jueves, 4 de mayo de 2017

Optimización Económica con GAMS

João Paulo Cerdeira Bento
Do 9 ao 11 de maio terá lugar na Facultade o curso de Optimización Económica con GAMS, aberto a todo o profesorado e alumnado que queiran iniciarse no estudo da optimización económica e na programación en GAMS. O curso vai ser impartido polo profesor João Bento da Universidade de Aveiro, invitado polo Departamento de Economía Cuantitativa, onde vai realizar unha estadía mediante o programa Erasmus+.
 
O curso terá lugar de 16 a 18 horas, na aula de informática 6 desta Facultade. O software GAMS é libre e pode instalarse nos ordenadores particulares.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario