Estas preparad@ para o teu primeiro día de traballo?
O 8 de abril tivo lugar a primeira actividade da axenda de formación e empregabilidade: Pensando no teu futuro?.O alumnado da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela que vai realizar prácticas na convocatoria de primavera participou no taller formativo "Estás preparad@ para o teu primeiro día de traballo?" impartido por Natividad Mosquera Barros e Antia Blanco Espiñeira, dúas excelentes profesionais na xestión dos recursos humanos que lle ofreceron unha guía práctica para comezar a súa carreira profesional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario