Os próximos días 3 e 4 de maio terá lugar na Facultade as xornadas de presentación dos Puntos de Atención a Emprendedores (P.A.E.) da USC e o II Programa Impulso Bancaja.
Esta iniciativa é fruto da estreita colaboración que ven desenvolvendo a USC a través da Cátedra Bancaja Mocidade Emprendedora, coa entidade Bancaja, a Fundación Incyde e a Cámara de Comercio de Santiago, no fomento do espírito emprendedor e o apoio aos universitarios na posta en marcha de proxectos emprendedores e creación de novas empresas. Nestas xornadas preténdese reforzar a interacción e o intercambio de ideas, proxectos e experiencias, o que queda reflectido nun programa que inclúe a presentación de recursos para o emprendemento dentro da USC, experiencias emprendedoras de éxito e talleres para os/as estudantes que quieran iniciarse e coñecer máis de cerca as posibilidades de desenvolver os seus proxectos. Coa creación dos P.A.E. nos campus Vida, Norte e de Lugo, a USC ven a centralizar a información e recursos a disposición dos estudantes emprendedores nunha "ventanilla única".
Para máis información pincha aqui.
Descargar o PROGRAMA
Facer INSCRICIÓN on line.
No hay comentarios:
Publicar un comentario