lunes, 28 de marzo de 2011

Actos Dia do Patrón do Centro


O próximo 5 de abril imos celebrar o acto académico organizado con motivo da festividade de San Vicente Ferrer, patrón da Facultade, ás 12:00 h, no salón de graos da Facultade. O desenvolvemento previsto do acto é o seguinte:


I. Apertura a cargo da vicerreitora de Economía e Infraestruturas, Dona Sara Cantorna Agra.
II. Intervención da Sra. decana da Facultade.
III. Recordo dos profesores recentemente falecidos.
IV. Entrega de diplomas dos Premios Extraordinarios de Doutoramento e de Licenciatura.
V. Entrega dos Premios á Calidade Lingüística da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
VI. Entrega do Premio Fulget 2010.
VII. Conferencia a cargo do prof. José Antonio López Taboada.
VIII. Clausura do acto.
Ao remate do acto, poderemos disfrutar dunha pequena actuación da cantante Lucía da Fonte no hall da Facultade, e posteriormente do tradicional viño galego na cafetería. Esperamos contar con todos vos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario