martes, 30 de abril de 2013

Conferencia MASCOMEX

No marco das actividades do Master en Dirección e Xestión de Comercio Exterior, vaise celebrar a conferencia "Design as an Agent of Change in the Enterprise", impartida por Phil Dickinson, un dos máis destacados deseñadores e creativos do sector da moda en prendas deportivas. Na súa dilatada experiencia profesional vinculada ás principales multinacionales do sector (Nike, Umbro e Goose), destaca especialmente su trayectoria en NIKE, unha empresa na que durante máis de 15 anos, desde seu posto de Director Creativo, foi protagonista dos numerosos cambios na súa estratexia de deseño e marketing, que a levaron a convertirse na líder mundial neste sector. A cita, aberta a todos/as os/as interesados/as, é o luns 6 de maio ás 16:00 horas no Salón de Graos da Facultade.

martes, 23 de abril de 2013

Actividades da semana na facultade

Temos unha semana plagada de actividades abertas a todos os estudantes. Tomade nota!
  • Mércores, 24 abril, ás 12:00 h no Salón de Graos.
Mesa redonda de clausura do ciclo de seminarios "Empléa-T". Contaremos con responsables de recursos humanos de empresas e doutras entidades que nos falarán das competencias e dos requisitos que na situación actual máis valoran os empregadores nos alumnos recén titulados. O debate conta co atractivo adicional de que unha unidade móbil de Radio Voz se trasladará á Facultade para gravar o debate, que dirixirá Eva Millán, e que será emitido o dia seguinte no seu programa. Os convidados ofrecerán claves interesantes acerca de como construír un currículo profesional de cara a axustarse ás demandas reais dos empregadores.
Participan: Álvaro Cela del Río (director de RR.HH. de CXG CORPORACIÓN CAIXAGALICIA), Wilfredo Meléndez Sancosmed (director de RR.HH. de Ges Consultores), Roberto Pereira (decano do Colexio de Economistas da Coruña)
  • Xoves, 24 abril, ás 18:30 h na aula 10.
Seminario sobre "Definicion de modelos de negocio a través do Canvas". Abordaranse os aspectos xerais desta metodoloxía desde un punto de vista teórico, deixando a aplicación práctica para un taller posterior. Esta sesión vai ser dirixida polo profesor Fernando Picón Garcia, do departamento de Organización de Empresas, que é promotor e consultor do Grupo OBZ (www.obz.es).
  • Venres, 26 de abril, ás 12:00 horas na aula 4.
Seminario "Inward Foreign Direct Investment in the European Union. Regional distribution and determinants", organizado polo Master en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica, que impartirá o profesor José Villaverde da Universidade de Cantabria.

lunes, 22 de abril de 2013

CONFERENCIA MASTER DEIN

O mércores 24 de abril, ás 17:00 h na aula 6, teremos como profesor invitado a Ihering Guedes Alcoforado, Profesor de Economía Aplicada da Universidade Federal da Bahia (Brasil). Especializado en Política e Planeamento, o profesor Alcoforado actúa principalmente nas áreas de política económica, ambiental e urbana, a partir dun cadro analítico neo institucionalista configurado na análise económica do dereito, en especial da economía do dereito de propiedade, economía dos contratos e economía da responsabilidade civil.

A conferencia que impartirá, baixo o título A regulamentação ambiental na fronteira tecnológica: o caso da prospecção e exploração de petróleo de aguas profundas, está baseada no traballo publicado na Revista Economic Analysis of Law Review, e titulado O Instituto da Responsabilidade e a Exploração de Petróleo em Águas Profundas. Pódese acceder ao mesmo no seguinte enlace: http://portalrevistas.ucb.br/index.php/EALR/article/viewArticle/1%20EALR%20301

A conferencia está dirixida aos estudantes do Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación pero tamén a todas as persoas interesadas, sen necesidade de confirmar asistencia.

miércoles, 17 de abril de 2013

Pedro Varela, mención de honra do Ministerio de Educación

O Ministerio de Educación concede a Mención de Honra da convocatoria dos Premios Nacionais de Fin de Carreira Universitaria (2009-2010) a Pedro Varela Vázquez, Licenciado en Economía pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e titulado no Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación.
A Mención de Honra constitúe un recoñecemento á súa traxectoria académica durante os seus estudos na USC. No ano 2010 concédeselle o Premio de Fin de Carreira desa Facultade e na actualidade é investigador no Departamento de Economía Aplicada, no que está realizando a súa tese de doutoramento, que aborda a temática das políticas públicas e o impacto económico do sector da enerxía eólica en Galicia. Como resultado da súa participación en actividades científicas, recentemente obtivo o Premio á Mellor Comunicación no I Encontro Mocidade Investigadora 2012.
Moitas felicidades Pedro!

domingo, 14 de abril de 2013

Actos do Patrón da Facultade

O pasado mércores tivo lugar o acto conmemorativo do Patrón da facultade, San Vicente Ferrer, festividade que se celebra o 5 de abril. A primeira intervención foi a de Jaime Barreiro Gil (Chuspe) que fixo unha lembranza do profesor Ceferino Díaz Díaz, recentemente falecido. A continuación, interviu o profesor Miguel Cancio, un dos que se xubilan no presente curso académico. De seguido, no acto se fixo entrega dos premios creados pola Facultade: por una banda, o premio Fulget 2012 ao Hostal dos Reis Católicos, e por outra banda, aos outorgados na II edición do concurso de pintura CreArte na Universidade 2013. O xurado, formado por Francisco Durán, Emilia Vázquez, Juan Monterroso, Cristina Carballedo e Xurxo Martiño, outorgaron o premio (único) a Javier Sande Iglesias, pola súa obra Paisaxe na boa. Ao tempo outorgouse unha mención especial a Yonatan Castro Cambre polo seu Collage.


Paixase na néboa. Premio CreArte 2013

Collage. Mención especial
Na categoría de premios académicos, foron entregados diplomas aos seguintes estudantes:
  • Premios extraordinarios de doutoramento 2009-2010: María Milagros Vivel Búa e José Lebrancón Nieto.
  • Premios fin de máster 2011-2012: Fernando Corbelle Cacabelos (M. Desenvolvemento Rexional e Integración Económica); Raúl Clemente del Pozo (M. Dirección de Empresas); Flavia Sá Barreto Cruz (M. Dirección e Planificación do Turismo); Óscar Rico Pereiro (M. Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros); Daniel Gesto Suárez (M. Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas); e Susana Fernández López (M. Desenvolvemento Rexional e Innovación).
  • Premios extraordinarios de licenciatura 2011-2012: EconomíaGemma Iglesias Breijo. D. Jorge Javier Lojo Santiago. ADE: Celestino Coello Espasandín e María Isabel Moscoso Ramos.
  • Premios á Calidade Lingüística dos Traballos Académicos 2011-2012: Na modalidade traballos académicos: 1º premio: deserto; 2º premio: Hugo Baltasar del Valle-Inclán Cruces co traballo Economía ta. Na modalidade traballos fin de grao: Inés Freire Lista co traballo Os efectos das privatizacións.
O acto foi pechado polo Vicerreitor de Estudantes e Cultura, Francisco Durán, que deu paso a Bieito Barreira, que interpretou, para rematar, unha fermosa peza musical á guitarra.