O 8 de novembro tivo lugar na Facultade de Ciencias Económicas
Empresarias o I Encontro
Universidade Economía Social, un foro que nace co obxectivo de sentar as bases dunha colaboración
estable entre a academia e o sector de Economía Social de Galicia.
O foro, moderado pola directora do CECOOP, Mª Teresa Cancelo, contaba
coa participación tanto de docentes da USC especialistas no tema, como de
persoas externas á universidade e coñecedores do sector. Isto permitiu que tivese
lugar un debate variado no que se expoñía tanto a visión máis teórica como unha
versión práctica da situación, o que permitiu aos asistentes desfrutar de un
coloquio enriquecedor sobre as cooperativas galegas e o trato que se lle da na
nosa comunidade autónoma.
Debido a esta dobre visión da economía social se
puido conversar sobre os problemas que afronta a Economía Social en Galicia.
Ten especial importancia a coordinación de ambas visións, teórica e prácticas,
xa que normalmente son vistas como completamente opostas, cando en realidade
son dúas caras da mesma moeda, que se deben traballar á vez para que as
cooperativas consigan os seus obxectivos.
Na exposición de Telmo Otero se mostrou a efectividade de este
traballo conxunto no sector lácteo galego. Outras exposicións, como a de Ana Olveira,
mostraban distintas liñas de investigación importantes en Galicia sobre Economía Social.
Estas presentacións víronse complementadas por outras, que mostraron os
recursos que a USC aporta ao servizo da Economía Social.
En definitiva, o foro estableceu un punto decisivo na relación entre a
Universidade e a Economía Social en Galicia, que aporta grandes esperanzas a un
sector en pleno desenvolvemento e que non recibe a atención necesaria a pesar
do gran peso que ten na
nosa economía.
Adrián Sánchez Cerneira
Alumno de 4º curso do Grado en ADE
No hay comentarios:
Publicar un comentario