miércoles, 12 de septiembre de 2012

BENVIDA AOS ESTUDANTES DE PRIMEIRO

Hoxe tivo lugar na Aula B da Facultade unha xornada de benvida aos estudantes que se incorporan por primeira vez como membros do noso, nos grados de Economía e ADE.  A asistencia foi masiva, o que queremos agradecer a todos e todas polo interese demostrado.
No acto interveu a Decana da Facultade, Dna. Emilia Vázquez, e os membros da equipa decanal, así como os representantes das asociacións estudiantís con representación no centro: a Liga Estudiantil Galega, Asociación de Estudantes de Economía e Empresa (AEE), JEMSA Junior Empresa e o Club Emprende M.A.S., que explicaron aos novos estudiantes os seus obxectivos e lles animaron a participar de xeito activo na vida universitaria.
Como remate do acto, o Decano do Colexio de Economistas de A Coruña, D. Roberto Pereira, dedicou unhas palabras aos estudantes, animándolles a complementar a formación que agora comenzan con calquera tipo de actividades que lles permita desenvolver as competencias profesionais que lles vai demandar o seu futuro laboral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario