Os profesores da Facultade Angela Troitiño e Sebastian Villasante coordinan o monográfico "Economía da desigualdade" da Revista Galega de Economía.
No traballo preséntanse estudos teóricos e empíricos que poñen de releve que o tipo de modelo económico en Europa xerou unha maior desigualdade e pobreza. A austeridade, “diseminada como un dogma de fe entre os responsables económicos e políticos, deriva no recorte dos programas sociais, “esenciais para o mantemento do benestar da poboación, reducíndose así o papel compensador do sector público sobre as cada vez máis crecentes desigualdades do mercado”, afirman os coordinadores.
Máis información no Xornal da USC.
No hay comentarios:
Publicar un comentario