miércoles, 29 de mayo de 2013

Xornadas sobre cooperativas

O vindero 5 de xuño terá lugar na Facultade unha nova xornadas do ciclo "Súbeos ao emprego. Unha oportunidade en tempos de crise. Emprende cooperativas", promovidas pola Dirección Xeral de Cooperativas e Economía Social da Xunta de Galicia. Trátase dunha boa oportunidade para coñecer as vantaxes e particularidades do emprendemento en cooperativas fronte a outras formas xurídicas, a través de relatorios e experiencias de emprendemento cooperativo, así como un conxunto de recursos e ferramentas actuais para promover a inserción laboral. 


Tamén podes descargar o programa aquí.
 

 

miércoles, 22 de mayo de 2013

PROGRAMA ARGOS: Creando Equipos Emprendedores

No contexto de crise que estamos vivindo, hoxe máis que nunca faise necesario impulsar e apoiar aos emprendedores, que son a base do tecido produtivo da sociedade. Todos os organismos con competencia na materia, desde os europeos ata os autonómicos, están adoptando medidas e actuacións encamiñadas ao fomento do emprendemento. Neste senso, a Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE), Uninova e as Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago e Administración e Dirección de Empresas de Lugo queren facer un especial esforzo para dinamizar á comunidade universitaria en todo o referente á creación de empresas.

Con este Programa preténdese identificar a potenciais emprendedores e axudalos a crear empresas en colaboración cun equipo multidisciplinar. Dotalos dos coñecementos dun modelo empresarial contrastado así como das ferramentas adecuadas para a súa formación empresarial e para desenvolver o seu proxecto. 
Máis información aquí.