miércoles, 30 de octubre de 2013

Semana do Cooperativismo na USC

Na próxima semana, do luns 4 ao venres 8 de novembro vai ter lugar a Semana do Cooperativismo da USC, unha oportunidade para achegarse á economía social como fórmula para a xeración de riqueza e emprego. Durante a semana vanse levar a cabo tres tipos de actividades:
  • A Xornada Universocoop: o mércores 6 de novembro, a partir das 9:00 h na Facultade. Presentaranse cuestións técnicas sobre o cooperativismo e experiencias de cooperativas reais formadas por universitarios e universitarias.
  • A exposición "Descubre as cooperativas", tamén na Facultade. A través dun formato visual e interactivo permite coñecer as cooperativas e os pasos precisos para acceder ao autoemprego baixo esta fórmula.
  • A Escola Cooperativa móbil, situada no Campus Vida (sur), cunha programación de obradoiros durante toda a semana.
Todo o estudantado está convidado a participar en calquera destas actividades de xeito gratuíto.
Para calquera información adicional, tedes o enderezo: info@eusumo.coop ou no teléfono: 678 759 079.
Para descargar os programas das distintas actividades ir a web da Facultade (aquí)
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario