jueves, 19 de noviembre de 2015

O uso da información estatística nos medios de comunicación


A información estatística nos distintos tipos de soportes de divulgación obriga a que o emprego e combinación de distintos elementos textuais e visuais sexa o máis correcta posible. Nos últimos anos, a rede preséntase como vehículo e recurso para a transmisión da información estatística aínda que hai espazo para poder mellorar e facer atractiva a inclusión da mesma nos medios de comunicación.

Con este  obxectivo plantéase a charla que, baixo o título "Mentiras, malditas mentiras e estatísticas", terá lugar o próximo mércores 25 de novembro, ás 12:30 h, no Salón de Graos da facultade, e que impartirá o profesor Carlos Pío del Oro.

A entrada é libre para todos os estudantes da facultade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario