O mércores 17 de setembro ás 12.00h tivo lugar na aula B da nosa Facultade
a charla titulada “O Espazo Europeo de
Educación Superior dende a perspectiva do novo alumnado”. Laura Rego Agraso,
do departamento de Didáctica e Organización Escolar da USC foi a encargada da
mesma. A conferencia forma parte das accións de mellora de calidade dos Títulos
e estaba pensada sobre todo para os estudantes de primeiro curso das
titulacións de Economía e de ADE.
A charla arrancou cunha breve descrición sobre a orixe do Espazo Europeo de
Educación Superior, dos seus obxectivos e dos cambios que supuxo para as
titulacións a as Universidades. Especialmente interesante foi a explicación
sobre as competencias, os módulos formativos e as metodoloxías de ensino na
educación superior, facendo fincapé no estudo autónomo por parte dos
estudantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario