Alejandro Amoedo Martínez, Director Económico-Financeiro do Grupo Puentes, compartiu cun concurrido auditorio a súa experiencia como responsable financeiro do grupo galego Puentes, a empresa líder no noso país na construccción de viaductos e vías do AVE.
O poñente comenzou a súa exposición facendo unha descripción das distintas funcións que asume o responsable financeiro en función do tamaño da empresa, así como da estructura do seu departamento e funcións que asumen os distintos postos de traballo. Posteriormente referiuse á como evoluciona a carreira profesional máis frecuente dentro deste departamento e respostou as diversas cuestions que foron surdindo entre os estudiantes asistentes a esta conferencia, que se enmarca no Curso de Competencias Profesionais do Economistas que se está a desenvolver os venres as 12:00 h, no Salón de Graos da nosa facultade.
A próxima cita é o venres 6 de maio, e contaremos con Francisco Botas Ratera, Director General do Banco Etchevarria, e Juan Luis Vargas Zúñiga, Director de Banca Privada e Mercados do Banco Etchevarría. A sesión está aberta a todos os interesados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario