domingo, 2 de diciembre de 2018

CLAUSURA DO 50 ANIVERSARIO DOS ESTUDOS DE ECONOMÍA EN GALICIA



A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago acolleu o peche do 50 aniversario dos seus estudos en Galicia, cunha serie de eventos previos a un acto de clausura no que participaron Mar Lorenzo, vicereitora de Comunicación, Cultura e Servizos da Universidade de Santiago; Carmen Pomar Tojo, conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional; e María Emilia Vázquez Rozas, decana en funcións da Facultade.

Emilia Vázquez fixo un percorrido pola andaina de oito anos no decanato e das distintas celebracións co gallo do 50 aniversario; agradecendo o traballo e maila colaboración de numerosas personalidades e institucións.

“Foi para min unha honra estar ao fronte dunha Facultade que tivo un relevante papel no desenvolvemento de Galicia, na nosa economía e cultura, unha facultade de prestixio que procurei incrementa e cando menos manter”, sinalou Vázquez.


Máis dun ano cheo de actividades

Concluía deste xeito máis dun ano de celebracións vertebradas nun programa de actos conmemorativo que xuntou figuras galegas e internacionais da materia.

Pódense salientar nese abano o congreso “50 anos de economía galega”; a celebración da fase final da X Olimpíada Española de Economía; a reunión da Conferencia Española de Decanas e Decanos de Economía e Empresa (CONFEDE); o “Encontro de profesorado de Economía e Empresa de ensino medio e superior”; ou o “Encontro Universidade – Empresa APD”, entre outras propostas.

Actos desenvolvidos na xornada de clausura

Antes do peche, a xornada de clausura comezou cunha reunión do Comité Consultivo da Facultade compostelá.

A continuación presentouse o Catálogo de obras de arte do centro, nunha sesión coa participación do catedrático e ex decano José Carlos de Miguel e máis de José Manuel García Iglesias, catedrático de Historia de Arte Moderna e Contemporánea.

 
 
 
 
María del Carmen Guisán, directora da Revista Galega de Economía, e a decana en funcións Emilia Vázquez mostraron o número extraordinario da Revista, que recolle as participacións e conclusións do Congreso “50 anos de economía galega”, celebrado o mes de abril dentro do calendario de actividades do aniversario.

 
 
 
Pola súa banda, a mesa redonda “Os 50 anos de Economía Galega na prensa” abordou a vinculación entre estes dous campos, coa presenza de Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación; os profesores Xaime Barreiro e José Antonio Varela; e mailos xornalistas Sofía Vázquez (La Voz de Galicia) e Xavier Cea (El Correo Gallego).

Precisamente o tratamento da economía pola prensa é o eixo da exposición que xa se exhibe no centro e que conta coa colaboración de La Región, El Progreso, Faro de Vigo, El Correo Gallego e La Voz de Galicia.

Achega un total de 45 capas e de páxinas destacadas desde 1968, ano de inicio dos estudos de economía en Galicia e da inauguración da Facultade compostelá, e supón unha viaxe ao longo do tempo.
 

lunes, 19 de noviembre de 2018

Economía Social: encuentro entre académicos, administración y sector


 
O 8 de novembro tivo lugar na Facultade de Ciencias Económicas Empresarias o I Encontro Universidade Economía Social, un foro que nace co obxectivo de sentar as bases dunha colaboración estable entre a academia e o sector de Economía Social de Galicia.
 
O foro, moderado pola directora do CECOOP, Mª Teresa Cancelo, contaba coa participación tanto de docentes da USC especialistas no tema, como de persoas externas á universidade e coñecedores do sector. Isto permitiu que tivese lugar un debate variado no que se expoñía tanto a visión máis teórica como unha versión práctica da situación, o que permitiu aos asistentes desfrutar de un coloquio enriquecedor sobre as cooperativas galegas e o trato que se lle da na nosa comunidade autónoma.
 
Debido a esta dobre visión da economía social se puido conversar sobre os problemas que afronta a Economía Social en Galicia. Ten especial importancia a coordinación de ambas visións, teórica e prácticas, xa que normalmente son vistas como completamente opostas, cando en realidade son dúas caras da mesma moeda, que se deben traballar á vez para que as cooperativas consigan os seus obxectivos.



Na exposición de Telmo Otero se mostrou a efectividade de este traballo conxunto no sector lácteo galego. Outras exposicións, como a de Ana Olveira, mostraban distintas liñas de investigación importantes en Galicia sobre Economía Social. Estas presentacións víronse complementadas por outras, que mostraron os recursos que a USC aporta ao servizo da Economía Social.
En definitiva, o foro estableceu un punto decisivo na relación entre a Universidade e a Economía Social en Galicia, que aporta grandes esperanzas a un sector en pleno desenvolvemento e que non recibe a atención necesaria a pesar do gran peso que ten na nosa economía.

Adrián Sánchez Cerneira
Alumno de 4º curso do Grado en ADE
 
 
 

domingo, 21 de octubre de 2018

Xornadas Internacionais sobre Economía Circular, Proximidade, Territorio e Cadeas de Valor


Os próximos días 25 e 26 de outubro celébrase na Facultade as Xornadas Internacionales sobre Economía Circular, Proximidade, Territorio e Cadeas de Valor. Organizadas polo Master en Desenvolvemento económico e innovación e o Grupo de Investigación ICEDE, terán lugar no Salón de Graos. A ENTRADA É LIBRE.


PROGRAMA

Día 25 de outubro de 2018

09:30 ‐10:00. Apertura das xornadas. Presidente da Deputación da Coruña (Por confirmar), Gumersindo Feijoo Costa (Vicerreitor de Planificación e proxección estratéxica da USC) , Xavier Vence Deza (Coordinador das xornadas)
BLOQUE 1: A ECONOMÍA CIRCULAR EN EUROPA

10:00 11:00. René Santamaria Arinas (Profesor de Dereito Administrativo da Universidad de la Rioja): El despliegue normativo del Plan de Acción de la UE para la economía circular: análisis de las directivas de 30 de mayo de 2018”
11:00 11:30. Debate.

11:30 12:00. Pausa Café

12:00 13:00. Leandro Llorente González (Investigador do grupo ICEDE, USC): “Evolución comparativa da Economía Circular nos estados da UE: Unha análise empírica”.
13:00 13:30. Debate.

BLOQUE 2: ECONOMÍA CIRCULAR E TERRITORIO

15:30 – 16:00. Xavier Vence Deza (Catedrático de Economía Aplicada da USC, director do Master DEIN e do GI ICEDE) “Economía Circular: proximidade e cambios na xeografía das cadeas de valor: unha oportunidade para o desenvolvemento territorial”
16:00 16:30. Debate.

16:30 17:30. Carlos Tapia García (Doutor en Xeografía pola UPV, Investigador en TECNALIA Research & Innovation, coord. proxecto GREECO‐ ESPON) “Explorando los impactos territoriales de la economía circular en Europa: una perspectiva regional”
17:30 18:00. Debate.

18:00 18:30. Pausa Café

18:30 ‐19:00. Gumersindo Feijoo Costa (Catedrático de Enxeñería Química da USC e Coord. Máster en Enxeñería Ambiental). “Ideas para a Estratexia Galega de Economía Circular”
19:00 19:30. Debate.

Día 26 de outubro de 2018

BLOQUE 3: CADEAS GLOBAIS DE VALOR, CADEAS CURTAS E ECONOMÍA CIRCULAR

9:30 10:30. Blandine Laperche (Profesora de economía na Université du Littoral‐Côte‐d'Opale (Dunkerke), presidenta do “Réseau de Recherche sur l’Innovation” e editora xefa do Journal of Innovation Economics and Management (I‐JIEM)): “Circular Economy, innovation and diversification of industrial regions: strengths and stakes”
10:30 11:00. Debate

11:00 11:30: Pausa Café

11:30 12:30. Kersty Hobson (Profesora de xeografía humana na Cardiff University, ex‐prof en University of Birmingham, Australian National University e University of Oxford): Where is the Circular Citizen? Critical perspectives on the CE agenda”
12:30 13:00. Debate.

13:00 14:00. Ángeles Pereira Sánchez (Profesora Economía Aplicada na USC e investigadora no grupo ICEDE, proxecto “Transition from linear to circular: Policy and Innovation”(R2PI)): “Modelos de negocio para a economía circular. Estudo de casos en Galicia”
14:00 14:15. Debate.

Pausa Xantar

16:00   16:30.  Hugo  Campos  Romero  (Investigador  doutoral,  grupo  de  investigación  ICEDE,  USC): “Aproximación á economía circular dende a perspectiva das cadeas globais de valor”
16:30 17:00. Debate.

17:00‐17:30. Manuel Santos Caruncho (Investigador doutoral, grupo de Investigación ICEDE‐USC, proxecto Transition from linear to circular: Policy and Innovation”(R2PI): “Cadeas curtas de valor e Economía Circular: O caso do sector agroalimentario”
17:30 18:00. Debate.

18:00 19:00. Raquel Haro Vázquez (Técnica de proyectos en AERESS (Asociación Española de Recuperadores de Economía Social y Solidaria) Preparación para la Reutilización: actividad clave para alcanzar los objetivos marcados en la Estrategia Europea de Economía Circular”
19:00 19:30. Debate.

19:30 - Clausura


Inauguración dos II Coloquios de Economía Aplicada

 
Tras un primeiro ciclo de coloquios celebrados o curso pasado, o departamento de Economía Aplicada quere invitar ao estudantado e profesorado da Facultade a participar nos II Coloquios de Economía Aplicada.
O primero vai ter lugar o mércores, 24 de ouctubre, ás 5 da tarde na aula B, e nel intervirán Mª Xosé Rodriguez Galdo e Mª del Carmen Guisán Seijas, catedráticas de Historia Económica e Econometría, respectivamente, para debatir sobre "O fin das mulleres coidadoras?: implicacións económicas e significados".
 



sábado, 20 de octubre de 2018

Alumnado de ADE en el Congreso Nacional de CFOs

Los alumnos/as de 4º curso del Grado en ADE fueron invitados por la "Asociación para el Progreso de la Dirección (APD), organización que viene colaborando con la Facultad en diversas actividades, a participar en el Congreso Nacional de Directivos Financieros (CFOs), que se celebró en Santiago, el pasado 27 de noviembre. Más de 100 estudiantes pudieron disfrutar de esta experiencia, una jornada completa de aprendizaje, fuera de las aulas, y de la mano de directiv@s de grandes empresas y expert@s del ámbito financiero.

miércoles, 5 de septiembre de 2018

BENVIDA AO NOVO ALUMNADO DO CURSO 2018-2019

 
Querido alumn@s de primeiro curso:
 
Comenza una nova etapa na vosa formación. Xa sodes universitari@s!!!
Esperamos que comencedes con moita ilusión esta carreira pola vosa preparación de cara ao mercado laboral que precisa de profesionais ben preparados, tanto dende o punto de vista técnico como persoal, para afrontar os importantes retos do mundo económico e empresarial.
 
 
O barco ponse en marcha e temos que remar todos xuntos: alumnado, profesorado e persoal de servizos. Por iso imos comenzar cun acto de benvida especialmente pensado para todos vos, e que vai ter lugar o LUNS, 10 DE SETEMBRO, ÁS 9:00 HORAS NA AULA A DA FACULTADE.
 
Alí vos daremos toda a información que precisades para comenzas con bó pé o Grao, así como información doutros servizos da USC que ofrecen actividades moi interesante e complementarias para a vosa formación integral, para que vos sintades realmente membros desta gran comunidade que é a USC.

O equipo decanal:

Decana
 Emilia Vázquez Rozas
Vicedecano de Estudantes e Intercambios
Alejandro Ballesteros Ron
Vicedecano de Asuntos Académicos
Fidel Martínez Roget
Vicedecano de Economía e Infraestruturas
Leandro Benito Torres
Vicedecana de Innovación, Relacións coas Empresas e Institucións
Loreto Fernández Fernández
Secretario/a de Facultade
 Mercedes Tato Rodríguez

ENLACES DE INTERÉS:

- 50 Aniversario dos Estudos de Economía en Galicia
- Facebook da Facultade

- Biblioteca da USC
- DEPORTES: Servizo de Deportes
- CULTURA: Área de Cultura
- VOLUNTARIADO: Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU)
- IDIOMAS: Centro de Linguas Modernas
- Asociacións estudiantís
- Campus virtual para alumnado
- Área de Orientación Laboral e Emprego
- Portal Internacional
- Oficina de Información Universitaria (OIU)



miércoles, 4 de abril de 2018

Premio para o profesor óscar Rodil

Hoxe, 4 de abril, tivo lugar no Salón de Graos do Colexio de San Xerome o acto de entrega do I PREMIO Á PROMOCIÓN DA USC NOS DESTINOS INTERNACIONAIS, cuxo 1º premio na área de Ciencias Sociais e Xurídicas recaeu en Óscar Rodil Marzábal, profesor da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Este premio foi convocado en convocatoria aberta e competitiva pola Vicerreitoría de Internacionalización da USC co obxectivo de promocionar e visibilizar a USC nos destino da mobilidade internacional, en liña coa acción 4.1. do Plan Estratéxico de Internacionalización da Universidade de Santiago de Compostela.

Mais información no Xornal da USC.

lunes, 19 de febrero de 2018

Xornada sobre o estado actual do emprendemento entre os universitarios

No marco da celebración dos 50 anos dos estudos de economía de Galicia, o equipo GEM Galicia organizou o pasado venres 16 de febrero, en colaboración coa Secretaría Xeral de Universidades, unha xornada na que se analizou o estado actual do emprendemento entre os universitarios españois e, en particular, galegos.
 
Na sesión abordouse ademais esta temática desde a perspectiva de xénero, dados os resultados do último informe do Global Entrepreneuship Monitor (GEM) realizado por un equipo de investigadores da USC.
 
A xornada foi inaugurada ás 12.00 horas polo secretario xeral de Universidades, José Díez de Castro, acompañado do adxunto ao reitor para Transferencia, Innovación e Emprendemento, José M. Cotos, e a decana do centro, Emilia Vázquez.
 
Na mesa redonda, moderada pola profesora da USC e directora de GEM Galicia, Loreto Fernández, participaron catro especialistas que explicaron a realidade da cuestión no momento actual. A doutora Maribel Guerrero, actualmente na Universidade de Newcastle (UK) deu a coñecer os resultados do Observatorio de Emprendemento Universitario en España CISE-CRUE-RedEmprendia, do que é autora. A profesora da USC e directora técnica do Informe GEM Galicia, Isabel Neira, fixo unha análise da situación no sistema universitario galego.
 
O emprendemento universitario desde unha perspectiva de xénero foi o tema tratado pola técnica de transferencia de coñecemento no Programa Woman Emprende da USC, Eva López, e a promotora da empresa Situm, Cristina Gamallo.
 
 
Tendencia ao emprendemento
 
Segundo datos do Observatorio de Emprendemento Universitario CRUE-CISE-RedEmprendia no que participou o equipo GEM da USC, un terzo dos universitarios españois que cursan últimos cursos manifesta a intención de emprender en poucos anos. Os resultados do Informe GEM-Galicia 2016 corroboran esta tendencia maior a emprender entre a comunidade universitaria fronte á poboación xeral en Galicia (37% fronte a 13% entre 25-44 anos).
 
O proxecto GEM
 
O Global Entrepreneuship Monitor (GEM) é un observatorio internacional para analizar e avaliar o impacto da actividade emprendedora no crecemento económico. En España o proxecto lidérao o Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE).
 
Galicia sumouse a esta iniciativa en 2005 cun equipo configurado na actualidade pola USC, o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Asociación de Novos Empresarios (FEGAXE), coa colaboración da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia.

jueves, 28 de septiembre de 2017

Mª del Carmen Guisán, una de las investigadoras más destacadas a nivel mundial

La profesora Mª del Carmen Guisán Seijas, Catedrática de econometría de la USC, es una de las mejores economistas del mundo por numero de referencias en publicaciones académicas. Según el ranking que elabora el portal Ideas desde hace 20 años, la profesora Guisán aparece en un destacado sexto lugar entre las escasas investigadoras españolas del ranking mundial.

En el ranking total por autor se encuentra en un destacado puesto 19. Entre los 100 primeros autores de este ranking se encuentran también los profesores María Loureiro (en el puesto 62) y Juan Carlos Reboredo (en el 79), ambos del departamento de Fundamentos de Análisis Económico. La Facultad de CC. Económicas y Empresariales, como centro de investigación, figura al nivel 15º en el 25% top de instituciones de España.

En el artículo publicado por eldiario.es, "La paradoja de las investigadoras en economía: más presencia en países donde su trabajo no tiene prestigio", se ofrece un interesante análisis sobre el papel de las mujeres en el campo de la investigación económica en el mundo.

viernes, 8 de septiembre de 2017

BENVIDA AO NOVO ALUMNADO

Hoxe tivemos o pracer de recibir e dar a benvida aos estudantes de 1º curso de Economía e de ADE que o próximo luns comezarán as clases e a súa etapa de formación universitaria. Na sesión, que tivo lugar na aula A do centro, casi chea de xente nova, os membros do equipo decanal e representantes doutros servicios universitarios (como a biblioteca, campus na nube, asociacións estudantís) informaron dalgunhas das cuestións fundamentais relacionadas co comezo do curso e que poden facilitar aos estudantes a súa integración na vida académica.

No curso 2017-2018 se conmemoran os 50 anos do comezo dos estudos de Economía en Galicia. A primeira promoción, (1967-1972) de economistas saídos da USC, única universidade galega nos comezos, celebra polo tanto as súas bodas de ouro. Nestes 50 anos son moitos os cambios que tiveron lugar en Galicia e na nosa Universidade, e por iso imos ofrecer diversos actos e eventos aos que todos os estudantes están invitados. Vos iremos informando neste blog de todas as novas ao respecto. E para que recibades una alerta no voso correo electrónico cada vez que haxa unha nova entrada, só tedes que inserir o voso enderezo na caixa que aparece ao final deste blog (e premer submit).

Como xa vos adiantamos, se estades interesados en participar como voluntarios nos actos do 50 aniversario só tedes que facilitarnos os vosos datos. Podedes atopar toda a información premendo neste enlace. Animádevos! E BO COMEZO DE CURSO!


Ir a pagina de facebook de la Facultad de CCEE.