jueves, 28 de mayo de 2015

Simposio CIPPCE 2015


Baixo o título "Novo espazo público: a emerxencia cultural", celebrouse hoxe no Salon de Graos da Facultade o Simposio do Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes. O CIPPCE é un centro propio da USC, promovido por oito grupos de investigación (entre eles a Rede de Investigadores en Demografía, Historia Económica e Migracións) e foi constituído en 2010 para promover o estudo científico dos fenómenos de emerxencia artístico-literaria e, máis en xeral, dos procesos culturais emerxentes.
 
A profesora Pilar Freire Esparís, do departamento de Historia e Institucións Económicas, e pertencente ao grupo de investigación RIDHEM mencionado) forma parte do Comité Organizador xunto cos profesores Eulalia Agrelo Costas, Arturo Casas, e Nieves Herrero Pérez.

Mais información aquí.

miércoles, 27 de mayo de 2015

IV Foro de Familias de Persoas con DCA

O sábado 30 de maio, tivo lugar na aula 7 da Facultade un evento dirixido as familias de personas con Dano Cerebral Adquirido (DCA), organizado pola Federacion Galega de Dano Cerebral, e coa colaboración da Facultade, no marco da sua política de responsabilidade social.

A Decana, Emilia Vázquez, acompañou aos representantes das distintas entidades presentes no foro, na entrega dun premio á Fundación Barrié, polo seu compromiso con esta asociación que defende as persoas con daño cerebral.

De esquerda a dereita, Miguel Blanco (Coordinador da Unidade de Ictus do CHUS e II Premio FEGADACE), Amalia Diéguez (Presidenta de FEDACE), Mª Isabel Pérez (Directora de Acción Social da Fundación Barrié), Emilia Vázquez (Decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais), Javier López (Director Xeral da Fundación Barrié), e José Balboa (Presidente de FEGADACE)


miércoles, 6 de mayo de 2015

A importancia da localización na rendibilidade do sector hoteleiro

Onte, no Salón de Graos da Facultade tivo lugar a defensa da tese de doutoramento ‘Impacto económico-financeiro da localización no sector hoteleiro español’, traballo realizado por Rubén Lado Sestayo  e pola que acadou a cualificación de Sobresaliente cum laude. Actualmente Rubén Lado Sestayo é xestor de innovación na Fundación Ramón Domínguez e membro do grupo de investigación de Valoración Financeira Aplicada (VALFINAP) da Universidade de Santiago de Compostela
 
A súa principal conclusión é que a localización exerce unha influenza significativa na rendibilidade, entrada de competidores e a probabilidade de fracaso no sector hoteleiro español. A investigación realizada supón unha adaptación dos modelos teóricos de localización e a súa aplicación empírica, con carácter inédito, ao sector hoteleiro español. De xeito particular, os resultados obtidos sinalan que a rendibilidade dos hoteis depende en grande medida da estrutura de mercado e o nivel de demanda en cada un dos 97 puntos turísticos existentes no territorio español, unha vez consideradas outras características propias deste tipo de empresas.
 
Asemade, Rubén Lado subliña no traballo a necesidade de potenciar a mellora do capital humano, dado que xera un efecto de atracción de novos competidores, destacando así a existencia de externalidades de coñecemento. Neste senso, o autor destaca a importancia das políticas públicas como vehículo que permite modificar a situación actual do entorno competitivo, o cal incide directamente na dinámica empresarial.
 
A tese de doutoramento conclúe coa exposición dun modelo de predición da creba empresarial desenvolvido especificamente para o sector hoteleiro, onde non só se inclúen ratios financeiros propios de cada hotel senón tamén variables propias do punto turístico onde opera. Como futura liña de traballo Rubén Lado salienta a necesidade de centrar o foco da análise no estudo de localizacións específicas que caracterizan recursos turísticos relevantes na contorna como, por exemplo, o Camiño de Santiago.
 

Os profesores da USC Luis Otero e Isabel Neira dirixiron a tese de doutoramento que foi avaliada por un tribunal integrado por José Antonio Laínez Gadea, da Universidade de Zaragoza; Ignacio Rodríguez del Bosque, da Universidade de Cantabria; Santiago Lago Peñas, da Universidade de Vigo; Anxo Calvo Silvosa, da Universidade da Coruña; e Fidel Martínez Roget, da USC.