domingo, 30 de junio de 2013

I PROMOCION DE GRADUADOS/AS EN A.D.E. DA USC

NORABOA!


Esta é a I Promoción de Graduados en Administracion e Dirección de Empresas da Universidade de Santiago. Foron apadriñados por Philippe Alluard, Presidente de Iberia, África e Mediterráneo da marca de reloxos e cronógrafos de luxo Tag-Heuer, que estivo representado no acto de graduación, celebrado o pasado 8 de xuño, por Blanca Panzano, Directora de marketing da empresa.
 
Esta firma convocou para os graduados/as desta promoción os Premios Tag-Heuer 2013, nos que tamén colabora a xoiaría Jael de Santiago. Os premios teñen por obxecto recoñecer os valores académicos e personais demostrados ao longo da carreira entre os estudantes desta promoción, e inclúen tres modalidades. Un deles, ao MELLOR COMPAÑEIRO/A DA PROMOCION, foi concedido, por votación dos propios estudantes, a Diego Silva, e foi entregado no transcurso do acto de graduación. Na web da Facultade (pincha aqui) pódense descargar as bases que regulan as outras dúas modalidades, que serán falladas en setembro, concretamente.
A) Ao MELLOR EXPEDIENTE ACADÉMICO, que recoñece os resultados académicos obtidos ao longo de toda a carreira.
B) Ao ESTUDANTE MÁIS PROACTIVO, que recoñece a iniciativa dos estudantes na participación en actividades complementarias ás que marca o propio CV académico, así como a súa implicación en accións que complementan a súa formación integral.


Philippe Alluard, presidente de TAG Heuer Iberia, África y Mediterráneo.