martes, 31 de enero de 2012

Posta en marcha da Aula Novos Emprendedores 2012

O mércores 1 de febreiro inaugúrouse a Aula Novos Emprendedores, unha iniciativa da Cátedra Bancaja Novos Emprendedores da USC. Na xornada, inaugurada polo Reitor da USC, a Directora Xeral do BIC Galicia e a Decana do centro, presentáronse as distintas actividades que se van desenvolver neste programa ao longo dos próximos tres meses, e que están relacionadas coa formación emprendedora dos estudantes.


Asimesmo, celebrouse unha mesa redonda na que tivemos ocasión de coñecer as experiencias emprendedoras de  Iago Pazos y Marcos Cerqueiro, de Abastos 2.0;  Carlos Fernández, de Moonbite-games; y Xacobe Sanz, de Ilusiones Mágicas, tres casos que demostran que aínda existe capacidade de innovación en todos os ámbitos empresariais.
Dous integrantes do Club Emprende M.A.S. (Mocidade Activa e Sinerxias) explicaron os obxectivos desta agrupación nacida no seno da Aula do año pasado e animaron a todos os compañeiros a formar parte deste proxecto. Por último, Xacobe Sanz cerrou a xornada cunha actuación de maxia.
Máis información: http://www.catedrabancajausc.es/

Certificación de calidade para o noso centro

Hoxe, a Vicerreitora de Calidad da USC fixo entrega á responsable de calidade da Facultade, Mercedes Tato, do certificado Fides-Audit que otorga a ACSUG, ANECA e AQU Catalunya conxuntamente, e que avala o traballo deselvolvido polo centro para garantir a calidade da súa oferta educativa e impulsar unha cultura de avance continuo.

martes, 17 de enero de 2012

Estudo sobre o "turismo académico"

Tres profesores da Facultade, Xosé A. Rodríguez González, Fidel Martínez Roget e Ewa Pawlowska, teñen aceptado o traballo "Academic tourism demand in Galicia, Spain" na prestixiosa revista Tourism Managament, no que poñen de manifesto a importancia do “turismo académico” en Galicia. Con este termo se fai referencia ás actividades realizadas polas persoas durante as súas estadías, de duración inferior a un ano, nas institucións de educación superior e fora do seu lugar de residencia habitual. O traballo ten un interese adicional posto que propón unha serie de recomendacións de cara ao deseño de políticas efectivas dirixidas a este segmento de turismo.
Nesta área de investigación a revista Tourism Management é a que conta co maior índice de impacto no Journal Citation Report (JCR).

jueves, 12 de enero de 2012

Presentación do programa do XIX Encontro de Economía Pública

O XIX Encontro de Economía Pública, baixo o lema ‘Políticas Públicas para a saída da crise’, reunirá a finais deste mes a profesores de preto de trinta universidades españolas así como de Melbourne, Galway, Torino, Michoacán, Copenhague, Atlanta ou Maryland, xunto a expertos da Comisión Europea, do Bundesbank, do Banco de España, do Banco Central Europeo ou do Consello de Contas, entre outros. (Xornal do 13/01/2012)
Toda a información na páxina web do XIX Encontro de Economía Pública.

Conferencia do Conselleiro de Industria no Mascomex

O alumnado da vixésimo primeira edición do Máster en Dirección e Xestión de Comercio Exterior da USC contou coa intervención no programa docente do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, quen animou ao alumnado na súa traxectoria formativa por atoparse nun ámbito de “enormes oportunidades de crecemento”. (Xornal do 12/01/2012)