lunes, 30 de mayo de 2011

O investigador Alfredo Macías recibiu o primeiro Premio de Economía Mundial

O investigador Alfredo Macías Vázquez, do Departamento de Historia e Institucións Económicas, recibiu o 1º Premio de Economía Mundial ‘José Luis Sampedro’ que anualmente convoca a Sociedade de Economía Mundial e que este ano chegaba á súa cuarta edición. O premio ao investigador da USC foille concedido en San Sebastián no marco da XII Reunión de Economía Mundial, pola comunicación titulada "Replanteamiento de la cooperación financiera multilateral en los países de bajos ingresos en el contexto de la crisis global". A comunicación premiada, que agora se publicará na Revista de Economía Mundial, pretende abrir unha reflexión sobre a necesidade dunha reconsideración da cooperación financeira cara aos países de baixos ingresos que promova unha nova xeración de políticas económicas. O investigador estima que esta medida permitiría estimular o desenvolvemento económico ao tempo que reducir a vulnerabilidade no contexto da actual crise internacional (Información: Xornal USC)

No hay comentarios:

Publicar un comentario