A V edición do certame de pintura CreArte, convocado pola Facultade e co plazo aberto ata o 4 de marzo, pretende potenciar e difundir a creación artística dos membros da comunidade universitaria e da sociedade en xeral.
O xurado, presidido pola decana do centro, estará composto por membros da USC e da comunidade artística da contorna. Das imaxes das obras presentadas deberán facer unha selección, que conformará unha exposición temporal na facultade que será inaugurada o día do patrón do centro.
Haberá un único premio, de 600 euros. Ademais, esa obra pasará a formar parte do patrimonio da Facultade e será exposta no ‘Espazo de Arte’ reservado para tal fin.
Para participar no concurso deberase presentar unha única obra inédita creada entre xaneiro de 2015 e febreiro de 2016, de temática e técnica libres e dunha dimensión non inferior a 50x50 centímetros nin superior a 120x120.
Bases do Premio na web da Facultade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario