Do 26 ao 30 de novembro celébrase na Facultade a Semana Cultural, promovida desde o Decanato e na que contaremos coa colaboración de diversas entidades e asociacións de estudantes nas distintas actividades programadas, que inclúen mesas redondas, cineforum, música, exposición de viñetas e concurso de videos. O programa detállase de seguido.
O luns 26, ás 12:00 h no Salón de Graos, presentaráse a programación da Semana e as bases da II Edición do concurso de pintura “CreArte na Universidade”, que
potencia e difunde a creación artística de todos os membros da comunidade universitaria
da USC. A continuación terá lugar unha mesa redonda sobre os “Modelos de edición de libros en galego”, organizada pola asociación de estudantes Liga Estudiantil Galega. Pola tarde, ás 17:00 h terá lugar o primero dos Cineforums organizados pola Cátedra Bancaja Novos Emprendedores e a Asociación Executivas de Galicia, baixo o título: “Perfís para un novo liderado”. Tralo visionado da película
"LA DAMA DE HIERRO" (Phyllida Lloyd, 2011), relato biográfico sobre a historia de Margaret Thatcher, terá lugar o debate, no que intervirán
Marta Costas Iglesias (Abogada e anterior vocal de Pontevedra da Asociación
Executivas de Galicia) e Mª Xosé Rodríguez Galdo (Catedrática de Historia
Económica da USC).
O martes 27, ás 11:00 h celebrarase o segundo Cineforum, baixo o título: Emprender en tempos de crise, coa proxección da película "EN UN MUNDO LIBRE" (Ken Loach, 2007) e o posterior debate no que intervirán: Sandra
Amézaga Menéndez (Vocal de Pontevedra da Asociación Executivas) e Romina García
Chas (Profesora do departamento de Organización de Empresas da USC). Pola tarde, a prtir das 16:30 h, na Aula B, os membros do Club de Debate Compostela farán unha exhibición para achegar aos estudantes ao DEBATE
DE COMPETICIÓN; nesta ocasión o tema a debatir é: “Deben ser
financiados os medios de comunicación convencionais polo Estado?”
O mércores 28 comenzarán as actividades ás 12:00 h no Salón de Graos, cunha mesa redonda sobre “MODELOS ALTERNATIVOS Á BANCA TRADICIONAL: POR UNHA
ECONOMÍA MÁIS SOLIDARIA”.Nesta mesa participan representantes de diversos proxectos de banca ética presentes en Galicia e coñeceremos o qué é a banca islámica e o seu posicionamento no mundo financeiro. Os poñentes son: Tamara Lemos. Directora de la oficina de Triodos Bank en A Coruña; Raul Asegurado. Responsable do proxecto Fiare
GZ; Mar Pernas. Integrante do
Consello de Sección de Galiza de COOP57; e Sami Ashour. Investigador do Dep. De Economía Financeira e
Contabilidade. Ao término desta mesa redonda, un grupo de estudantes da Facultade fará unha intervención musical.
Pola tarde, ás 16:30 h terá lugar no mesmo lugar un obradoiro sobre "O aprendizaxe como ferramenta para o desenvolvemento da cultura:
creando un novo paradigma. Mª Eugenia
Fernández e Carmen Fernández, de Arquetipos Consultores, levarán esta sesión que parte dos contidos do impactante documental:
“La educación prohibida”.
O xoves 29, membros do Club Emprede M.A.S. (Mocidade Activa e Sinerxias) presentarán no hall principal da facultade unha exposición de viñetas sobre a crise financeira, como preámbulo á gala de presentación dos videos finalistas do concurso “Tes 5 minutos...¡grávao e cóntanolo!", organizado
pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
O venres 30 clasurarase a Semana ás 12:00 h no Salón de Graos coa conferencia “Hoxe coa sombra espida do poeta”, de Paco
Pestana, artista e
poeta colaborador en prensa e revistas de arte, que ten realizado máis de cen exposicións entre colectivas y personales, destacando “Galicia no
Tempo”. A súa charla será presentada por Cristina
Carballedo, historiadora de arte y comisaria de exposiciones
Para máis información sobre estas actividades, podes acceder aos seguintes enlaces:
No hay comentarios:
Publicar un comentario