A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da
Universidade de Santiago acolleu o peche do 50 aniversario dos seus estudos en
Galicia, cunha serie de eventos previos a un acto de clausura no que
participaron Mar Lorenzo, vicereitora de Comunicación, Cultura e Servizos da
Universidade de Santiago; Carmen Pomar Tojo, conselleira de Educación,
Universidade e Formación Profesional; e María Emilia Vázquez Rozas, decana en
funcións da Facultade.
Emilia Vázquez fixo un percorrido pola andaina de oito
anos no decanato e das distintas celebracións co gallo do 50 aniversario;
agradecendo o traballo e maila colaboración de numerosas personalidades e
institucións.
“Foi para min unha honra estar ao fronte dunha
Facultade que tivo un relevante papel no desenvolvemento de Galicia, na nosa
economía e cultura, unha facultade de prestixio que procurei incrementa e cando
menos manter”, sinalou Vázquez.
Máis dun ano cheo de actividades
Concluía deste xeito máis dun ano de celebracións vertebradas
nun programa de actos conmemorativo que xuntou figuras galegas e internacionais
da materia.
Pódense salientar nese abano o congreso “50 anos de
economía galega”; a celebración da fase final da X Olimpíada Española de
Economía; a reunión da Conferencia Española de Decanas e Decanos de Economía e
Empresa (CONFEDE); o “Encontro de profesorado de Economía e Empresa de ensino
medio e superior”; ou o “Encontro Universidade – Empresa APD”, entre outras
propostas.
Actos desenvolvidos na xornada de
clausura
Antes do peche, a xornada de clausura comezou cunha
reunión do Comité Consultivo da Facultade compostelá.
A continuación presentouse o Catálogo de obras de arte
do centro, nunha sesión coa participación do catedrático e ex decano José
Carlos de Miguel e máis de José Manuel García Iglesias, catedrático de Historia
de Arte Moderna e Contemporánea.
María del Carmen Guisán, directora da Revista Galega
de Economía, e a decana en funcións Emilia Vázquez mostraron o número
extraordinario da Revista, que recolle as participacións e conclusións do
Congreso “50 anos de economía galega”, celebrado o mes de abril dentro do
calendario de actividades do aniversario.
Pola súa banda, a mesa redonda “Os 50 anos de Economía
Galega na prensa” abordou a vinculación entre estes dous campos, coa presenza
de Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación; os
profesores Xaime Barreiro e José Antonio Varela; e mailos xornalistas Sofía
Vázquez (La Voz de Galicia) e Xavier Cea (El Correo Gallego).
Precisamente o tratamento da economía pola prensa é o
eixo da exposición que xa se exhibe no centro e que conta coa colaboración de
La Región, El Progreso, Faro de Vigo, El Correo Gallego e La Voz de Galicia.
Achega un total de 45 capas e de páxinas destacadas
desde 1968, ano de inicio dos estudos de economía en Galicia e da inauguración
da Facultade compostelá, e supón unha viaxe ao longo do tempo.
En la Entrada 40 del Blog de la Asociación Hispalink-Galicia se incluyen los índices del interesante Volumen 37-3, del año 2018, dedicado al "50 Aniversario de los estudios de Economía en Galicia", que ha contado con la colaboración de dos ex-Presidentes de la Xunta de Galicia, Profesoras y Profesores de varias universidades y otros prestigiosos profesionales de la Economía. Hay acceso a los artículos en gallego y en español: https://hispalinkgalicia.blogspot.com
ResponderEliminar