martes, 3 de mayo de 2011

As relacións da empresa coa administración electrónica

O reitor da USC, Juan Casares Long, inaugurou hoxe as xornadas "As relacións da empresa coa administración electrónica", que se están a celebrar no Salón de Graos ata o xoves 5 de maio. 
O encontro, co organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), o Centro de Estudos Cooperativos da USC e a Xunta de Galicia, reúne a expertos que abordarán a Administración electrónica desde o punto de vista do acceso da cidadanía aos servizos públicos, a contratación, a facturación, a protección de datos ou a informatización das cooperativas, entre outros aspectos.
No acto de apertura participaron, ademais do reitor, a secretaria xeral de Modernización e Innovación, Tecnolóxica, Mar Pereira; o director do Centro de Estudos Cooperativos da USC, Manuel Botana; o director xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Odilo Martiñá; o presidente do CPEIG, Fernando Suárez; e a decana da Facultade anfitrioa, Emilia Vázquez Rozas.
A continuación interveu o avogado especialista en TIC Miguel Ángel Davara co relatorio ‘Acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos’. Xa pola tarde tivo lugar unha mesa redonda sobre empresa e administración electrónica na que interviron o presidente do Consello Galego de Colexios de Economistas, Roberto Pereira Costa; o presidente de Blusens, José Ramón García González; o conselleiro delegado de PLEXUS, Antonio Agrasar Cascarllar; e o presidente da FEGAMP, Carlos Fernández Castro. (Tomado do Xornal electrónico da USC)

No hay comentarios:

Publicar un comentario