top de instituciones de España.

En el artículo publicado por eldiario.es, "La paradoja de las investigadoras en economía: más presencia en países donde su trabajo no tiene prestigio", se ofrece un interesante análisis sobre el papel de las mujeres en el campo de la investigación económica en el mundo.

viernes, 21 de julio de 2017

Edelmiro López formará parte da comisión de expertos que avaliará os incendios de Portugal


O profesor Edelmiro López, profesor do departamento de Economía Aplicada e Director do memo na actualidade, é o único investigador europeo de fóra de Portugal que traballará, por mandato da Asemblea da República, na comisión técnica independente de doce expertos que avaliará a orixe e circunstancias dos incendios acontecidos o pasado mes de xuño na zona de Pedrógão Grande.
 
 
Esta comisión estará formada por seis membros designados polo Consello de Reitores das Universidades Portuguesas –outros seis foron propostos polos grupos parlamentarios- en calidade de especialista en políticas agrarias e desenvolvemento rural, toda vez que o resto destaca polo seu labor nos ámbitos forestais, biolóxicos ou tecnolóxicos.
 

Ver noticia no Xornal da USC (21/07/2017)




lunes, 26 de junio de 2017

Constitúese o Comité Consultivo de expertos da Facultade

O pasado dia 23 de xuño tivo lugar a primeira reunión do Comité Consultivo de Expertos da Facultade de CC. Económicas e Empresariais. Nesta reunión constituinte, ofreceuselles información por parte do equipo decanal das titulacións de Grao e master que se imparten no centro, e se lles deu a coñecer os distintos actos e eventos que se prevé celebrar ao longo do próximo curso académico 2017-2018, no que se celebra o 50 aniversario dos estudos de Economía en Galicia.


Relación de miembros del Comité Consultivo da Fac. de CC.EE da USC:

 
 
 



domingo, 4 de junio de 2017

El grado de ADE en el top 10 en España

 
El informe U-Ranking, elaborado por la Fundación BBVA y el Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas (IVIE), identifica las mejores universidades para cursar cada Grado, teniendo en cuenta hasta 25 indicadores relacionados con sus actividades docentes, de investigación y de innovación y desarrollo tecnológico.
 
En su quinta edición, este ranking sitúa a la Universidad de Santiago de Compostela en quinta posición, junto con otras seis universidades que alcanzan igual puntuación.

Si atendemos al ranking por titulaciones, el Grado en ADE impartido en nuestro centro se encuentra en el puesto 10, tras las catalanas Pompeu Fabra, Rovira i Virgili, Ramón Llul y Autónoma de Barcelona, y la Autónoma de Madrid, Carlos III, Politécnica de Valencia, Navarra y Deusto.
 
 


 

Top 5 de U-Ranking de Universidades españolas
por rendimiento (índice corregido por tamaño
de la institución, para hacerlas comparables entre sí)
 










 











 
 

sábado, 20 de mayo de 2017

Lectura Tesis

O venres, 19 de maio, tivo lugar no Salón de Graos da Facultade, a defensa da tesis de doutoramento: "Estimación de la habitabilidad urbana sostenible a través de un enfoque multicriterio. Una aplicación a ciudades españolas", presentada por Beatriz Valcárcel Aguilar, bajo la dirección de los profesores Pilar Murias Fernández y José Carlos de Miguel Domínguez. O tribunal, formado polos profesores Trinidad Gómez Núñez, David Rodríguez e Román Rodríguez como Presidente, otorgou a cualificación de Sobresainte ao traballo.
 
 
 

jueves, 4 de mayo de 2017

Optimización Económica con GAMS

João Paulo Cerdeira Bento
Do 9 ao 11 de maio terá lugar na Facultade o curso de Optimización Económica con GAMS, aberto a todo o profesorado e alumnado que queiran iniciarse no estudo da optimización económica e na programación en GAMS. O curso vai ser impartido polo profesor João Bento da Universidade de Aveiro, invitado polo Departamento de Economía Cuantitativa, onde vai realizar unha estadía mediante o programa Erasmus+.
 
O curso terá lugar de 16 a 18 horas, na aula de informática 6 desta Facultade. O software GAMS é libre e pode instalarse nos ordenadores particulares.
 

lunes, 10 de abril de 2017

APOYO A LA CAMPAÑA DE ONCOMET



A lo largo de la semana pasada, y a iniciativa de un grupo de estudiantes de la Facultad, se llevó a cabo una campaña de recaudación de donativos para el proyecto de la biopsia líquida del grupo de Oncología Médica Traslacional del Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela  (Oncomet).


La campaña finalizó con una recaudación en nuestro centro de 309 euros, que ya ha sido ingresada en la cuenta que el grupo Oncomet tiene a disposición de todos aquellos que quieran realizar una aportación.
Se trata de un pequeño grano de arena para ayudar al desarrollo y mejora del manejo clínico de pacientes oncológicos, pero toda ayuda es igualmente importante. Todavía quedan 2 días para alcanzar el objetivo de financiación
 

Muchas gracias a todas las personas que colaboraron y muy especialmente a las alumnas de 3º de ADE, Alba, Andrea, Alba, y Laura, que estuvieron al frente de la campaña.
 

lunes, 20 de marzo de 2017

Firma dun convenio co Consello de Contas


O reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, e o conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, José Antonio Redondo, asinaron este luns un convenio de colaboración para regular as prácticas académicas externas do alumnado do máster universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira da USC.

Os estudantes dese posgrao, que coordina a profesora Sara Cantorna, poderán realizar así no Consello de Contas as súas prácticas curriculares, as extracurriculares ou ben as que conducen á elaboración dos traballos de fin de grao ou mestrado. Co convenio acórdase tamén que o Consello de Contas achegue os seus especialistas para a parte da docencia teórico-práctica especializada que fose precisa.

Noticia no Xornal da USC (20/03/2017)

viernes, 10 de febrero de 2017

Entrega da recadación da campaña de Nadal


 
Esta mañan a Facultade recibiu a visita de Javier García, responsable da asociación ASPAS en Santiago, co obxeto de facerlle entrega da recadación obtida na iniciativa solidaria posta en marcha no pasado mes de decembro. O "Árbol Solidario" de Nadal foi unha iniciativa do Decanato da Facultade proposta a un grupo de estudantes voluntarios do noso centro, quenes ofreceron bolas navideñas a cambio dun donativo, as cales foro decorando o árbol que tivemos instalado no hall de entrada do centro. Eles tamen decidiron a qué organización iría os cartos: a Asociación de Padres de Personas con Discapacidade Intelectual (ASPAS).
 


Gracias moi especiais a Iván e Mónica, os dous alumnos da Facultade que estiveron ao fronte da campaña.
 
Javier García, de ASPAS, xunto cos estudantes que traballaron na campaña,
no acto de entrega da recadación






miércoles, 25 de enero de 2017

Premio Valentín Paz Andrade para el estudio “La gestión del riesgo y el seguro en la empresa gallega”

 
El informe "La Gestión del riesgo y el seguro en la empresa gallega", elaborado por Grupo de Investigación VALFINAP adscrito al Departamento de Economía Financiera y Contabilidad, y coordinado por el profesor Luis Alberto Otero González, ha obtenido el Premio de Investigación en economía de Galicia "Valentín Paz Andrade" de 2016, convocado conjuntamente por el Consello Económico e Social de Galicia y el Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA). El estudio fue encargado por la Fundación INADE a la USC en junio de 2014.

 
Pablo Durán, Luis Ignacio Rodríguez, Isabel Rodríguez-Moldes Rey (Vicerrectora de
Investigación e Innovación de la USC) y Luis Otero, en la presentación oficial del Informe
el 6 de noviembre de 2015

Este galardón busca reconocer aquellos trabajos de investigación que contribuyan al mejor conocimiento de la realidad económico-social de Galicia, y el establecimiento de mejorar políticas para contribuir al bienestar de sus ciudadanos.
El Jurado de esta tercera edición ha estado presidido por el Rector de la Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño Rey, y configurado por Corina Porro Martínez, Presidenta del Consello Económico e Social de Galicia; Alberto Meixide Vecino, Director del IDEGA; los ex presidentes de la Xunta de Galicia, Fernando González Laxe y Emilio Pérez Touriño; el ex rector de la Universidade de Vigo, Alberto Gago Rodríguez; el Secretario Xeral del Consello Económico e Social de Galicia, Juan José Gallego Fouz y el investigador Xoán Carmona Badía.
El acto oficial de entrega del galardón tendrá lugar en el Salón Noble del Pazo de Fonseca de la Universidad de Santiago de Compostela, el próximo 6 de febrero, a partir de las 12 horas.
 

domingo, 4 de diciembre de 2016

Presentado o Informe GEM 2015

De esquerda a dereita, José Alberto Díez, Javier Aguilera, Juan
Viaño,Carmen López e Isabel Neira. Foto: Servimav-USC
O Global Entrepreneurship Monitor (GEM) é un observatorio internacional cuxo obxectivo é analizar e avaliar o impacto da actividade emprendedora no crecemento económico como factor determinante para o desenvolvemento e o benestar das sociedades. Na súa edición de 2015, GEM mediu a actividade emprendedora en 69 países, o que lle ten merecido o recoñecemento como o estudo lonxitudinal  sobre emprendemento máis importante do mundo.

Galicia sumouse a esta iniciativa internacional en 2005. As 10 edicións consecutivas publicadas ata o momento son froito da colaboración entre a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), o Instituto Galego de Promoción Económica dando continuidade a BIC Galicia (IGAPE) e un grupo de investigación da USC. Ademais, o pasado ano o equipo de investigación, formado por profesores da nosa Facultade, asumiu a dirección do equipo responsable da elaboración do informe e incorporouse a FEGAXE que substitúe á CEG. Así, a profesora Loreto Fernández asumiu a Dirección de GEM-Galicia, Isabel Neira a Dirección Técnica do equipo, e Sara Fernández a Coordinación do equipo, no que tamén participan David Rodeiro Pazos, Mª Milagros Vivel Búa, Lucia Rey Ares, Guillermo Zapata Huamaní, Marta Portela Maseda, María Bobillo Varela e Nuria Calvo Babío.
 
A edición 2015 do informe GEM Galicia presentouse este venres 2 de decembro na Sala de Debates do CEA. Nunha sesión presidida polo reitor Juan Viaño tamén participaron o director do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Javier Aguilera Navarro; a presidenta da Federación Galega de Xóvenes Empresarios (FEGAXE), Carmen López; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, e Isabel Neira que presentou os principais resultados. O pasado 2015 foi en Galicia un ano de consolidación de iniciativas emprendedoras ao alcanzar unha Taxa de Actividade Emprendedora (TAE) de 5,51% (porcentaxe de poboación adulta con intención de emprender). Os datos mostran o maior crecemento da última década e supón a converxencia cara a media española e a mellora da posición de Galicia no contexto estatal e internacional.
 
Máis información no Xornal da USC.
 

 

viernes, 8 de julio de 2016

Presentación de libro


O próximo martes, 12 de xullo, ás 12:00 h., no Salón de Graos da Facultade vaise presentar o libro Avances en el Patrón de Comercio Intra-industrial entre la Unión Europea y América Latina: los casos de Brasil y México.  O reitor da USC e a Decana da Facultade acompañarán aos autores Óscar Rodil Marzábal,  Director do estudo, Mª del Carmen Sánchez Carreira, ambos profesores da USC,  Jorge A. López Arévalo, da Universidad Autónoma de Chiapas (México) e Emmanuel Arrazola Ovando, da Universidad del Mar (México).
No estudo abórdase a análise das relacións comerciais e produtivas entre a Unión Europea e América Latina, xunto a un exame máis detallado das relacións de Brasil e México cos seus principais socios europeos (Alemaña, España, Francia, Italia, Reino Unido, os Países Baixos). O obxectivo central xira en torno á análise dos cambios ocorridos no patrón de comercio intra-industrial entre a Unión Europea e os países de América Latina e o Caribe ao longo das dúas últimas décadas. Neste sentido, incorpora unha nova dimensión Norte-Sur ao estudo deste fenómeno.
 
 
 

martes, 5 de abril de 2016

Presentación do informe "Anuario del euro"

A Facultade e a delegación do Instituto Español de Analistas Financeiros (IEAF) en Galicia, que ten a súa sede na facultade, presentaron o venres 1 de abril o Anuario del Euro 2015, terceira edición dun estudo realizado pola Fundación de Estudos Financeiros (FEF) en colaboración coa Fundación ICO. O estudo presentouno o seu director, o profesor de Economía e Estabilidade Financeira do IE Business School, Fernando Fernández Méndez de Andés, e participou como moderador do debate o catedrático de Economía Aplicada da USC Luis Caramés Vieitez.

O obxectivo desta colaboración tradúcese na confección dunha publicación anual para pór a disposición do lector os importantes cambios que se produciron en 2015 na unión monetaria, fiscal, económica e política, sinalando os acertos, as limitacións e as súas posibles insuficiencias.

Resumo de prensa:

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e a delegación do Instituto Español de Analistas Financeiros en Galicia presentan o Anuario do Euro 2015 (Xornal da USC)

Economista dice que interés del 0% es una "transferencia fiscal encubierta" (Inversión&Finanzas.com)

lunes, 22 de febrero de 2016

Encontro de Profesionais das asociacións de FEGADACE

A Facultade colabora por segundo ano consecutivo coa Federación Galega de asociacións de persoas con daño cerebral adquirido (FEGADACE) na celebración do Encontro que tivo lugar o pasado 25 de febrero. Neste encontro profesionais da logopedia, terapia ocupacional, psicoloxía/neuropsicoloxía, fisioterapia, terapia ocupacional e auxiliares de enfermería das cinco entidades membro de FEGADACE reunense co obxectivo de poner en común boas prácticas na abordaxe do dano cerebral e na atención a persoas e familias con esta discapacidade.

Noticia na web de FEGADACE.

viernes, 27 de noviembre de 2015

Encuentro "Vuelve el mundo que viene"


El miércoles, 25 de noviembre, en el Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, la Asociación para el Progreso Directivo (APD), organizó el Encuentro: Vuelve el Mundo que viene: El Futuro ya está aquí, una jornada a la que asistieron más de 400 directivos gallegos, y en la que nuestra facultad, gracias a la alianza que mantiene con esta Asociación, tuvo su representación con un grupo de alumnos, de diversos cursos de grado y posgrado, que pudieron ampliar sus conocimientos con las interesantes ponencias que impartieron altos directivos de destacadas empresas de nuestro país.
 
Una representación del grupo de estudiantes qiue participaron
en el Ecuentro organizado por APD
En las jornadas se debatieron temas de gran importancia en el actual entorno empresarial como el impacto de las nuevas realidades tecnológicas de la mano de D. Francisco Román (Presidente de VODAFONE), D. Daniel Carreño (Presidente de GENERAL ELECTRIC), D. Isaac Hernández (Enterprise Country Manager Iberia de GOOGLE ESPAÑA) y D. Federico Steinberg (Investigador principal de economía y comercio internacional del REAL INSTITUTO ELCANO); El futuro del mercado laboral y la importancia de la captación de talento en las empresas impartidas por Dña. Sarah Harmon (Directora en España de LINKEDIN) y Dña. Encarna Maroño (Directora de recursos humanos del GRUPO ADECCO); y la responsabilidad social corporativa ante el cambio climático y la integración de las personas, con los ponentes Dña. Teresa Ribera (Directora del INSTITUTO DE DESARROLLO SOSTENIBLE Y RELACIONES INTERNACIONALES), D. Cristóbal Colón (Presidente de LAFAGEDA) y D. Senén Ferreiro (Presidente de VALORA CONSULTORES).