sábado, 31 de enero de 2015

A Facultade acolle en abril a VII edición das Olimpíadas de Economía

A Olimpíada de Economía é un concurso de carácter académico e educativo, cuxos obxectivos son incentivar e estimular o estudo da Economía entre os novos, premiar o esforzo e a excelencia académica, divulgar os estudos do ámbito da Economía, así como establecer vínculos estables entre as facultades, os centros de educación secundaria, os profesores de Economía do bacharelato e os alumnos interesados nesta materia, que serán os futuros estudantes nas nosas facultades.

O exame, dirixido a estudantes dos centros de ensinanza secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia matriculados no curso actual na materia Economía da Empresa  de segundo de bacharelato, celebrarase o xoves 9 de abril ás 16:00 horas. Consistirá nunha proba que terá unha duración de dúas horas e media, e constará de seis preguntas que versarán sobre o coñecemento e aplicación dos conceptos propios dos currículos da materia “Economía da Empresa”  de segundo de bacharelato e a materia “Economía” de primeiro curso.

A participación na proba é individual e realizarase previa inscrición na Facultade de  CC Económicas e Empresariais. A ficha de inscrición, e toda a información relativa á proba pode descargar na web da Facultade (aquí) e na páxina web da olimpíada galega de economía, www.olimpiadagalega.es.

viernes, 30 de enero de 2015

Nova edicion do Premio de Pintura CreArte da Facultade de CC.EE.

A Facultade ten aberta xa a 4ª edición do concurso de pintura CreArte, creado no 2011 para todos os membros da comunidade universitaria. Nesta edición o premio está aberto ao resto da sociedade. A data límite para presentarse é o 13 de marzo de 2015.
Toda a información e as bases poden atoparse na web do centro (pinchando aquí).


lunes, 19 de enero de 2015

Escenarios económicos: Brasil e España

Este é o título do seminario que terá lugar na Facultade o próximo xoves 22 de Xaneiro, no marco do X Congresso Mundial de Administraçao que organiza o Conselho Regional de Administraçao de Río Grande do Sul, cuxo vicepresidente Rogério de Moraes Bohn asinou un acordó de colaboración coa Decana Emilia Vázquez para poner en marcha ésta e outras iniciativas conxuntas.


Na mesa redonda participan os profesores da Facultade Mª Carmen Guisán, José Antonio Redondo e Luis Caramés, ademais do economista xefe do Banco Cooperativo de SICREDI de Brasil, Alexandre Englert Barbosa, quen abrirá o seminario falando da situación e das perspectivas de Brasil.